Para anotarse nelas, na oficina de Deportes do AuditorioRibeira, 16 de setembro de 2011.- A Concellería de Deportes informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para tomar parte nas Escolas Deportivas 2010-2011. En total son once o número de actividades que se adscriben a este apartado, das cales dez van dirixidas aos nenos e nenas do municipio, en tanto que a acción restante diríxese ao colectivo da terceira idade. As inscricións teñen que realizarse na Oficina de Deportes sita no Auditorio Municipal, en horario de mañá de 09:00 a 13:30 h, teléfono 981 83 56 50. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro.As clases darán comenzo o luns 18 de outubro e rematarán a última semana de maio. As Escolas Deportivas teñen un calendario similar ao calendario escolar, polo que, se os rapaces teñen vacacións no colexio (Nadal, Semana Santa, etc...) tamén terán vacacións nas Escolas Deportivas. O prezo do curso completo de Escolas Deportivas para nenos é de 52,29 Euros, que deberán aboarse antes do 08 de outubro de 2010 no Nº de Conta 2091 - 0373 - 94 - 3110000045 (CAIXA GALICIA). Un rapaz considérase matriculado unha vez que despois de inscribirse, entregue o resguardo de pago e a ficha de inscrición no Auditorio Municipal, no prazo sinalado (Antes do 08 de Outubro). Quen non cumpra algún dos requisitos anteriores perderá a súa praza en beneficio de rapaces que estean na lista de espera, independentemente de que teña realizado o pago. A inscrición nas Escolas Deportivas non inclúe os traslados en autobús. Existe un número limitado de prazas en todos os grupos de adestramento, que se asignarán por estricta orde de inscrición
RELACIÓN DE ESCOLAS 2010-2011
ESCOLA DE NENOS/AS
ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS E ACROBÁTICAS (5 a 15 ANOS)
Horario Grupo1: Mércores de 19:00 a 20:00 h é Sábado de 11:00 a 12:00 h
Horario Grupo2: Mércores de 20:00 a 21:00 h é Sábado de 12:00 a 13:00 h
Lugar: Polideportivo Sta Uxía (Coroso)
Prazas: 50 ( Os Grupos serán realizados polo monitor en función do nivel e da idade dos inscritos).
ARTES MARCIAIS ( 5 a 14 ANOS)
Horario Grupo1: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Horario Grupo2: Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h
Lugar: Polideportivo de Artes
Prazas: 25 por turno (os grupos serán realizados polo monitor en función do nivel e da idade dos inscritos). ATLETISMO (6 a 15 ANOS)
Horario: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Lugar: Pista de Atletismo de A Fieiteira.
Prazas: 25
BALONCESTO
Grupo1: Mixto. 25 prazas. Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h ( de 6 a 10 anos).
Grupo2: Mixto. 20 prazas. Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h ( de 11 a 15 anos).
Grupo3: Femenino. 30 prazas. Martes e Xoves de 19:15 a 20:45 h ( de 10 a 13 anos)
Lugar: Polideportivo Sta Uxía (Coroso). ESCOLA MULTIDEPORTIVA
Grupo1: Mixto. 20 prazas. Luns e Mércores de 18:00 h. (Nados nos anos 06 e 07)
Grupo2: Mixto. 20 prazos. Luns e Mércores de 19:00 h a 20:00 h (Nados nos anos 04 e 05).
Lugar: Polideportivo de Artes. PATINAXE (5 a 15 ANOS)
Grupo1: Martes de 18:30 a 20:00 e Xoves de 18:30 a 19:30 h
Grupo2: Xoves de 19:30 a 20:30 e Venres de 18:30 a 19:30 h
Grupo3: Xoves de 20:30 a 21:30 e Venres de 19:30 a 21:00 h
Grupo4: Venres 21:00 a 23:30 h
Lugar: Polideportivo de Sirves.
Prazas: 25 prazas de nova incorporación no Grupo 1 (os grupos serán realizados pola monitora en función do nivel e da idade dos inscritos). TENIS
Grupo1: Martes e Xoves de 18:30 a 19:30 h
Grupo2: Martes e Xoves de 19:30 a 20:30 h
Grupo3: Martes e Xoves de 20:30 a 21:30 h
Lugar: Polideportivo de Artes.
Prazas: 15 por turno.XIMNASIA RÍTMICA (5 a 15)
Horario Grupo 1: Martes e Xoves de 19:00 a 20:30 h
Horario Grupo 2: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Horario Grupo 3: Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h
Lugar: Polideportivo de Sirves
Prazas: 25 prazas de nova incorporación no Grupo 1 (os grupos serán realizados pola monitora en función do nivel e da idade de inscritos). AEROBIC / STEP / GAP (a partir de 16 ANOS)
Horario Grupo 1: Luns, Mércores e Venres de 21:15 a 22:15 h
Horario Grupo 2: Martes, Xoves e Venres de 21:15 a 22:15 h
Lugar: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso)
Prazas: 20 prazas por turno
Prezo: 14,94 € / mes ESCOLA DE VELA ( Iniciación a vela lixeira)
Idade: de 7 a 15 anos
Horario 1: Sábado de 10:00 a 14:00 h
Horario 2: Domingo de 10:00 a 14:00 h
Lugar: Club Náutico de Riveira
Prazas: 20 prazas por turno
Prezo: 20 € / mes
Inscricións e Información: No Club Naútico de Riveira, Telf: 648 18 71 73 ou na web www.nauticoriveira.com
Nota: A Escola celebrase durante os meses de outubrom, novembro e de febreiro a xuño.
3º IDADE
XIMNASIA 3º IDADE
Horario Riveira1: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso). 30 prazas.
Horario Riveira2: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso). 30 prazas.
Grupo de Corrubedo: Colexio de Corrubedo. 20 prazas.
Grupo de Palmeira: Casa do Mar de Palmeira. 30 prazas.
Grupo de Artes: Polideportivo de Artes. 30 prazas.
Prezo: Gratuíto
Novas actividades e servizos na Fieiteira dende 2011
Por outra parte, con motivo da remodelación do Polideportivo da Fieiteira, a partir de xaneiro vanse ofertas novas actividades e servizos, entre as que destacan: cursos de natación de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos, aquagim, aguaerobic, aquastep, spinning, zona SPA, e ximnasio de musculación e cardio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario