10.8.12

A Pobra: prosegue a precampaña, agora inaugurando arranxos en paseos marítimos

Pobra_areal

  • A delegada territorial da Xunta e o alcalde da Pobra do Caramiñal inauguran o renovado paseo do Areal

  • Os traballos consistiron na mellora do alumeado, o pintado da estrada e o acondicionamento das zonas axardinadas por 40.000 euros

  • A Pobra é un dos concellos de Barbanza máis endebedados e tivo que ir a axuste. Segundo o Ministerio de Economía e Facenda, debía a 31 de decembro de 2011 2.589.000 euros, o que supón o 34% do orzamento municipal, que ascendía a 7.599.900 euros o ano pasado. Ademais agóchalle as contas á oposición

A Pobra, 10 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, realizou hoxe unha visita de precampaña electoral ao concello da Pobra do Caramiñal, onde acompañada polo alcalde do PP, Isaac Maceiras, inaugurou o remozado paseo do Areal. Nos últimos meses leváronse a cabo traballos de acondicionamento e remodelación deste espazo, co fin de mellorar a súa imaxe e adaptalo ás necesidades dos seus usuarios.

A actuación, que contou cun investimento de máis de 40.000 euros, realizouse a través da colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación provincial e o propio Concello. O proxecto contou con tres niveis da actuación. En primeiro lugar, pintáronse de cor azul todos os bancos e papeleiras e renovouse o alumeado para mellorar a imaxe daqueles farois máis deteriorados e incorporar luces de baixo consumo.

Ademais, procedeuse ao pintado da estrada que discorre ao longo do paseo, o que sen dúbida repercutirá nun incremento da seguridade viaria. Por último, acondicionáronse todas as zonas axardinadas, a través da poda das palmeiras, o arranxo do céspede e a plantación de novas especies ornamentais.

Con esta actuación, indicou Do Campo, “engádeselle máis valor ao que de por si xa tiña o paseo do Areal, unha das zonas máis transitadas tanto polos pobrenses como polos que nos visitan grazas á súa privilexiada situación ao borde da praia do mesmo nome”. A delegada territorial tamén destacou a cooperación mantida entre as diferentes administracións para sacar adiante o proxecto e, neste senso, mostrouse disposta a seguir estreitando a colaboración institucional “co obxectivo de seguir mellorando os servizos que se ofrecen aos cidadáns e a resposta ás súas necesidades”. Para iso, a delegada territorial reiteroulle ao concello “todo o diálogo e apoio para buscar de xeito coordinado solucións ás demandas dos veciños”.

Onte, en Boiro:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza constitúese este luns 13

Reunión da Constitución.pdf Download this file


Casa do Mar de Ribeira

Ribeira, 10 de agosto de 2012. O que desexe pode asistir á constitución da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza que terá lugar o vindeiro luns 13 de agosto ás 19:00 na biblioteca da casa do mar de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng comeza unha campaña a prol do comercio e hostalería local ante os recortes de Rajoy

Noia, 10 de agosto de 2012. Na última hora da tarde do xoves, 9 de agosto, membros do grupo municipal e militantes do BNG percorreron as rúas da vila facendo un reparto de material informativo sobre a campaña de apoio ao comercio e hostalería local e contra das últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy.

 

A campaña consiste na entrega ao comercio e hostalaría dunha carta do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, onde se explican as consecuencias que se van derivar da entrada en vigor dos últimos acordos  aprobados polo Goberno central, así como as distintas iniciativas que a nivel institucional están os nacionalistas a poñer en marcha (presentación dunha proposición non de lei, a fin de que o Parlamento Galego, inste á Xunta de Galicia a formalizar o correspondente recurso de inconstitucionalidade por invasión de competencias en materia de comercio interior por parte do Goberno do Estado ao promulgar os reais decretos-lei 19/2012 e 20/2012).

 

Lembran dende o Bng que os reais decretos-lei conteñen medidas, como a liberación do horario durante os días laborais co seu incremento, ou a eliminación do período determinado para as rebaixas, todo conducente a introducir, "aínda máis, o caos no sector e beneficiar de xeito directo ás grandes corporacións comerciais".


Necesidade de mercar en Noia

 

A campaña -tamén con marcado carácter preelectoral- comprende asemade o reparto dun cartaz onde se pide á cidadanía que merque en Noia, consumindo no comercio local, así como nos bares e restaurantes do municipio; chamando ao consumo de produtos do país convencidos de que en BLOQUE, podemos saír da críse. A campaña continuará esta fin de semana.






Antes, en Certo:


San Bartolomeu 2012: do xoves 23 ao domingo 26 de agosto


Fotografía: "De Sanxenxo ao Sáhara", no claustro en agosto



Cartaz_noia_1

Carta comerciantes Portavoz Nacional 310712(1).pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ximcana de inglés polas rúas dentro do Verán Cultural

 

 

Ribeira, 10 de agosto de 2012. – Unha quincena de establecementos situados nas rúas peonís de Ribeira foron escenario esta mañá dunha exótica Ximcana de Inglés na que participaron 30 nenos e nenas con idades de 8 a 12 que están a asistir a este obradoiro inserido no Verán Cultural.

 

A actividade, titulada "The Present Of My Granny" (Os Agasallos Da Miña Avoiña), consistiu en que os rapaces foron por unha serie de establecementos comerciais nos que, co obxecto de aprender o idioma, tiveron que recoller distintos encargos da súa avoa dirixíndose aos empregados en inglés: lingua en que tamén estes tamén se dirixen aos pequenos, axudados por unhas tarxetas coas conversas que antes lle facilitaron as monitoras do obradoiro, que ademais acompañarán aos nenos.


Pode que tamén lle interese:







 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: alcalde e primeiro tenente alcalde destinarán a súa paga extra de Nadal a financiar programas sociais

  • Trátase dunha renuncia voluntaria, xa que non están obrigados pola lei do Goberno central
  • Aproveitan, tanto Adolfo Muíños como Carlos Gey, para amosar o seu "rexeitamento profundo a este inxusto ataque aos salarios do persoal funcionario e laboral, porque causará moitos prexuízos ao comercio local"


Rianxo, 10 de agosto de 2012. O equipo de goberno de Rianxo, nun comunicado que fixo oficial hoxe,  decidiu ser solidario co conxunto do persoal municipal afectado polas medidas de Rajoy de supresión das pagas extras e vai aplicar a redución correspondente no mes de Nadal.

"Ao respecto comunicamos que, ao non estar dispostos a que esta rebaixa no salario vaia caer nas mans dos bancos causantes da crise nin sirva para maquillar as cifras do déficit do Estado, Alcalde e Primeiro Tenente de Alcalde destinarán a súa paga extra íntegra a financiar directamente programas sociais do Concello de Rianxo en atención de familias ou colectivos desfavorecidos", sinalan.


Renuncia voluntaria por solidaridade

Matizan, ademais, "que esta é unha renuncia voluntaria, á que non estamos obrigados pola lei do PP que afecta ao conxunto dos traballadores, mais queremos ser solidarios con eles desta minoración salarial así como cuestionar as rebaixas ás coidadoras e coidadores dos dependentes, aos desempregados aos que lle queren retirar os catrocentos euros, ás prestacións sanitarias ou as medidas involucionistas das reformas laborais que desprotexen máis aos traballadores deste país", apuntan dende o equipo de goberno rianxeiro composto por Bng e Psoe.

Rexeitamento profundo a este inxusto ataque

"Non obstante manifestamos tamén o rexeitamento profundo a este inxusto ataque aos salarios do persoal funcionario e laboral, porque causará moitos prexuízos ao comercio local.  A crise inducida pola banca, os mercados e a burbulla inmobiliaria vaina pagar a clase traballadora que non foi a culpábel dela. O rescate europeo á banca sae do lombo dos traballadores, desempregados e pensionistas deste país, mentres os culpábeis seguen sen castigo, amparados por paraísos fiscais ou con retiros millonarios. Con estas e outras medidas tomadas desde o goberno de Rajoy en Madrid e o de Feijoo en Galicia, o Partido Popular, incapaz de impulsar a creación de emprego, parece que ten como único obxectivo o desprestixio dos traballadores públicos logrando coa súa incapacidade que máis de 400.000 galegos xa estean por debaixo do umbral da pobreza", finalizan.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical