DISPUTARÁN UN TROFEO INTERNACIONAL DURANTE ESTA SEMANA SANTA
A Selección Infantil de Fútbol de Riveira participará esta Semana Santa no XII Trofeo Internacional de Futebol Sub 14 “Gaiajovem 2010”, que se desenvolverá na localidade portuguesa de Vilanova de Gaia os días 2 e 3 de abril.
Con tal motivo, o equipo riveirense partirá da cidade barbanzana pasado mañá, xoves 1 de abril (ás 13 horas dende a Estación de Autobuses) rumbo á cidade lusa, co fin de facer un “digno papel” nesta competición internacional na que xogan por primeira vez.
Segundo desvelou o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, o equipo estará adestrado por Miguel Iglesias Romero (do Club Xuventude de Aguiño) e José Manuel Mostera Rey (do Club Atlético Oleiros).
Formarán parte da expedición os seguintes 18 xogadores: por parte do Carreira CF, Juan José Cadabal Gago; por parte do Atlético Riveira, Aitor Castro Vidal, Alejandro Regueira Sampedro e Óscar Rioboo Cacabelos; do Atlético Oleiros xogarán Jorgue Romay Santamaría, Juan Bautista Santos Sampedro e Daniel Carnota García; polo Xuventude Aguiño, Juanma Baamonde Villar, Marcos Tobío Parada, Gustavo Gude Arnoso, Gonzalo Vilas González, Alberto Fernández Costids, Santiago Moledo Santana, Manuel Ángel Sampedro Romano, Xulio Vázquez Andrade e Adrián Carnota Patiño. Por último, representando ao Sálvora CF figuran Ignacio Abelleira Paz e Juan José Vidal Pérez.
A selección de Riveira está encadrada na serie A do torneo, na que tamén figuran a selección local de Gaia (coa que se estreará xogando o día 2 de abril ás 10.30 horas), a selección Peso da Régua (11.30 horas), e o PCF Ourense (17.30 horas).
Na serie B están incluídas as seleccións de Albufeira e de Matosinhos, a escola de Santander e o equipo de Vilagarcía de Arousa.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario