30.3.10

Prazo de inscrición para ir A Coruña e Betanzos

O Departamento de Servizo Sociais de Riveira informa de que hoxe luns, día 29 de marzo, iníciase o prazo de inscrición para participar na segunda das Saídas Culturais para Maiores que organiza a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, e que terá a zona de A Coruña e Betanzos como puntos de destino. 

Esta excursión desenvolverase o día 16 de abril. O itinerario da ruta comezará na estación de autobuses de Riveira ás 8 horas coa recollida dos participantes e o seu traslado á Coruña. Os primeiros dous puntos da cidade herculina que serán visitados serán o Aquarium Finisterrae (10 horas) e o Domus (11.30). Acto seguido percorrerase o Monte de San Pedro e pasearase pola zona histórica e a praza de María Pita, sede da Casa Consistorial. 

Ás 14 horas terá lugar a comida e pola tarde a expedición tomará camiño a Betanzos previo paso polas localidades de Santa Cruz, Mera e Sada. Unha vez chegada á localidade betanceira percorrerase a súa zona histórica. 

O prezo por participar é de 20 euros por persoa. Os maiores interesados en tomar parte nesta excursión, a primeira das seis que integran as Saídas Culturais 2010, deben presentar as súas solicitudes no Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409). 

O prazo de inscrición remata o día 13 de abril.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Riveira: Campamento Urbán da Semana Santa

Luns 29 de marzo. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón polideportivo de Coroso.

10.30 h. Xogos de presentación e coñecemento no polideportivo.

11.30 h. Actividade física no medio natural e xogos predeportivos na Praia de Coroso. (Esta actividade houbo que trasladala para o pavillón de Coroso polas condicións climatolóxicas).

13.30 h. Comida no Pavillón de Coroso.

14.30 h. Obradoiros no pavillón de Coroso para preparar a festa do último día, que versará sobre o mundo dos INDIOS. Os obradoiros a levar a cabo son:

  • Elaboración de disfraces.
  • Elaboración de colares.
  • Construcción de hachas con material de refugallo.
  • Construcción de tipis (vivendas habituais dos indios).
  • Construcción dun Toten.
  • Preparación dos distintos xogos e a ambientación a desenvolver o último día.
  • Preparación de cancións e coreografías para o último día.

16.30 h. Gran Xogo. “Misión Imposible”

Tiñamos previsto facer un gran xogo polas rúas de Riveira, pero foi imposible debido ao mal tempo. Ao final fixemos “Misión Imposible” no pavillón de Coroso.

18.00 h. Acaban as actividades do día en Coroso e chegan os papás e mamás. 

Martes 30 de marzo. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón polideportivo de Coroso.

10.30 h. GRAN XOGO POLA NATUREZA. “Rastrexo Indio” Os nenos e nenas participantes terán que ir seguindo as pistas deixadas polo grande xefe “Touro Sentado”. As pistas estarán pintadas e haberá algunhas mensaxes escondidas que terán unhas coordinadas que os participantes terán que superar con axuda dunha brúxula. Os nenos e nenas irán sempre acompañados por monitores.

As zonas que recorrerán son:

Praia de Coroso, Avda da Paz, Pedra das Cabras, Muíños de auga rematando no Muíño de Colondro, Carballa, Deán Grande, Colexio de Deán Grande e Paseo Marítimo de Coroso.

13.00 h. Comida no Merendeiro de Coroso.

14.00 h. Continuación dos obradoiros do día anterior.

16.00 h. GRAN XOGO POLA CIDADE. “Captura ao gran xefe Indio”

Neste xogo polas rúas, prazas e parques de Riveira os nenos e nenas participantes aprenderán a nosa cultura, o nome dos monumentos que temos, lendas e historias, sobre embarcacións tradicionais, as antigas salazóns, sobre os pazos,...

18.00 h. Acaban as actividades do día na praza do concello e chegan os papás e mamás. 
 

Mércores 31 de marzo. DÍA INDIO. 

10.00 h. Recepción dos participantes no pavillón de Coroso.

10.30 h. Rota de sendeirismo ata o centro de Riveira (Praza do Concello).

11.00 h. GRAN XOGO POLA CIDADE. “Búfalo Sagrado”. Os nenos e nenas participantes terán que ir por distintas rúas e prazas do concello (guiados por un mapa), sempre acompañados por monitores, e interactuando cos viandantes ir superando distintas probas para atopar todas as pistas que necesitan para conseguir rematar o gran xogo.

Fomentarase positivamente a educación viaria e o respecto cara ás persoas alleas ao xogo.

13.00 h. Comida na Praza do Rueiro (encima do parking).

14.00 h. Montaxe na Praza do Concello do campamento Indio.

16.00 h. CERIMONIA INDIA.

Nesta cerimonia recrearemos o paso de neno/a indio/a a adulto/a. Toda a Cerimonia será guiada polo Grande Xefe da Tribu.

Aqueles que o consigan pasarán a pertencer ao Consello de Tribu. Para ilo terán que superar as probas que lle fagan os grandes espíritos da Guerra, do Sol, da Lúa, da Terra,... e así gañar as plumas e as hachas que os converterán en adultos e pasarán a formar parte do Consello de Tribu.

Para rematar cantarán todos xuntos a canción india Arinuki.

18.00 h. Acaban as actividades do día na praza do concello e chegan os papás e mamás. 
 
 

Nota: En caso de choiva toda a programación sufrirá variacións e estaremos no pavillón polideportivo de Coroso.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

PSdeG (Lage Tuñas) TDT gastos mantemento concellos arousa norte-noia-muros

 
 

José Manuel Lage reclama que “nin os concellos do Barbanza nin os cidadáns asuman ningún custe para acadar a extensión da cobertura”

-O deputado do PSdeG propón a cobertura vía satélite nas “zonas de sombra de Arousa Norte, Noia e Muros”, estimadas no 2 por cento do territorio autonómico

-Lage Tuñas dixo hoxe que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable e imos a ser exixentes coa Xunta de Galicia no cumprimento dos acordos acadados co Ministerio de Industria”

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou unha Proposición non de Lei en Comisión na que reclama á Xunta que asuma os custes do mantemento e equipamento para o desenvolvemento da TDT nos concellos de Arousa Norte, Noia e Muros.

Lage Tuñas reclama que “nin as corporacións locais nin os cidadáns teñan que asumir ningún custe para acadar a extensión da cobertura”.

O parlamentario socialista reclama o cumprimento do convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Goberno central en decembro de 2008, polo que o goberno autonómico recibiu “unha importante partida económica do Ministerio de Industria para asumir os gastos de mantemento dos equipos de TDT que está instalando nos concellos”.

Deste xeito debe financiar “todas cantas actuacións sexan necesarias para o desenvolvemento do Plan de Transición” como recordaban hoxe dende o PSdeG.

Lage Tuñas puntualiza que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable” e amosouse “sorprendido” pola “intencionalidade da Xunta de Galicia de implicar aos concellos no financiamento de determinadas operacións de desenvolvemento do Plan, especialmente o que atinxe ao mantemento futuro dos equipos e gastos de operación”.

O deputado do PSdeG lembra que os concellos “terían que asumir novos custes sen dispoñer de recursos suficientes”.

Sinal satélite

O parlamentario socialista reclama ao executivo autonómico que garanta a chegada do sinal da TDT a todo o territorio autonómico antes do 1 de abril de 2010, por canto o 3 de abril é a data límite para o definitivo apagón analóxico.

Deste xeito, Lage Tuñas propón que a Xunta recorra ao satélite para facer posible que tamén as chamadas “zonas de sombra” existentes en Arousa Norte, Noia e Muros, poidan recibir o sinal de TDT correctamente.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera que a administración autonómica “ten que facer un esforzo para acadar o obxectivo da cobertura universal” tamén nestas zonas que ficarán sen sinal de televisión e que estímanse nun 2 por cento do territorio da Comunidade Autónoma.



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

REMATE DO CURSO DE PIANO, MÚSICA DE CÁMARA E COMPOSICIÓN

IMPARTIDO POLO MESTRE CUBANO ANDRÉS ALÉN NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA  

O Conservatorio Profesional de Riveira está dando cabida dende o día de onte ao Primeiro Curso de Piano, Música de Cámara e Composición a cargo do reputado mestre cubano Andrés Alén. 

Neste curso están participando máis de 20 alumnos activos e outros tantos oíntes, procedentes de diversos Conservatorios de Música de Galicia. 

A última xornada do curso desenvolverase mañá entre as 10 e as 14 horas, e a continuación terá lugar a clausura. 

O curso vai dirixido a docentes do Corpo de Música e Artes Escénicas e a alumnos de Grao Elemental, Profesional, Superior e Posgrao. 

Grammy Latino

Como pianista concertista, Andrés Alén ten ofrecido recitais nas principais salas de concerto de Cuba, Polonia, Rusia, Alemaña, Checoslovaquia, Arxentina, Bolivia e España. Actuou como solista coas orquestras sinfónicas de Cuba. Foi nominado ao Premio Grammy Latino 2001 polo seu ced “Andrés Alén Pianoforte”. Na actualidade é profesor da Escola de Música Creativa de Madrid. 

Máis información en www.myspace.com/andresalen 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Selección Infantil de Futbol de Riveira en Portugal

DISPUTARÁN UN TROFEO INTERNACIONAL DURANTE ESTA SEMANA SANTA


A Selección Infantil de Fútbol de Riveira participará esta Semana Santa no XII Trofeo Internacional de Futebol Sub 14 “Gaiajovem 2010”, que se desenvolverá na localidade portuguesa de Vilanova de Gaia os días 2 e 3 de abril.

Con tal motivo, o equipo riveirense partirá da cidade barbanzana pasado mañá, xoves 1 de abril (ás 13 horas dende a Estación de Autobuses) rumbo á cidade lusa, co fin de facer un “digno papel” nesta competición internacional na que xogan por primeira vez.

Segundo desvelou o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, o equipo estará adestrado por Miguel Iglesias Romero (do Club Xuventude de Aguiño) e José Manuel Mostera Rey (do Club Atlético Oleiros).

Formarán parte da expedición os seguintes 18 xogadores: por parte do Carreira CF, Juan José Cadabal Gago; por parte do Atlético Riveira, Aitor Castro Vidal, Alejandro Regueira Sampedro e Óscar Rioboo Cacabelos; do Atlético Oleiros xogarán Jorgue Romay Santamaría, Juan Bautista Santos Sampedro e Daniel Carnota García; polo Xuventude Aguiño, Juanma Baamonde Villar, Marcos Tobío Parada, Gustavo Gude Arnoso, Gonzalo Vilas González, Alberto Fernández Costids, Santiago Moledo Santana, Manuel Ángel Sampedro Romano, Xulio Vázquez Andrade e Adrián Carnota Patiño. Por último, representando ao Sálvora CF figuran Ignacio Abelleira Paz e Juan José Vidal Pérez.

A selección de Riveira está encadrada na serie A do torneo, na que tamén figuran a selección local de Gaia (coa que se estreará xogando o día 2 de abril ás 10.30 horas), a selección Peso da Régua (11.30 horas), e o PCF Ourense (17.30 horas).

Na serie B están incluídas as seleccións de Albufeira e de Matosinhos, a escola de Santander e o equipo de Vilagarcía de Arousa.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Concerto de Trompa

2º dos concertos do Ciclo "Música de Cámara 2010" - Concerto de Clausura do I Curso de Trompa que terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo ás 21:00, no Auditorio de Rianxo, e que organiza a Escola de Música de Rianxo.

José Manuel González Diego, trompa da Orquestra Sinfónica de Castilla e León, foi o encargado de impartir o curso a 16 alumnos/as dende o 29 ao 31 de marzo.

Rafael Varela
Presidente da Escola de Música de Rianxo



Download now or preview on posterous
TROMPA2010.pdf (624 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical