Dende hai meses, e por múltiples circunstancias, o mantemento de chuza fíxose cada vez máis complexo para min. Por iso decidín que era o momento de deixar este proxecto e ofrecer a súa xestión a determidadas asociacións e entidades que crin adecuadas para darlle continuidade.
Ninguén puido facerse cargo, polo que decidin que era o momento de poñerlle fin a chuza. E mañá é un día como calquera outro.
Chuza e, nomeadamente, outros medios históricos que desaparecen esta finde, deixan un oco importante niso que chamamos moitas veces rede galega. Pero os ocos están para enchelos. Todo o que queda a partir de agora é mellorar.
Moitas grazas por todos estes anos de colaboración.
Preguntas:
* Porque non me ofreciche chuza a min? Eu queria seguir co proxecto!!
Ben, o traspaso dunha web é algo máis complexo que pasar un contrasinal. Cando decidín que a miña etapa de administrador de chuza remataba, escollín varias organizacións e entidades que consideraba adecuadas para a continuidade e centreime nesas. Pero sempre podes coller o código fonte de chuza ou, case mellor, do menéame orixinal e montar a túa propia rede.* Como vai ser o peche?
Será o 25 de xullo ás 23:59. Apagarase o servidor web. Non haberá arquivo online. No futuro considerarase publicar unha copia da base de datos despois de eliminarlle os datos personais dos usuarios.This entry was posted on Saturday, July 24th, 2010 at 8:42 am and is filed under Novas. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Responses are currently closed, but you can trackback from your own site.
O outro xa pechou hoxe, 24 de xullo. Http://Vieiros.com
Sentímolo. :(
Agardamos que foran semente -sabémolo de seguro- de moitos outros proxectos en galego para Internet. Poderiamos dicir algo sentimental, en plan epitafio de Cunqueiro (mil privameras máis) pero non estamos de humor, e estas cousas non se celebran, simplemente doen.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario