24.7.10

Ribeira: o 30 de xullo preséntase no Ateneo Valle-Inclán un libro sobre turismo e desenvolvemento local

Acompañará a José Antonio Díaz Fernández, ponente e autor do libro, o parlamentario e portavoz do PP no Parlamento Galego, o ribeirense Manuel Ruiz Rivas. O acto é ás nove da noite do venres 30 de xullo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello asina un convenio para colaborar co plan de drogas de Portugal

João Castel-Branco, máxima autoridade europea en materia de drogas, achegouse a Ribeira para subscribir o acordo


Ribeira, 24 de xullo de 2010. O Servizo de Drogodependencias de Ribeira afianzou as  estreitas relacións de cooperación co Instituto da Droga e da Toxicodependência (IDT, I.P), órgano equivalente ao noso Plan Nacional de Drogas, por medio dun convenio subscrito polo alcalde ribeirense, José Luis Torres Colomer, e por João Castel-Branco Goulão, presidente do Conselho Directivo da citada institución, que tamén ostenta o cargo de director do Obradoiro Europeo das Drogas.  

Tamén estiveron no acto Manuel Cardoso, un dos dous vocais con que conta o Conselho Directivo da IDT, I.P e Jesús Cartelle, máximo responsable da UAD de Ribeira. Este acordo de colaboración ten como obxectivo afianzar as canles de colaboración que dende hai dous anos se veñen desenvolvendo entre a Delegación Rexional Norte do IDT,I.P. e o Concello de Ribeira. Ao amparo deste convenio as dúas institucións proseguirán coa realización de actividades docentes, de investigación e prácticas para os profesionais, ademais de colaborar xuntos en aspectos vinculados coas certificacións de calidade. 

O presente convenio terá  unha duración anual, prorrogable automaticamente se non hai disposición en contrario por algunhas das partes.



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Internet: dous referentes da Rede en galego pechan esta fin de semana

Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.

Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.

Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.

Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.

Preguntas:

* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.

* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.

This entry was posted on Saturday, July 24th, 2010 at 8:42 am and is filed under Novas. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Responses are currently closed, but you can trackback from your own site.

O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://Vieiros.com

Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran, simplemente doen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: carta aberta a DANIEL R. CASTELAO, por M.J. Blanco Gey

NO DÍA DA PATRIA GALEGA


CARTA ABERTA A DANIEL R. CASTELAO

Benquerido e sobranceiro rianxeiro:

Diríxome a vostede – agora que  pola infinita misericordia divina goza da presenza de Deus- para que lle pregue pola nosa Terra, porque dende que vivimos en democracia e a pesares de ter  Estatuto Galego  de Autonomía, este país leva unha derrota con rumbo ao abismo – semella que coma Ulises - seguindo cantos de serea.

A situación político-económico-social na que nos atopamos aproxímase moito  á que vostede denunciaba en “Cousas da Vida” co debuxo da vaca pacendo en Galicia e muxida en Madrid, e tamén  con aqueles outros de caciques. Destes estamos moi ben servidos, en cantidade: medraron exponencialmente. En calidade hainos: caciques, cacicóns e caciquiños.


No referente ao da vaca muxida en Madrid heille dicir: Galicia é a maior produtora de enerxia eléctrica de España. Pois ben: as meirandes empresas que a producen teñen a sede fóra de Galicia, e pagan o IVE, o Imposto de Sociedades alí. Para máis aldraxe, unha das máis importantes, en orixe era galega, con sede na Coruña, e decidiu levar a sede a Madrid para ampliar mercados ¿?

O certo é que fan aos ricos máis ricos. Eiquí muxen os nosos ríos e asolagan os nosos vales.


Galicia é a maior produtora de España de carne e leite de vacún, pero as grandes empresas de transformación do leite teñen a razón social fóra, algunhas  despois de ser subvencionadas nun 75% a fondo perdido, e logo vendida a unha corporation americana con altísimos beneficios. Os  nosos gobernantes, coma parvos - algúns deses fan reloxios de madeira - non esixiron a devolución das subvencións. Outras, malvendidas aos franceses…

Autopistas do Atlántico, S. A. - vía de pago por peaxe -: a dona era a Xunta de Galicia,  antes de vendela a unha corporation americana. Se lle é rendible os americanos, non nolo sería a nós?

Seguimos a estar nos derradeiros lugares das autonomías españolas no referido a Ensino, PIB  e Renta per Cápita.


Remato co seu querido Rianxo.  Alí estáse a rematar a construcción  dun polígono industrial, promovido e comercializado por empresas con sede en Madrid.


Para que teña máis efecto a petición diante de Deus, pida que lle acompañe o noso Patrón, o Apóstolo Santiago, o máis sobranceiro galego.

Cos máis afectuosos respetos,

M.J. Blanco Gey

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical