Noia, 17 de setembro de 2010. A organización da Semana Internacional de Cine de Valladolid, máis coñecida como a Seminci, o festival máis lonxevo de España, xa confirmou na súa programación a presenza da película "Retornos", do director noiés Luís Avilés Baquero, que xa a presentou no prestixioso Festival de Montreal, en Canadá. A película, rodada en parte en Noia (nas inmediacións de Pontenafonso graváronse esceas centrais da mesma) está producida por Vaca Films, a mesma produtora que apostou pola multipremiada e agora na carreira dos Óscar de Hollywood, Cela 211. Vaise estrear nos cinemas de toda España o 29 de outubro, xusto un dos días nos que se desenvolve a Seminci, que vai este ano do 23 ao 30 de outubro.
Cóntase a historia de Álvaro, a quen encarna Xabier Estévez, un exiliado do seu pobo natal e cun pasado cheo de erros. Volta á casa, logo de dez anos fóra, para soterrar ao seu recén finado pai, Polo medio, tramas de prostitución en clubs galegos. Xa hai críticos que a consideran unha especie de Twin Peaks á galega, pero nun só episodio. Relacionada:
Argumento

Noia: a primeira longametraxe de Luís Avilés Baquero, "Retornos", seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Montreal. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario