IMPARTIDO POLO MESTRE CUBANO ANDRÉS ALÉN NO CONSERVATORIO DE RIVEIRA
O Conservatorio Profesional de Riveira está dando cabida dende o día de onte ao Primeiro Curso de Piano, Música de Cámara e Composición a cargo do reputado mestre cubano Andrés Alén.
Neste curso están participando máis de 20 alumnos activos e outros tantos oíntes, procedentes de diversos Conservatorios de Música de Galicia.
A última xornada do curso desenvolverase mañá entre as 10 e as 14 horas, e a continuación terá lugar a clausura.
O curso vai dirixido a docentes do Corpo de Música e Artes Escénicas e a alumnos de Grao Elemental, Profesional, Superior e Posgrao.
Grammy Latino
Como pianista concertista, Andrés Alén ten ofrecido recitais nas principais salas de concerto de Cuba, Polonia, Rusia, Alemaña, Checoslovaquia, Arxentina, Bolivia e España. Actuou como solista coas orquestras sinfónicas de Cuba. Foi nominado ao Premio Grammy Latino 2001 polo seu ced “Andrés Alén Pianoforte”. Na actualidade é profesor da Escola de Música Creativa de Madrid.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario