Noia, 10 de agosto de 2012. Na última hora da tarde do xoves, 9 de agosto, membros do grupo municipal e militantes do BNG percorreron as rúas da vila facendo un reparto de material informativo sobre a campaña de apoio ao comercio e hostalería local e contra das últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy.
A campaña consiste na entrega ao comercio e hostalaría dunha carta do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, onde se explican as consecuencias que se van derivar da entrada en vigor dos últimos acordos aprobados polo Goberno central, así como as distintas iniciativas que a nivel institucional están os nacionalistas a poñer en marcha (presentación dunha proposición non de lei, a fin de que o Parlamento Galego, inste á Xunta de Galicia a formalizar o correspondente recurso de inconstitucionalidade por invasión de competencias en materia de comercio interior por parte do Goberno do Estado ao promulgar os reais decretos-lei 19/2012 e 20/2012).
Lembran dende o Bng que os reais decretos-lei conteñen medidas, como a liberación do horario durante os días laborais co seu incremento, ou a eliminación do período determinado para as rebaixas, todo conducente a introducir, "aínda máis, o caos no sector e beneficiar de xeito directo ás grandes corporacións comerciais".
Necesidade de mercar en Noia
A campaña -tamén con marcado carácter preelectoral- comprende asemade o reparto dun cartaz onde se pide á cidadanía que merque en Noia, consumindo no comercio local, así como nos bares e restaurantes do municipio; chamando ao consumo de produtos do país convencidos de que en BLOQUE, podemos saír da críse. A campaña continuará esta fin de semana.
Esto también es robar. Pero ningún Gobierno se atreve a hacer nada twitter.com/rubensancheztw… Noia: Precisas emprego? Convocatoria de prazas do Concello para unha obra.wp.me/p1KBCH-fk vía Una imagen vale más que 1000 palabras. Dar a RT para que TODO EL MUNDO la pueda ver. twitter.com/Multi_Deporte/…
@novasdenoia
modo @masaenfurecida LO DEL CALOR EN EL TELEDIARIO ES UNA CORTINA DE HUMO PARA DEMOSTRAR QUE RAJOY SUFRE CON SU TUPPER EN SANXENXO #somoaano
Antes, en Certo:
San Bartolomeu 2012: do xoves 23 ao domingo 26 de agosto
Fotografía: "De Sanxenxo ao Sáhara", no claustro en agosto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario