GOBERNO DO PARTIDO POPULAR.Ribeira, 15 de abril de 2010. Nas últimas semanas a preocupación dos veciños das parroquias de Ribeira aumentou considerablemente ante as posibles ubicacións da depuradora ou depuradoras EDAR en terreos do noso Concello. Esta situación ven producida polo inadecuado proceder da entidade Augas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, a cal de modo absolutamente improcedente solicitou ao s patróns maiores das cofradías de Aguiño e Ribeira que tomasen unha decisión sobre tal ubicación, segundo o indicado por eles mesmos nas diferentes asembleas informativas. Dende o PSdG-PSOE de Ribeira consideramos que este comportamento situou
ás cofradías e veciños do noso concello nun escenario de posible enfrontamento, que para nada é de recibo. Polo exposto, e pensando nos intereses de toda a cidadanía de Ribeira, consideramos que é o noso alcalde quen debe exercer dunha vez como tal, é posicionarse firmemente instando ás administracións que correspondan, para que dunha vez por todas se poida comezar a execución desta depuradora ou depuradoras EDAR que permitirán neutralizar as advertencias feitas pola Unión Europea, xa que ata o de agora siguense botando directamente augas fecais e industriais ao mar, xa sexa na Ría de Arousa ou na Abra de Aguiño, e na Abra de Corrubedo. Isto supón, entre outros problemas, o risco de que se declare polígono C a toda a área de extracción de gran parte do marisco de Ribeira, A Ínsua, Touro, Airó, Ameixida, Rabuda, e que en consecuencia, os nosos mariscadores teñan que depurar o marisco antes de comercializalo, amén de bateeiros e pescadores, con índices elevados de metais pesados nos especímenes. Gobernar é tomar decisións en prol do ben de toda a veciñanza, e polo tanto compete neste tema tomar unha decisión urxente (baseada en estudos técnicos específicos), única e exclusivamente aos dirixentes do PP a nivel autonómico (Augas de Galicia) e ao concello de Ribeira na parte que lle corresponde.
Igualmente consideramos inaceptable que a entidade Aguas de Galicia, unha vez máis, actue de modo improcedente cando da a coñecer que a depuradora EDAR non se realizará no Castro (Castiñeiras) informando á asocición de veciños, o cal en si mesmo e algo aceptable, pero non o é o feito de que no se lle comunique nin ós patróns maiores anteriormente citados nin ós grupos políticos que representan á cidadanía de Ribeira.
Dende o PSdG-PSOE de Ribeira RECLAMAMOS unha resposta inmediata a
esta problemática apremiante e agobiante
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario