15.4.10

Lingua galega: segundo o Instituto Galego de Estatística, pouco máis da metade dos galegos falan maioritariamente na súa lingua

Poñemos a nota íntegra, coma sempre. Sen cociñar.
Xa quen cociñou a estatística -se o fixo-, canto tempo a puxo ao lume e que ola empregou, ignorámolo!

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: conferencia este venres 16 sobre a relación entre Noia e o Camiño de Santiago


Conferencia de Xerardo Agrafoxo e Pedro García Vidal no Teatro Coliseo Noela sobre a relación de Noia e o Camiño de Santiago. Venres 16 de Abril ás 21 horas.

Organiza: Asociación de Actividades Empresariais de Noia, Punto Comercial San Lázaro, Centro Comercial Aberto Noia Histórica e Concello de Noia.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: cazan a un lobo coa técnica do fototrampeo na serra do Suído

Non é doado pillar a estes animais... Lede toda a entrada no blog dos rapaces de Axena, en http://blogueiros.axena.org/2010/04/15/lobo-en-la-sierra-del-suido/

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o dirixente do Bng Guillerme Vázquez deu as súas receitas contra a crise

(Nota do Bng)
GUILLERME AFIRMA QUE O ABARATAMENTO DO DESPEDIMENTO SÓ SE PODE ENTENDER DESDE UNHA LÓXICA DE “DERIVA DEREITISTA” DO GOBERNO ZAPATERO


Vázquez, á dereita de todo, estivo hai uns días por Muros e Noia

“Subvencionar o despedimento non serve para criar emprego, senón para destruílo”

Boiro, 15 Abril de 2010. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, abriu este serán no Centro Social de Boiro os actos públicos que a formación nacionalista vai desenvolver por todo o País para divulgar as súas propostas para superar a crise económica.

O líder nacionalista asegurou que “as propostas para abaratar o despedimento” que manexa o Executivo central revelan que o Goberno Zapatero se atopa en plena “deriva dereitista”.

“Subvencionar o despedimento non serve para criar emprego, senón para destruílo”, razonou o portavoz nacional, para quen “estamos ante receitas xa ensaiadas no pasado e que nunca deron froito”.

A xuízo do portavoz nacional, o Goberno Zapatero está a seguir os ditados “dos chamados mercados internacionais”, no canto de atender “os intereses das maiorías sociais”. “Zapatero mentiu no seu día cando negou a crise. E volveu a mentir cando afirmou solemne que non ía tocar os dereitos sociais. É evidente que si o está a facer, co pensionazo e con estas propostas para facilitar o despedimento dos traballadores”.

“Nen os sectores máis estremos da Patronal podían imaxinar que o Estado se fose ofrecer a asumir parte dos custos dos despedimentos. Nun Estado con 4,2 millóns de parados é verdadeiramente escandaloso que se propoña subvencionar non a creación de emprego, senón a súa destrucción”, avaliou.

Mais si hai alternativa, defendeu, e pasa por “un novo modelo de economía” baseado “no coñecimento, na creación de valor engadido, no traballo cualificado e dignamente retribuido e no desenvolvimento dos sectores produtivos”. Neste sentido, considerou “tráxico” que Galiza poda perder o control sobre R, o buque insignia da sociedade do coñecimento no noso País.

“Cómpre desenvolver os sectores produtivos, cómpre investir en capital humano e cómpre substituír a economía do tixolo, do ladrillo, pola economía do coñecimento. Xusto todo o contrario do que se nos propón desde o receitario neoliberal que infelizmente continúan aplicando quer o goberno de Feijóo quer o de Zapatero”, concluíu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o Psoe segue estreitando o cerco no escándalo das oposicións

(Nota do PSdeG)

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas dixo hoxe no Parlamento que “ou ben se abre unha investigación independente diante de tal cúmulo de casualidades nas oposicións ou ben temos que pensar que foi o Espírito Santo o que obrou o milagre das oposicións do SERGAS

PSdeG DENUNCIA QUE “HAI TRIBUNAIS DO SERGAS PRESIDIDOS POR SUBDIRECTORA E XEFA DE SERVIZO QUE TEÑEN RELACIÓN LABORAL DIRECTA COS OPOSITORES QUE OBTIVERON AS MELLORES PUNTUACIÓNS NAS PROBAS SELECTIVAS”

Santiago de Compostela, 15 de abril 2010. O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage, denunciou hoxe, na Comisión 5ª do Parlamento, que “hai tribunais do Sergas presididos por persoas que teñen relación laboral cos opositores que obtiveron as mellores puntuacións nas probas ás que se presentaron”. O deputado fixo esta afirmación durante a comparecencia da Directora Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, na citada comisión.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas dixo que “ou ben se abre unha investigación independente diante de tal cúmulo de casualidades nas oposicións ou ben temos que pensar que foi o espírito santo o que obrou o milagre das oposicións do SERGAS”.

O deputado asegura que “os opositores que sacaron as mellores notas nas oposicións do Sergas foron examinados por dúas presidentas de tribunal que son as súas xefas na dirección xeral de recursos humanos”.

Lage Tuñas denuncia que tanto a Presidenta do Tribunal das probas de Auxiliar Administrativo como a Presidenta do Tribunal de ATS/DUE das oposicións do SERGAS son compañeiras de traballo e superiores xerárquicas dos opositores que quitaron as mellores puntuacións nestas probas.

Na súa intervención pediulle á Directora Xeral de Recursos Humanos que compareceu hoxe en sede parlamentaria “que explicara o cúmulo de casualidades e os indicios de irregularidades nas oposicións do SERGAS” pero “a directora xeral optou por negar as evidencias e dixo que ela só apreciaba “normalidade”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista relatou na comisión “as casualidades que se produciron en varios procesos selectivos do SERGAS, onde traballadores da Dirección Xeral de Recursos Humanos alcanzaron as mellores notas, cando concorren máis de 7.500 persoas a ditas probas. Advirte ademais que “a alarma social vai en aumento, e non son responsables nin a oposición nin os medios de comunicación senón o goberno galego ao non tomar decisións contundentes, que devolvan a tranquilidade aos opositores”. Lage di que “é vergonzoso escoitar á directora xeral decir que é “normal” que as mellores puntuacións sexan obtidas por parte de persoas que están participando no proceso de preparación das oposicións dende a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS.

O viceportavoz socialista dixo que “a min paréceme que é moita casualidade, pero pode ser tamén que fóra “o espírito santo” o que obrou o milagre”.

O deputado proclama que “o milagre das oposicións do SERGAS” é un caso tan escandaloso que “ben faría o Presidente da Xunta de Galicia en tomar a iniciativa e depurar responsabilidades no seu Goberno, xa que o goteo continuo de sospeitas e casualidades está facendo moito dano ao sistema de acceso ó emprego público que ten a Xunta de Galicia”. Engadíu que “as persoas que obtiveron as mellores puntuacións á súa vez son traballadores con relación laboral directa con que preside os tribunais das oposicións. Cómo se lle chama a iso?” “CASUALIDADE, MILAGRO, OU é que ALGUÉN DO GOBERNO VAI ASUMIR RESPONSABILIDADES POR ESTE ESCÁNDALO MAIÚSCULO”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista lembraba hoxe que “as tres persoas que traballan coa Subdirectora responsable das oposicións acadaron as mellores puntuacións nos procesos aos que se presentaron e son tamén as mesmas persoas que están traballando no departamento onde se reciben os pendrives cos exames por parte dos Tribunais, e onde se formatean e imprimen os mesmos exames”.

Explica que “a condición de opositores que tiñan estas persoas impedíalles taxantemente desenvolver estas funcións”. E sinala “que o Director Xeral da Función Pública tamén coñecía éste caso ao igual que o coñecía a conselleira de Sanidade e están mirando para o outro lado sen facer nada”, concluíu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: os socialistas locais reclaman unha resposta urxente sobre a depuradora


(Nota de prensa do Psoe de Ribeira)
DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS, UNHA RESPONSABILIDADE DO
GOBERNO DO PARTIDO POPULAR.

Ribeira, 15 de abril de 2010. Nas últimas semanas a preocupación dos veciños das parroquias de Ribeira aumentou considerablemente ante as posibles ubicacións da depuradora ou depuradoras EDAR en terreos do noso Concello. Esta situación ven producida polo inadecuado proceder da entidade Augas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, a cal de modo absolutamente improcedente solicitou ao s patróns maiores das cofradías de Aguiño e Ribeira que tomasen unha decisión sobre tal ubicación, segundo o indicado por eles mesmos nas diferentes asembleas informativas.

Dende o PSdG-PSOE de Ribeira consideramos que este comportamento situou
ás cofradías e veciños do noso concello nun escenario de posible  enfrontamento, que para nada é de recibo. Polo exposto, e pensando nos intereses de toda a cidadanía de Ribeira, consideramos que é o noso alcalde quen debe exercer dunha vez como tal, é posicionarse firmemente instando ás administracións que correspondan, para que dunha vez por todas se poida comezar a execución desta depuradora ou depuradoras EDAR que permitirán neutralizar as advertencias feitas pola Unión Europea, xa que ata o de agora siguense botando directamente augas fecais e industriais ao mar, xa sexa na Ría de Arousa ou na Abra de Aguiño, e na Abra de Corrubedo. Isto supón, entre outros problemas, o risco de que se declare polígono C a toda a área de extracción de gran parte do marisco de Ribeira, A Ínsua, Touro, Airó,  Ameixida, Rabuda, e que en consecuencia, os nosos mariscadores teñan que depurar o marisco antes de comercializalo, amén de bateeiros e pescadores, con índices elevados de metais pesados nos especímenes.

Gobernar é tomar decisións en prol do ben de toda a veciñanza, e polo tanto compete neste tema tomar unha decisión urxente (baseada en estudos técnicos específicos), única e exclusivamente aos dirixentes do PP a nivel  autonómico (Augas de Galicia) e ao concello de Ribeira na parte que lle  corresponde.
Igualmente consideramos inaceptable que a entidade Aguas de Galicia, unha vez máis, actue de modo improcedente cando da a coñecer que a depuradora EDAR non se realizará no Castro (Castiñeiras) informando á asocición de veciños, o cal en si mesmo e algo aceptable, pero non o é o feito de que no se lle comunique nin ós patróns maiores anteriormente citados nin ós grupos políticos que representan á cidadanía de Ribeira.
Dende o PSdG-PSOE de Ribeira RECLAMAMOS unha resposta inmediata a
esta problemática apremiante e agobiante

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: os cuncheiros de Neixón, na I Reunión Científica de Arqueomalacoloxía da Península Ibérica


Cunchas de ostras atopadas nos castros de Neixón

Es habitual que al producirse intervenciones arqueológicas en yacimientos costeros, salgan a la luz depósitos con una abundante presencia de restos coquinológicos, los concheros. Realizar una intervención arqueológica en un conchero es para muchos arqueólogos un problema, debido a las “diferencias” que presentan estos depósitos frente a los sustratos y materiales que se encuentran habitualmente en las excavaciones arqueológicas. Esto provoca que, en muchas ocasiones, se aplique de forma incorrecta la metodología de intervención, provocando frecuentemente graves errores. De este modo no es extraño asociar las conchas con el sedimento y asociar al conchero como una única unidad estratigráfica cerrada. Por otro lado, el método más frecuente de muestreo es la selección de las conchas por su aspecto llamativo y su estado de conservación.

En el presente trabajo vamos a exponer toda una serie de cuestiones a tener en cuenta a la hora de excavar y muestrear estos depósitos. Para ello nos basamos en la experiencia propia en dos yacimientos con una morfología y cronología diferente.

Malacoloxía: ciencia ou especialidade que se ocupa das cunchas.
Vía Arqueoneixón

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: 15 millóns de euros en catro anos para obras na lonxa, aprobados no Consello da Xunta

(Nota da Xunta de Galicia)

Ribeira, 15 de abril de 2010. O Consello da Xunta autorizou o gasto de máis de 15. 700.000 euros para a redacción do proxecto e a execución das obras da nova lonxa no Porto de Ribeira Coa execución deste proxecto, Portos de Galicia fomentará unha maior operatividade nos peiraos da zona que comprende a futura lonxa A aprobación do orzamento destinado a este proxecto é un paso máis dado pola Xunta para a súa axilización

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación das obras da lonxa de Ribeira autorizando o gasto de máis de 15. 700.000 euros distribuído en catro anos para a redacción do proxecto e a execución das obras. Deste xeito a Consellería do Mar aposta por reforzar a comercialización e dá outro paso máis para axilizar a súa construción e atender unha antiga demanda dos usuarios do porto desta localidade.

Coa execución deste proxecto, Portos de Galicia fomentará unha maior operatividade nos peiraos da zona que comprende a futura lonxa, a posta en valor e explotación das instalacións, e o desenvolvemento das áreas próximas ao edificio e do porto en xeral. Farao a través dunha mellora na circulación rodada e na comercialización e tamén mediante a integración e protección ambiental do contorno, do control de accesos e aparcamentos e da ordenación da actividade e instalacións da lonxa.

Para iso, Portos de Galicia prevé realizar no recheo anexo ás instalacións do Club Náutico unha estrutura con tres superficies diferenciadas. Unha é a planta semisoto, destinada ao aparcamento e outra a planta baixa, na que se situará a fábrica de xeo, as áreas de exposición, venda, poxa e expedición, ademais de cuartos de exportadores, e
aseos e oficinas. Por último, a planta primeira contará con máis cuartos de exportadores, laboratorio, almacén de caixas e cafetería, entre outras instalacións.

Procedemento de licitación

O procedemento de licitación para a redacción do proxecto e a execución das obras da nova lonxa será mediante concurso público de proxecto e obra. Para a súa elaboración o consello da Xunta autorizou unha cantidade de 15. 700.000 euros sen IVE distribuída en catro anos destinando 500.000 euros para o 2010, a cantidade de 5 millóns de
euros para 2011, o mesmo para 2012 e 5´2 millóns de euros para 2013.

Antecedentes

No 2005, Portos de Galicia rematou as obras de ampliación da explanada de servizos do porto de Ribeira, que comprenderon a construción de novos peiraos de atracada e a creación dunha nova explanada de servizos na que agora se vai construír a nova lonxa. Nese mesmo ano realizouse unha análise da situación operacional na lonxa de Ribeira que detectou carencias na instalación actual. Este estudo foi actualizado no 2008 para fixar con exactitude as necesidades dunha nova instalación. Aínda así, nos últimos catro anos, a falta de acordo entre o goberno anterior e os
axentes implicados tiveron o proxecto paralizado, polo que a aprobación do orzamento destinado a este proxecto é un paso máis dado pola Xunta para a súa axilización. Previamente, para a definición do proxecto Portos de Galicia reuniuse cos sectores implicados e tamén lles solicitou as súas suxestións

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: a Deputación de A Coruña convoca o I Premio "Rosalía de Castro" de Lingua para fomentar o galego e espallar a figura de Rosalía


Busto de Rosalía en Rianxo

Barbanza-Noia, 15 de abril de 2010
. Veñen de ser publicadas no boletión oficial da provincia as bases do primeiro premio "Rosalía de Castro" de Lingua, organizado pola Deputación Coruñesa. Non ten dotación económica, é meramente honorífico. Hai só 15 días para presentar propostas. Transcribimos por completo as bases, que obtivemos aquí:

Convocatoria do I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2010

   Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua de acordo coas seguintes:

BASES

1.- Obxectivos

- Recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral.

- Manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

2.- Destinatarios

Poderase outorgar este premio a calquera persoa, empresa, asociación ou entidade radicada en Galicia, entendendo como tales aquelas que teñan a súa sede social ou residencia no territorio da Comunidade Autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña

3.-Premios

Establécese o seguinte galardón

a) Un premio que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación ou entidade de ámbito galego, en xeral e na provincia da Coruña, en particular, que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega ou que destacase por actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante o ano en curso.

O Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2010 non ten dotación económica. O galardoado recibirá unha figura acreditativa que está en posesión desta distinción.

4.- Xurado

A proposta para o premio e a escolla do gañador tomaraa un xurado formado por:

· O presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue, que será o/a presidente/a.

· Un/unha representante técnico da Deputación da Coruña que realizará as funcións de secretaría, asistirá ás xuntanzas do xurado, con voz e sen voto.

· Un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

· Un representante do movemento asociativo da provincia da Coruña.

· Un/unha representante dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña.

· Un/unha representante da Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela

· Un/unha representante dos medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

· Unha persoa de recoñecido prestixio no seu traballo a prol da lingua galega.

As candidaturas deberán ser avaliadas polo xurado tendo sempre en conta o obxectivo do premio.

5.- Aspectos que se valorarán

Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:

a. Tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego.

b. Actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega.

c. Uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos.

d. Campañas de información e/ou publicitarias en galego.

e. Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Ademais dos devanditos, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan.

6.- Prazos

Logo da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, haberá 15 días para que se presenten as propostas. O xurado reunirase no prazo dos 15 días seguintes para votar as propostas presentadas.

7- Sistema de votación

O xurado tamén poderá propor candidaturas. O xurado seleccionará o premiado de acordo coa finalidade do premio. O premio será outorgado por votación do xurado. Será necesaria a maioría cualificada de dous terzos na primeira volta de votacións. De non alcanzarse acordo, procederase a unha segunda votación na que será necesaria a maioría simple. O xurado poderá optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable.

8- Entrega de premios

A entrega dos premios realizarase o 28 de maio, no transcurso do acto público da III Festa da Lingua, organizada pola Deputación da Coruña.

9- Interpretación

O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases.

A Coruña, 12 de abril de 2010

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía

PREMIO “ROSALÍA DE CASTRO” DE LINGUA 2010

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Persoa ou entidade que formula a proposta

Nome ou razón social:

Enderezo postal:

Teléfono:

Enderezo electrónico:

Datos da candidatura

Nome:

Enderezo postal:

Teléfono:

Enderezo electrónico:

Enderezo web (empresa ou asociación):

Ano desde que traballa a prol da normalización da lingua (empresa ou asociación):

Méritos que se alegan (indique as accións que teña entre os seus obxectivos a promoción do idioma galego ou calquera outra circunstancia que considere de interese para valorar a súa candidatura):

Documentación que se achega para acreditar os méritos:

XURADO DO PREMIO “ROSALÍA DE CASTRO” DE LINGUA 2010

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: galería fotográfica da I Xornada de Atletismo

Ribeira: nominados na V Gala do Deporte que se celebra este venres 16 de abril


Ribeira, 15 de abril de 2010- O Auditorio Municipal será escenario no día de mañá, venres 16 de abril, a partir das 20.30 horas, da celebración da quinta edición da Gala do Deporte de Ribeira.

E os nominados son:

NOMINADOS CATEGORIA SUB 18 FEMENINOS

CLUB NATACIÓN RIVEIRA : ANA PARADA SUÁREZ

Campiona galega do VI circuíto de augas abertas

3ª clasificada nos campionatos galegos de 800 libres e 4x 200 libres.

4ª clasificada nos  campionatos galegos en 400 metros libres

CLUB NATACIÓN RIVEIRA ÁNGELA ROMANO MARTÍNEZ ,

Conquistou oito medallas nos campionatos galegos, cinco delas de ouro.

Subcampiona e medalla de prata no campionato . de España de C.C.A.A. en 200 m costas

CLUB NATACIÓN RIVEIRA LUCÍA PÉREZ GARABÁN

Campiona e medalla de ouro no cto. Galego de Inverno en 400 m estilos.

3ª clasificada e medalla de bronce no Cto. Galego de Inverno en 100 m estilos

Subcampiona e medalla de prata  no Cto. Galego de Verán en 400 m estilos

4ª clasificada no cto. Galego de Verán en 200 m estilos

CLUB KEMPO RIVEIRA ANDREA CRUJEIRAS SANTAMARÍA campiona galega en combate e armas

LAURA CARDALDA GONZÁLEZ  campiona galega e de España en armas e subcampiona en combate na disciplina do kempo.

MARÍA VILAS VIDAL , perteñecente o Club Natación Riveira:

3ª clasificada e medalla de bronce no  Cto. Galego Absoluto en 200 m braza

7 MEDALLAS DE OIURO NOS CAMPIONATOS Galegos Infantil e Triple Campiona de España Infantil por autonomías

3ª clasificada no  Cto. Infantil de España por C.C.A.A. en 4 x 200 libres

3ª clasificada no  Cto. Infantil de España por C.C.A.A. en 4 x 100 estilos

Selecciónada co combinado Español.

Bateu o record español  de 13 anos na proba de 200 m braza

NA CATEGORIA SUB 18 MASCULINA:

Do Club de Loita Santa Uxía FERNANDO SILVA REIRIZ, da categoría cadete, subcampión de España cadete en loita libre olímpica, campión galego na mesma disciplina e en loita grecorromana , subcampión galego junior en loita olímpica e grecorromana.

Do Club de Loita Santa Uxía ALEJANDRO SILVA REIRIZ, tamén da categoría cadete, subcampión de España cadete en loita libre olímpica, campión galego na mesma disciplina e en loita grecorromana , subcampión galego junior en loita olímpica e grecorromana.

DO Club Natación Riveira ANGEL VILAS VIDAL

8 medallas de ouro nos campionatos Junior de inverno e verán .

5 medallas no s campionatos absolutos.

Triple medallista español por autonomías

-Participación en  Record-Guines do 100 x 100 libres

Club Natación Riveira FRANCISCO GARCÍA TORRES

Campión infantil galego en 1.500 metros libres

Campión absoluto do VI circuíto de augas abertas

3º clasificado nos 200 metros libres do campionato galego de verán.

Club Natación Riveira ANDRÉS MANEIRO REIRIZ

campión galego infantil nos 100 metros braza e subcampión nos 200 metros braza.

Club Natación Riveira MANUEL DAVILA LUSTRES

-Subcampión  Alevín de España e medalla de prata en 1.500 m. libres

-Subcampión Alevín de España e medalla de prata en 400 m libres

e 5º clasificado no Cto. de España Alevin en 400 m estilos

-Campión Galego alevín nos 1.500 m libres, 400 metros libres e 400 metros estilos

Obstenta os récords galegos en piscina de 25 metros en RECORDS INDIVIDUAIS EN PISCINA DE 25 E  DE 50 METROS nos 200, 400, 800 Ee 1500 m libres e 400 metros estilos

ADRIAN JIMENEZ DOS SANTOS como membro do Club Natural Sport Videgli alcanzaou o subcampiónato de España Cadete, campión Open de España, campión de España de Clubs, subcampión galego cadete, cuartofinalista ca selección española no Open de Austria.

E defendendo os colores do Club Kempo Riveira foi campión de España e galego en katas, armas, combate e defensa persoal. Considerado mellor competidor galego e nacional absoluto.

Club Natación Riveira MIGUEL PRADA RODRÍGUEZ  subcampión galego infantil, nos 100 e 200 braza e nos  200 metros estilos

Club Kempo Riveira DAN DOMÍNGUEZ PENA campión de España en katas, armas e subcampión en combate. campión galego en katas, armas, combate,

Club Naútico Deportivo de Riveira JESUS FERNÁNDEZ VIDAL: 1º clase C na clasificatoria del RCM Aguete, 2º clase A na clasificatoria no Liceo Casino de Vilagarcía, participante como membro da selección galega en campionato de España disputado en Salou, participante como membro da selección galega na copa de España disputada en Valencia.

PABLO LIJO SANTOS , terceiro clasificado no campionato de España Junior, campión galego Junior e individual e por parellas, finalista galego absoluto individual e por parellas, campión master provincial de A Coruña, campión galego por equipos de 1ª categoría co Club de Tenis Coruña.

Deportistas con Discapacidade

Da Asociación Integrados:

JOSE LUIS TRIÑANES HERMO: Grado de minusvalía 94.

Campión de petanca ,nivel inicial, nos Special olimycs Galicia

SUSANA RIVAS PENA: da Asociación Integrados, cun Grado de minusvalía 84%

Campión de petanca, nivel inicial, nos Special olimycs Galicia

ROSA ESPAÑA VIDAL: da Asociación Integrados, cun Grado de Minusvalóa 65%

Primeira clasificada en natación, nivel inicial, nos Special olimycs Galicia

ASOCIACION ÁMBAR SERAFIN CADAVAL SANTOS E LISARDO CALO CARNÉS,  gañadores da III regata internacional de Barcelona , da I regata de vela adaptada organizada pola Fundación Mª José Jove.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMININA

CLUB NATACION RIVEIRA GLORIA LIJÓ CACHARRÓN

Campiona de España, medalla de ouro no Cto. Master de España en 400 libres

Campiona de España, medalla de ouro no Cto. Master de España en 200 libres.

Subcampiona de España, medalla de prata, Cto. Master de España en 200 costas

E quintuple medallista de ouro nos campionato galegos

Club Kempo Riveira XIRA MARIÑO PAZ, campiona de España en armas e subcampiona en katas, campiona galega en katas e medalla de bronce no campionato  galego en armas.

Atleta VIRGINIA VILLAR SORIA

En pista cuberta:  3ª en 60 metros vallas en campionato de España de pista cuberta, 1ª na copa da Raíña e na copa President (Valencia), Trofeo de Inverno (Ourense), e 4ª clasificada nos meeting internacionais de Valencia e Zaragoza.

O aire libre: medallista de prata nos campionatos Absolutos de España en 4 x 100 metros e terceira clasificada nos 100 metros vallas , campiona galega en 100 metros lisos, consigue o record galego absoluto nos 100 metros vallas cunha marca de 13”77.

1ª clasificada nos xogos do Cantábrico  en 100 metros vallas e 2ª nos 100 metros lisos,

Atleta ALICIA FOLGAR TORRES. (Atletismo)  1º posto en campionato de España e galego de clubs na primeira división nas probas de Vigo, Burgos e Ourense, subcampiona galega absoluta de inverno  e 3º clasificada nos de verán na proba de 1.500 metros lisos.

LARA OUVIÑA MARTINEZ DO Club Natural Sport Videlgi, campiona de España e galega sub 21, subcampiona galega absoluta, campiona de Europa Universitaria, cuarto finalista do campionato europeo

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

MANUEL ÁNGEL PARADA FOLGAR, ciclista categoría sub-23, campión galego en probas de bicicleta de montaña. Participou neste ano 2009 en ciclismo en ruta na Volta a Galicia, Volta a Coruña e na Volta a Ascensión, en todas elas competindo con ciclistas profesionais.

MANUEL MARTÍNEZ PAZ , atleta de categoría absoluta campión galego de triple salto en pista cuberta e medalla de bronce en lonxitude, campión galego do criterium de probas combinadas.

O fútbolista ADRIÁN ARMENTAL GONZALEZ SD Compostela (2ª b). ascendeu  co club X Aguiño a división nacional de fútbol xuvenil, as súas destacadas actuación fan que sexa fichado pola Sd Compostela debutando no ano 2009 na “º división B do fútbol español.

HELLMUTH BANDE WILLICH do Club Náútico de Riveira que no  2008 foi desigando mellor deportista de Riveira e que non baixo a garda conquerindo grandes resultados como o campionato da Regata Aquagest, 2º IX regata Frinsa,  e 3º nas regatas XI Castrosua-Carsa e Open II en Campionato Galego.

Club kempo Riveira ANTONIO LIJÓ PAZ  , campión galego en katas, armas, combate.

Club Natural Sport Videlgi un deportista exemplo de Superación ALEJANDRO VIDAL ÁLVAREZ , subcampión mundial de para taekwondo, , subcampión galego absoluto e campión de España de Clubs

Club Natural Sport Videlgi ANGEL PARADA MARTINEZ

Campión de España de clubs

Subcampión de España sub 21

    * Subcampión Galego sub 21
    * 3º campionato Galego absoluto
    * Campión Open do Reino Unido

Club Natación Riveira JUAN ANTONIO FERNANDEZ SALGUEIRO

Conquistou no 2009 seis medallas nos campionatos galegos, catro delas de ouro.

-3º clasificado, medalla de bronce no campionato de de España nos 200 metros bolboreta


Iván Brión nun dos seus numerosos podios

IVÁN BRIÓN SAMPEDRO

Campión de España absoluto de Augas Abiertas, medalla de ouro en 5.000 metros

Campión de España Absoluto de Augas Abiertas, medalla de ouro en 10.000 metros

-5º puesto na clasificacion final  da Copa de Europa, (primeiro español)

Subcampión de España, medalla de prata, Cto. de España de Primavera en 10.000 m.

3º clasificado Absoluto, madalla de bronce, Cto. de España por CCAA en 1.500 libres

4 medallas de  nos campionatos galegos absolutos

3º clasificado na final da Copa de Europa en Marmaris, Turquia, sobre 5.000 metros

3º clasificado na final de la Copa de Europa en Marmaris, Turquia, sobre 10.000 m.

Campión descenso da Ría de Navia sobre 5.000 metros

Ganador e recorman da Travesía a nado ría de Vigo

Ganador e recorman da Travesía a nado de A Coruña

RECORDS INDIVIDUAIS EN PISCINA DE 25 E DE 50 METROS:

-Record Galego Absoluto de 1.500 metros

-Record Galego Absoluto de 800 metros libres

-Record Galego Absoluto de 400 metros libres 

-Participación en  Record-Guines del 100 x 100 libres


Fontao montado na bici

Triatleta JAVIER FONTAO 3º clasificado campionato galego de acuatlón, 3º clasificado campionato galego de triatlón, sexto clasificado no campionato de España de Triatlón grupo 40 a 44 anos.

APARTADO DE CLUBS 

Club Xuventú Galego :

* Equipo xuvenil da liga galega, que logrou o ascenso a liga nacional o quedar 2º clasificado na liga.

* Equipo Feminino campión da categoría autonómica g.21 ascendendo a primeira autonómica feminina

* Equipo afeccionado que quedou 2º clasificado na liga conseguindo o ascenso a 2ª división autonómica

* Equipo Alevín de fútbol 7 campión de liga

* Equipo infantil que acadou a permanencia na liga galega

* Equipo cadete  que alcanzou a final da copa do Sar (Calo 2- X Aguiño 0)

Club Baloncesto Riveira:

O Equipo cadete feminino, campión da zona Santiago-Arousa, terminando invictas a súa liga.

Equipo alevín feminino: campión comarcal e intercomarcal, conseguindo a sua xogadora Alba Novo Dios o record galego de lanzamento de tiros libres da súa categoría, encestando 20  no tempo dun minuto.

Equipo alevín masculino: campión comarcal e intercomarcal

Club Patinaxe Riveira :

Polos éxitos do Grupo de Show : cuartas clasificadas no campiónato galego, campiónas galegas do deporte escolar.


Competición Copa Sálvora 2009

SÁLVORA CF:

Á parte dos éxitos deportivos conseguidos polos benxamíns e prebenxamíns, tamén como dinamizadores da vida social e deportiva do Concello de Riveira como organizadores da Copa Sálvora, Campus de fútbol base e a creación da escola de fútbol.

KEMPO RIVEIRA

Polos exitos individuais e por ser considerado pola Federación Nacional de Kárate mellor Club Nacional de Kempo do ano 2009

NATURAL SPORT VIDELGI,

Campión de España de Clubs

Campión da liga española

Campión da copa da liga española

Mellor Club de Galicia en  2009

Campión galego absoluto

Organizador “sueño olímpico”

Campión galego sub 21

Campión galego cadete

Campión galego promesas

NATACION RIVEIRA Polos éxitos a

A/ NIVEL AUTONÓMICO:

-Campións galegos por equipos na categoría Infantil Feminina

-Numerosas medallas en tódalas categorías

-Campións masculinos e femininos do VI circuíto de Augas Abertas de Galicia

-Batéronse 64 records galegos en distintas probas e todas las idades

- O equipo de Galicia que máis nadadores aporta as distintas seleccións  autonómicas

-Único equipo de Galicia que aporta nadadores en tódalas  a Selección  Española

A NIVEL ESTATAL:

-O  equipo Infantil Feminino  clasifícase 3º de España no  Cto. Infantil de Verán

-Dous campións de España Absolutos (Rufino Regueira e Iván Brión)

-Dúas medallas de bronce na categoría Junior (Ángel Vilas)

-Triple campiona de España en categoría Infantil (María Vilas)

-Dobre campiona de España en categoría Master (Gloria Lijo)

-Campión de España en el Cto. para Discapacitados (Alfonso Garcíia)

-Dobre record de España a cargo de María Vilas (13 anos)

A NIVEL INTERNACIONAL:

-Único equipo galego que aporta dous nadadores a Selección Española Absoluta

-Primeiro nadador galego que participa nun  Campionato Mundial Absoluto, (Roma-09)

-5º clasificado na Copa de Europa de Augas Abertas (Iván, mellor español)

RECOÑECEMENTOS ESPECIAIS

SUCO I: Sin dudalo un dos mellores extremos que dou o fútbol galego

Salido da canteira do club Atletico de riveira foi fichado polo Racing de Ferrol,, as súas brillantes actuacións levaron con 20 anos as filas do FC Barcelona onde estaría dúas tempadas, posteriormente xogaría no Racing de Santander e Valencia CF, para acabar a súa carreira no Deportivo da Coruña.

Nos seus equipos compartiu vestiarios con  outros mitos galegos como o bota de ouro  Luis Suárez e Marcelino  o autor do famoso gol na final da Copa de Europa de selección nacionais.

SUCO II Futbolista que durante dez temporadas defendeu os colores do Real Club Celta , chegando a ser seleccionado ca Selección B Española, e disputando o histórico partido de Abeerdin, debut dun equipo galego na copa da Uefa.  Defendeu tamén a camiseta do Racing de Ferrol, Pontevedra e Atl Riveira. Na súa etapa xuvenil participou no mundial celebrado no ano 1962 en Rumania, converténdose no primeiro deportista internacional nacido en Riveira.

TUCHO SAMPEDRO: Dianteiro centro coñecido a nivel nacional polos seus grandes remates de cabeza, a súa traxectoria deportiva desenrolouse nos seguintes clubs:

Turista

Racing de Ferrol

Real Club Celta de Vigo (57-58 a 61-62)

Pontevedra CF

SD Compostela, estivo tres tempadas marcando un total de 94 goles

Turista

Recollen a súa viuda María del Carmen Gundín, e os directivos do Club Atl de Riveira Primitivo Sampedro e Alberto Villaverde.

MARIA MATILDE ALONSO FILGUEIRA.

pioneira do fútbol feminino en Riveira e na comarca, no seu traballo na escola intentou sempre inculcar os mais novos o amor polo deporte e mais concretamente polo fútbol a súa grande pasion, onde realizou a parte de labores de adestradora tamén na directiva na sociedade Xuventú Aguiño.

JOSÉ CARDALDA NOVO:

Leva trinta anos promocionando as artes marciais, primeiro como competidor, máis tarde como adestrador e promotor do Kempo .

ESTEFANÍA HERNÁNDEZ (recoñecemento ao non ser nacida en Riveira pero si facer a súa carreira deportiva no club local Natural Sport)

Terceira no campionato do Mundo absoluto

Campiona da Universiada 2009

Subcampiona do mundo universitario

Campiona de España absoluta

Campiona de España de Clubs

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: esta fin de semana, homenaxe a Domingo Fontán o sábado 17 e teatro afeccionado o domingo 18


Noia, 15 de abril de 2010. O 17, sábado, haberá un acto de homenaxe a Domingo Fontán Rodríguez, organizado polos Concellos de Noia e Lousame. O inicio do acto será ás 12:00 e consistirá no descubrimento dunha placa na casa da rúa do Curro na que morou un tempo e, sobre as doce e media, apertura e inauguración da mostra "Mapa de Fontán e cartografía de Galicia", no Coliseo Noela.

Quen era Domingo Fontán?

Un xeógrafo nado en Pontevedra (Portadeconde, Portas, o 7 de abril de 1788). Foi o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia, que resultou ser tamén o primeiro feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas.

1 of 2

Vivenda de Domingo Fontán, onde se atopa a actual Praza de Abastos.

Que ten que ver Fontán con Noia e Lousame?

Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, que estivo en Lousame en 1863, e residiu por iso en Noia, na casa das fotografías que o actual alcalde, Rafael García Guerrero, subiu ao seu blog, de onde as tomamos.

Fontán é un persoeiro que debería ser lembrado máis a miúdo nesta terra: traballou mentres foi deputado por Pontevedra para que se aboliran os foros que pesaban como unha lousa sobre o campesiñado galego e tamén loitou (semella que non deu moito resultado, polo que seguimos a ver) contra o caciquismo. Ademais do mapa do que falamos e da primeira fábrica de papel, tamén foi pioneiro no ferrocarril: axudou no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, entre Santiago e Carril (Pontevedra) que sería inaugurada en 1871.

Domingo Fontán morreu en Cuntis, o 24 de outubro de 1866. Está enterrado no mesmo sitio que Rosalía e Castelao, no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, ao pé do Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.


Teatro o domingo 18: Melocotón en almíbar

Teatro Mutis representará a obra "Melocotón en Almíbar", do director Xoán Manuel Fernández. Ás 20:30 h. no Teatro Coliseo Noela. Hai unha obra de Miguel Mihura, clásica xa, que se titula do mesmo xeito e na que supoñemos está baseada a de Teatro Mutis. Adxuntamos un pdf co resumo desta obra que atopamos en El Rincón del Vago e que recomendamos non empregar para traballos de clase, sobre todo pola "azaña" do final, aínda que hai máis "fazañas ortográficas".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: crítica comiqueira de "Baroña ou morte", de Pepe Carreiro

"Este cómic gustoume bastante porque fala da nosa terra e, especialmente, do noso concello, Porto do Son, e ademais porque a maioría dos textos son zzzzzzzz e asi había que ler menos…". Un rapaz demasiado sincero?

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical