- En horario de 11 a 14 horas
- Impartido por Manuel Silva, un dos que traballou na película "O Apóstolo", na academia Davinci
Noia, 28 de xaneiro de 2013. Este sábado, 2 de febreiro, ás 11:00 terá lugar a presentación do curso de STOP MOTION, impartido por Manuel Silva nas instalacións da Academia Davinci, situada en R/ Pintor Xenaro Carrero, 26, Baixo en Noia.
O obxetivo deste curso é dar formación en técnicas necesarias para a construcción de personaxes e decorados, así como os medios para realizar unha animación stop motion. Os destinatarios serían aquelas persoas, que sen posuír necesariamente coñecementos previos, estean interesadas en aprender as técnicas para a realización dunha peza de animación.
O curso será impartido durante oito sábados en horario de 11h a 14h, a partires do mesmo sábado 2 de febreiro e ata o sábado 23 de marzo.
Manuel Silva posue unha ampla experiencia nesta materia, donde destaca o traballo de modelado e postproducción realizado na curtametraxe “Leo” e o traballo de modelado de personaxes para a longametraxe “O Apóstolo”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario