28.1.13

Dodro: cursos de arte floral e relacionados co coidado de persoas dependentes, en febreiro

Dodro, 28 de xaneiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Dodro organiza varios cursos gratuitos que darán comezo o próximo mes de febreiro.

  1. Curso de Arte Floral destinado ás persoas maiores de 55 anos do concello. As datas de realización serán os martes do 19 de febreiro ao 12 de marzo ambos incluidos, de 19h a 21h no local municipal do Centro de Día.

As prazas son limitadas por rigurosa orde de inscrición que deberá realizarse do 4 ao 15 de febreiro no departamento de servizos sociais municipal.

Por outra banda, para axudar na formación e búsqueda de emprego dos veciños/as do concello, esta concellería organiza dous cursos formativos subvencionados pola Deputación de A Coruña, dirixido a coidadores/as de persoas dependentes e válidos para a obtención do certificado de profesionalidade:

  1. Interrelación e comunicación coa persoa dependente e o seu entorno, cunha duración de 40 horas, do 16 de febreiro ao 7 de marzo.
  2. Apoio nas xestións cotiás das persoas dependentes, cunha duración de 40 horas do 8 ao 27 de marzo.

Ambos cursos impartiránse nas aulas da Paxareira de luns a venres de 20,30h a 22,30h e os sábados de 9h a 13h. As prazas son limitadas e teñen preferencia os/as coidadores/as de persoas dependentes do Concello de Dodro. Poden realizarse as inscricións do 4 ao 15 de febreiro no departamento de Servizos Sociais.

cartel cursos dependencia 2013.pdf Download this file

cartel ARTE FLORAL.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: funcionan xa os contedores soterrados da praza do Mercado en Palmeira

  • A inversión ascendeu a 54.000 euros para os seis contedores


Ribeira, 28 de xaneiro de 2013.- O Concello informa da entrada en funcionamento dos seis contedores soterrados dispostos na praza do mercado municipal de Palmeira    -no corazón comercial da parroquia- tras a realización dunha actuación que supuxo un investimento de 53.979,15 euros.

Os colectores prestarán servizo tanto aos vendedores e usuarios da instalación municipal como aos veciños da rúa da Canle e os seus arredores. Os contedores de superficie existentes no entorno serán retirados.

Na esplanada dispuxéronse dous contedores para residuos orgánicos, outros dous para plásticos, bricks e latas; un para vidro e outro para papel e cartón. A empresa Lisardo Inversiones, S.L., foi a encargada de executar a instalación.

A edil de Palmeira Maricarmen Vizcaya e os concelleiros de Consumo e Benestar Comunitario, Vicente Mariño e Antonio Freire, acudiron esta mañá ao mercado para supervisar que todo funcionase correctamente.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Concello súmase aos municipios que recollen aceite usado para reciclalo

Sinatura_aceites_6

  • Xa está asinado o convenio de recollida coa empresa "Compostela Inserta Empresa de Inserción Laboral", promovida pola asociación Plataforma polo Emprego
  • Ata agora só se recollía aceite doméstico usado no punto limpo
  • O acordo realízase para dar cumprimento ás obrigas de tratamento de residuos segundo o establecido na Ley 22/2011 de 28 de julio de residuos y suelos contaminados e o recollido na Directiva 2008/98/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, así como na Lei 10/2008 de residuos de Galicia.

Media_httpfarm3static_acnpe

Rianxo, 28 de xaneiro de 2013. O Concello de Rianxo, segundo explica hoxe en nota de prensa, quere ampliar os obxectivos da campaña de recollida selectiva a todo tipo de residuos, incluídos os aceites vexetais usados, de todo o termo municipal do concello para a súa posterior reciclaxe, evitando desta forma que estes residuos sexan vertidos xunto co resto das augas domésticas, co conseguinte aumento da contaminación das augas. Na actualidade só se está a recoller o aceite doméstico no punto limpo polo que se pretende dar todas as facilidades á veciñanza para colaborar na eliminación de aceite.

Campaña de sensibilización

O Concello de Rianxo comezará a dar forma a este convenio cunha campaña instalando en centros socioculturais, escolas e colexios uns recipientes de recollida, onde a veciñanza poida depositar os restos das súas frixiduras domésticas. Cando o recipiente estea completo a empresa encargarase inmediatamente de recollelo e susbstituílo. Nos vindeiros días editarase un bando cos lugares sinalados e a súa posta en servizo co obxecto de concienciar a veciños/as, que o servizo que pretendemos realizar vai en beneficio da saúde de toda a veciñanza do municipio e da súa propia.

Nun segundo momento redactará e asinará unha carta de presentación dirixida aos establecementos de restauración, e realizará unha campaña que expresará o interese por parte desa Corporación na recollida deste tipo de aceites por parte de Compostela Inserta Empresa de Inserción Laboral, S.L., co fin de mellorar as condicións medioambientais co reciclado deste tipo de residuos.

Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Stop Desafiuzamentos" constata un aumento do drama das execucións hipotecarias neste municipio

Ribeira, 28 de xaneiro de 2013. Segundo fixo saber onte nun comunicado a plataforma "Stop Desafiuzamentos" da Barbanza, o drama das execucións hipotecarias continúa. Desta volta cébase en varias familias das parroquias de Ribeira, que pediron axuda legal a esta plataforma para poder facer fronte a posibles desafiuzamentos e perdas da vivenda habitual.


  COMUNICADO PÚBLICO DE "STOP DESAHUCIOS"

 
  Esta pasada semana se ha incrementado el trabajo de los miembros de la Plataforma de "Stop Desahucios" del Barbanza. Concretamente con la aparición de varias familias afectadas por deudas y ejecuciones hipotecarias en varias parroquias del municipio de Riveira. Uno  de estos casos es una familia rseidente en el casco urbano de Riveira, por una ejecución hipotecaria, que ya se ha solicitado su el plazamiento del desahucio y la moratoria por estar incluída, la familia, y cumplir con los requisitos de las medidas urgentes para reforzar la protección a los deudores hipotecarios, del Real Decreto Ley 27/2012. La otra familia afectada, es residente también en el caso urbano de la capital del Barbanza, y su caso es por un desahucio por un impago de la renta de alquiler de su vivienda habitual y se ha conseguido suspender la vista oral, por la falta de comunicación expresa del derecho a la justicia gratuita. 
 
 Por otra parte en el caso de las otras familias, son de las parroquias de Carreira, Olveira y Corrubedo y todas ellas están en situación de adeudos de cuotas y pendientes de que se interpongan las correspondientes ejecuciones hipotecarias, por eso ya se están negociando con las entidades financieras de Caja España, Novagalicia Banco y el Banco de Santander las moratoiras correspondientes así como la novación de algunas de esas hipotecas, evitando así los posibles desahucios.
 
 El portavoz de la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza, José Manuel Pena, agradece la colaboración de varios despachos profesionales de abogados de la Comarca del Barbanza que se han brindado a colaborar y formar parte de la Plataforma, asesorando y defendiendo, en caso necesario, a todas estas familias afectadas por ejecuciones hipotecarias. 
 
  Por otra parte esta próxima semana, varios miembros de la Plataforma  "Stop Desahucios", mantendrán un encuentro con el Concejal de Servicios Sociales del Ayuntamiento de Ribeira para tratar de que el concello de Ribeira colabore, de una manera más efectiva, con todas estas familias que ya no solo viven problemas con sus viviendas sino que carecen de trabajo y de lo más esencial para poder vivir con un mínimo de dignidad.

VIVIENDA OCUPADA POR HUÉRFANAS

 
  Asimismo este pasado viernes, miembros de la Plataforma, recibieron una llamada de teléfono de dos niñas huérfanas de la localidad de Narón, que estaban sin trabajo y no tenían posibles para pagar el alquiler de la vivienda y optaron por ocupar una vivienda vacía, que había sido embargada por una entidad funanciera, había escasas fechas. El portavoz de la Plataforma, se puso en contacto con los compañeros de Ferrol y este lunes varios miembros acudirán, con estas dos hermanas, al Ayuntamiento para que sean realojadas en una vivienda pública.
 
  Plataforma "Stop Desahucios" Barbanza 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: "A música do purgatorio", por Javier Ferreirós

Veume á memoria o outro día: no verán de 1994, un hospital do Reino Unido retirara da súa emisora privada a canción “My Way”, na versión de Sinatra, por respecto ós enfermos terminais. Ó pouco tempo algúns deses enfermos, os que aínda podían alzar a voz, reclamaron que a volveran poñer, e tal cousa fixeron os responsables do hospital.

A letra da canción di o seguinte: “E agora, a fin está cerca...”, e o narrador continúa repasando os seus erros e as dificultades polas que pasou na vida, para reafirmarse no retrouso dicindo aquilo de “pero fíxeno ó meu xeito”, como a min me petou. Manténdome firme. Fai balance e chega á conclusión de que pagou a pena. Está listo para enfrontarse ó abismo. Ó escoitala na voz de Sinatra, sabemos o que sospeitabamos pola letra: o protagonista é un home descrido, apegado á terra, desenganado e curtido, que sabe que ó morrer todo rematou.

Media_httpuploadwikim_zobss

O Purgatorio. Ilustración de Blake para "A Divina Comedia"

En A Divina Comedia non todos os pecadores merecen o inferno; os sete pecados capitais pódense limpar se te arrepentiches en vida, aínda que fora a última hora. Os que no mundo foron soberbios, envexosos, iracundos, preguiceiros, avariciosos, lambóns ou luxuriosos poden ter unha segunda oportunidade, e son situados por Dante nas diversas terrazas do Purgatorio, un monte que acolle no cumio o Xardín do Edén. O Purgatorio é un continuo recital, e os penitentes, namentres limpan as súas culpas, cantan xuntos en perfecta harmonía. Así, no recinto da soberbia o poeta escoita voces cantando “Beati pauperes spiritu”, “de tal xeito que non podería expresarse con palabras” (Purgatorio, Canto XII); onde os envexosos, Dante o Peregrino escoita cantar tras del, mentres avanza, “Alédate ti que vences” (Canto XV); un grupo de iracundos entoan o “Agnus Dei” e así van “desatando o nó da ira”, di Virxilio (Canto XVI).

Dante tivo que dotar a súa fermosísima alegoría dunha arquitectura, semellante á  das catedrais que vía construír nas cidades polas que pasaba no seu exilio, exilio ó que se lle condenou por vivir ó seu xeito, como a el lle petou, por manterse firme. Como todo home curtido, sabía que todos somos soberbios, envexosos, iracundos, preguiceiros, avariciosos, lambóns e luxuriosos varias veces ó día. El mesmo confesa unha leve falta, por envexa, aínda que di temer máis a condena por soberbia (Canto XIII), tal vez porque se sabe un xenio poético. Pero para o home medieval cabía arrepentirse antes de morrer, purgar os pecados no outro mundo e finalmente chegar ó Ceo: quedaba a esperanza trala morte. Que lle queda ó home moderno? A nada, e despois desa nada, nada outra vez. Non cabe arrepentirse, porque seguramente non hai Ninguén escoitando, nin con poder de salvarnos; seguramente non hai salvación posible... pero tampouco condena.

O único purgatorio é o da nosa conciencia. E así aqueles enfermos terminais do hospital inglés cantaban como as almas do Purgatorio de Dante, harmonizando a súa voz interior coa voz de Frankie Ollos Azuis, curtida por unha eternidade de noites. E esa é entón a única Eternidade posible. Cantarían, moitas veces, sen ningunha esperanza nun Paraíso, só para dicirse que viviran ó seu xeito e perdoárense a eles mesmos. Enfrontándose ó abismo final sen promesas vacuas. Con auténtica valentía. Con un último pulo de sangue quente no seus corazóns.“Para que é un home, que é o que ten? Ou a si mesmo, ou nada; poder dicir as cousas que sinte de verdade, e non as palabras dun que se pon de xeonllos; polo dito quedou claro que encaixei os golpes, e fíxeno ó meu xeito. Si, foi ó meu xeito”.


Músico e historiador
Serie exclusiva para Certo coa análise
dos principais discos da música mundial
"Música por dentro"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: os sábados, do 2 de febreiro ao 23 de marzo, curso de Stop Motion

CURSO Stop Motion.pdf Download this file

  • En horario de 11 a 14 horas
  • Impartido por Manuel Silva, un dos que traballou na película "O Apóstolo", na academia Davinci
 
Noia, 28 de xaneiro de 2013. Este sábado, 2 de febreiro, ás 11:00 terá lugar a presentación do curso de STOP MOTION, impartido por Manuel Silva nas instalacións da Academia Davinci, situada en R/ Pintor Xenaro Carrero, 26, Baixo en Noia.
 
O obxetivo deste curso é dar formación en técnicas necesarias para a construcción de personaxes e decorados, así como os medios para realizar unha animación stop motion.  Os destinatarios serían aquelas persoas, que sen posuír necesariamente coñecementos previos, estean interesadas en aprender as técnicas para a realización dunha peza de animación.
 
O curso será impartido durante oito sábados en horario de 11h a 14h, a partires do mesmo sábado 2 de febreiro e ata o sábado 23 de marzo.
 
Manuel Silva posue unha ampla experiencia nesta materia, donde destaca o traballo de modelado e postproducción realizado na curtametraxe “Leo” e o traballo de modelado de personaxes para a longametraxe “O Apóstolo”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o I festival de música tradicional "Fiadeira" será o domingo 10 de marzo en Cabo de Cruz

Asd

 

Boiro, 28 de xaneiro de 2013. O vindeiro domingo día 10 de Marzo ás 18:00 horas terá lugar no Centro Social de Cabo de Cruz o I Festival de música tradicional 'Fiadeira'.

 

A Asociación Cultural Fiadeira de Cabo de Cruz organiza esta cita de música tracidional que se fará por vez primeira nesta vila. O evento terá lugar no Centro Social de dita vila ás 18:00h e nel actuarán varios grupos do folclore galego da zona. Algúns aínda están por confirmar, pero entre eles xa se poden destacar o grupo de pandereteiras 'Fiadeira', o grupo de gaitas tradicional 'Ao cabo nunca é tarde', o grupo de música tradicional 'Trécola' e o grupo de pandereteiras 'O Aquel de Aquelar'. Durante o transcurso do festival, levaráse a cabo o sorteo dunha cea para 4 persoas na Taberna Abadía de San Enrique, doada por dito establecemento.


Antes, en Certo:








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo acolle dende o venres 1 de febreiro unha mostra de óleos de Tino Poza

Cartel_tino_poza

  • A inauguración terá lugar ás 20:00 horas na sala Francisco Creo da Sociedade Liceo
  • A mostra titúlase "Soños de esencia de café ao óleo IV"
  • Se quere información sobre Tino Poza: http://arga.es/gl/artistas/tino-poza/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical