Ribeira, 24 de xullo de 2010. O Servizo de Drogodependencias de Ribeira afianzou as estreitas relacións de cooperación co Instituto da Droga e da Toxicodependência (IDT, I.P), órgano equivalente ao noso Plan Nacional de Drogas, por medio dun convenio subscrito polo alcalde ribeirense, José Luis Torres Colomer, e por João Castel-Branco Goulão, presidente do Conselho Directivo da citada institución, que tamén ostenta o cargo de director do Obradoiro Europeo das Drogas.
Tamén estiveron no acto Manuel Cardoso, un dos dous vocais con que conta o Conselho Directivo da IDT, I.P e Jesús Cartelle, máximo responsable da UAD de Ribeira. Este acordo de colaboración ten como obxectivo afianzar as canles de colaboración que dende hai dous anos se veñen desenvolvendo entre a Delegación Rexional Norte do IDT,I.P. e o Concello de Ribeira. Ao amparo deste convenio as dúas institucións proseguirán coa realización de actividades docentes, de investigación e prácticas para os profesionais, ademais de colaborar xuntos en aspectos vinculados coas certificacións de calidade.
O presente convenio terá unha duración anual, prorrogable automaticamente se non hai disposición en contrario por algunhas das partes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario