24.1.12

Ajedrez: los de Rianxo se repartieron los puntos con los contrincantes de este fin de semana

Manuel_angel_abun_izqda_vs_man

Resultados de la segunda jornada de la Liga Gallega de Ajedrez 2012
(Primera División Gallega grupo B)

El Distribunosa Xadrez Rianxo obtiene 2 puntos en la visita del Xadrez Gallaecia.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2 ptos) VS “Xadrez Gallaecia”(2 ptos)
Manuel Ángel Abuín Boullón 1-0 Manuel Rodríguez Lama
Sergio Arevalillo Romero 0-1 Gregori Nedobora Karasyk
Alberto Hevia Sieira 0-1 Miguel Ángel Vázquez Alonso
Daniel Martínez Dourado 1-0 Pablo Gómez Segade

Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” se enfrenta al “Club ajedrez Albariño A” Cambados.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Victoria para el “Distribunosa Rianxo B” y empate del “Distribunosa Rianxo C”
“Escola Xadrez Rianxo” (0 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos)
David Hermo 0-1 Néstor Martínez
Marco Bravo 0-1 Xurxo Barcala
Alejandro Penas 0-1 J. Méndez Rial
Javier Moares 0-1 Rubén Martínez
“Gallaecia Stellae” VS (2 ptos) “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos)
Ángel Camba 1-0 Daniel Fernádez
Pedro Figueiras 0-1 Carlos Piña
David Suarez 1-0 J. Benito Cores
Marcos Álvarez 0-1 Luis Cernadas
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” se enfrenta al “Escola USC” y el “DISTRIBUNOSA

Xadrez Rianxo C” y el “Escola Xadrez Rianxo” se enfrentan en Rianxo.

Lugar y fecha: Encuentros Celebrados 2 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012,

Resumen:
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2 ptos) VS “Xadrez Gallaecia”(2 ptos)
“Escola Xadrez Rianxo” (0 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos)
“Gallaecia Stellae” VS (2 ptos) “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a lonxa situouse en 2011 como a quinta galega por volume de peixe descargado

Datos Lonxa de Riveira.rtf Download this file

  • Tras A Coruña, Vigo, Burela e Celeiro
  • Movéronse 22.000 toneladas e facturaron 35 millóns de euros
  • Descenderon as descargas un 21'21% pero compensouse co incremento do prezo das especies comercializadas, que subiron case un 26% con respecto a 2010
Media_httpfarm4static_kihff


Ribeira, 24 de xaneiro de 2012- A portavoz do Equipo de Goberno de Ribeira, Herminia Pouso, deu conta esta mañá dos datos da Lonxa Municipal correspondentes ao exercicio 2011, que foron analizados polos membros do Executivo na reunión semanal dos martes. Un ano máis, a Lonxa figura como a quinta de Galicia en volume de descargas e facturación, tan só por detrás dos grandes portos de A Coruña e Vigo, así como de Burela e Celeiro.  

No porto ribeirense descargáronse un total de 22.065.127 kilos e a facturación alcanzada foi de 35.283.976 euros. Isto supón un descenso dun 21,21% no volume de descargas con respecto á anualidade anterior, mentres que a facturación descendeu un 0,79%. Por contra, o prezo medio foi de 1,60 euros, subindo un 25,98% en relación a 2010. 

Con estes datos na man, Ribeira mantense como a quinta lonxa galega e un referente do sector no que atinxe á pesca de baixura. 

Espectacular subida do polbo en prezo

Cabe destacar como principal especie en descargas a xarda pintada (tamén chamada Cabalón), con 6.800 toneladas e un valor económico de 7 millóns de €. A segunda especie en importancia foi o xurelo, chegando a 5.600 toneladas  e 6,3 millóns de euros, seguida da sardiña (1.700 toneladas e 2,2 millóns de euros) e xarda (1.500 toneladas e 1,7 millóns de euros). En canto aos moluscos, a ameixa e o polbo descenderon significativamente en descargas (40.000 e 30.000 quilos menos, respectivamente): non así no prezo medio do polbo, que permitiu unha facturación de 3 millóns de euros, 1 millón máis ca no ano anterior. 

Recorte do lirio

Entre as causas que orixinaron o descenso global en capturas, Herminia Pouso aludiu en primeiro lugar á redución da cuota do lirio nun 93% que decretara a UE e que mobilizara o ano pasado a flota riveirense e galega. Así, se no 2010 en Ribeira descargáronse 4.971 toneladas por un valor de 5,6 millóns de euros, o ano pasado unicamente se descargaron 679.936 kilos e se facturaron 638.499 euros. Outras causas que explican o descenso foron o esgotamento do TAC de xarda, a redución da cuota de pescada e a prohibición de captura de peixe espada, quenlla e marraxo. 

Outras especies tradicionalmente caracterizadas por contar cunha presenza importante na lonxa tamén rexistraron baixadas notables: a pescada, que de 2.100 toneladas e 3,9 millóns de euros no 2010 descendeu a 1.125 toneladas e 2,3 millóns de euros; o xurel, que pasou de 6.341 toneladas e 6,1 millóns de euros a 5.653 toneladas e, afortunadamente, 6,5 millóns de euros (o prezo medio subiu de 0,97 a 1,17 €) e a xarda, que baixou de 3.493 toneladas e 2,1 millóns de euros ata 1.559 toneladas e 1,7 millóns de euros. 

A voceira do Executivo salientou que se está a ultimar a posta en marcha do Consello Local de Pesca, ao que considerou máis necesario que nunca para salvagardar os intereses dos sectores pesqueiros e marisqueiros que traballan en Ribeira. 

Canceira

Herminia Pouso tamén se referiu aos datos rexistrados pola canceira de Ribeira no 2001 e informou de que o servizo de lacería recolleu un total de 196 cans, dos cales unicamente 25 foron reclamados polos seus donos e outros 46 foron adoptados. 

A edil informou de que o Equipo de Goberno ten intención de sacar a concurso este servizo e está a estudar as cláusulas a incluír no mesmo, aínda que dalgunha maneira se quere outorgar carácter preferencial a aquelas entidades que teñan convenios con sociedades protectoras de animais. 

Ademais, vaise lanzar unha campaña de información e promoción do servizo asistida pola web municipal, onde se habilitará un apartado para dar cumprida información sobre os animais custodiados e os trámites para o seu rescate ou adopción. Outras actuacións previstas polo Concello son o acondicionamento do interior da canceira, a mellora da instalación eléctrica e a sinalización. 

Actuacións canon saneamento

Por último, cabe destacar que o Equipo de Goberno deu o visto bo á unha habilitación de crédito para acometer cinco novas actuacións con cargo ao canon de saneamento cun valor superior aos 260.000 euros: a instalación de pluviais e renovación do saneamento na rúa Celeiráns (Aguiño) por un importe de 58.000 euros; a instalación de pluviais e pavimentación en Cubelo (Carreira, no entorno do colexio de Frións) por 48.000 euros, a renovación de servizos na rúa Alexandre Bóveda (Ribeira, no entorno da Comisaría) por 59.000 euros, a instalación de pluviais e construción de beirarrúas en Pé do Corniño (Carreira), por 43.000 euros; e a instalación de pluviais e renovación do saneamento nun tramo da rúa Mexilloeiro (Corrubedo) por 51.000 euros.  
 
Pode que tamén lle interese:




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: adxudicadas a adquisición da carpa provisional do novo mercado e o derrube do vello

Reunin_praceiros

  • A carpa vai ser colocada en febreiro na Praza de España e o traslado dos praceiros sería en marzo, en datas aproximadas
  • O Concello tamén informou da reunión sobre Educación no Eixo Atlántico que vai ter lugar mañá, 25 de xaneiro, e do peche, por derradeira ocasión, da rúa Cristóbal Colón dende hoxe martes 24


Ribeira, 22 de xaneiro de 2012.- O salón de sesións da Casa Consistorial de Riveira acolleu onte unha reunión entre o concelleiro de Consumo, Vicente Mariño de Bricio, e os vendedores que operan na praza de abastos, para poñer en coñecemento dos mesmos diferentes aspectos relacionados co seu próximo traslado temporal a unha carpa e proceder coa construción do novo mercado municipal.

A este respecto, Mariño de Bricio informou aos praceiros de que xa foi adxudicada con carácter provisional tanto a adquisición da carpa (está prevista a súa instalación en febreiro) como o derrubo do mercado actual. Así e logo, salvo causa imprevista, manteríase mediados de marzo como data para o traslado dos praceiros, unha vez se proceda coa instalación da carpa e o acondicionamento do seu interior.

Constitución en asociación

Outro dos puntos máis relevantes da reunión foi a proposta realizada polo edil de Consumo aos operarios do mercado para que se constitúan nunha asociación, ao entender que este sería o órgano máis adecuado para servir de interlocutor entre os praceiros coas administracións, outras entidades públicas e privadas e a sociedade en xeral. 

Vicente Mariño estivo acompañado dun técnico municipal especialista neste tipo de cuestións (Mario Vidal, da Área de Xuventude), quen lles explicou as vantaxes do asociacionismo e os trámites necesarios para constituírse en asociación. A proposta foi moi ben acollida polos praceiros presentes e non se descarta que en pouco tempo quede formalizada a súa creación. 

Outros aspectos nos que se incidiu durante a xuntanza tiveron que ver coa sinalética da carpa (tanto dentro como nas súas inmediacións), o uso de dispositivos para a compra con tarxeta ou o emprego de uniforme polos vendedores. A este último respecto incluso se chegou a presentar unha proposta de uniforme que recibiu o visto bo dos vendedores.

Peche da rúa Cristóbal Colón para asfaltado

 
O Concello informa de que, unha vez transcorrida a fin de semana, a partir de hoxe, martes 25, pola mañá, queda de novo pechada ao tráfico rodado a rúa Cristóbal Colón co obxecto de estender a segunda capa de aglomerado asfáltico.

Con este labor porase fin ás obras de renovación de servizos e pavimentación plantexadas para esta vía, situada nas inmediacións da igrexa parroquial de Santa Uxía.

Comisión de Educación do Eixo Atlántico

Media_httpfarm4static_ckzya

Un dos municipios que participa é Monforte de Lemos

A casa consistorial será escenario no día da mañá, mércores, dunha reunión da Comisión Delegada de Educación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Con tal motivo desprazaranse ata Ribeira unha vintena de representantes de distintos concellos que forman parte desta entidade, concibida para afianzar as relacións de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. Entre os municipios que confirmaron a súa presenza, figuran A Coruña, Carballo, Monforte, Ribeira, Santiago, Sarria, Vigo, Vilagarcía, Barcelos, Guimaraes, Viana do Castelo, Vila Real, Vila Nova de Famalicao e Matosinhos. O secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, tamén estará presente no encontro xunto con Rita Fidalgo, responsable de Programas e Cooperación.

A comisión será  recibida no salón de plenos da Casa do Concello polo alcalde ás  10.30 horas para, acto seguido, trasladarse á sede do Círculo Mercantil, no que se desenvolverá o encontro para tratar asuntos relacionados coa próxima organización da terceira Mostra Musical do Eixo Atlántico en Vilagarcía.

Despois da reunión farán unha breve visita turística polos lugares máis salientables do municipio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a ANPA do IES Leliadorua presiona á empresa de transporte Ferrín para que mellore o seu servizo

Media_httpfarm4static_pcnwo

As liñas problemáticas son as de Aguiño (na imaxe) e Carreira

Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. No instituto Leliadoura, unha semana despois da entrada en vigor das novas medidas de apertura e peche de portas do centro que afectan especialmente á hora de chegada dos autobuses de transporte escolar das liñas de Aguiño e Carreira (con máis de 100 alumnos/as), e tras comprobar que estes autobuses seguen chegando á mesma hora de sempre (8:35) e deixan ao alumnado fora do recinto aínda que a porta estea pechada, a ANPA do IES Leliadoura comezou a distribución entre as familias do alumnado da seguinte carta, dirixida á empresa de transporte Ferrín, que transcribimos a continuación:


En Ribeira a 20 de xaneiro de 2012

Á ATENCIÓN DA EMPRESA DE TRANSPORTE DO GRUPO FERRÍN:

Moi Sres. meus:
Como pai/nai dun alumno/a do IES Leliadoura quero trasladarlles o meu malestar para co servizo de transporte escolar que a súa empresa presta no centro educativo no que estuda o meu/miña fillo/a, sobre todo desde o pasado día 16 de xaneiro.
Os motivos deste descontento son que os rapaces usuarios das liñas de Aguiño e Aguiño-Carreira teñen que esperar fóra do recinto educativo, xa que os autobuses déixanos alí ás 8:35, cando o horario de apertura do centro para o alumnado da ESO é ás 8:50, tal e como se nos comunicou pola dirección do centro o pasado mes de decembro (notificación na que tamén nos dicían que dito horario lles fora comunicado á súa empresa e á Consellería de Educación). Ademais o alumnado destas liñas ten que coller o autobús ás 8:00 da mañá, unha hora antes do inicio das clases, cando residen en moitos casos a tan só 15 minutos de distancia do instituto.
Esta situación vense repetindo desde fai tempo porque eses autobuses fan logo outros servizos escolares. Non poderían alternar estes servizos para que non fosen sempre os nosos fillos os prexudicados?  
A maiores, moitas veces os rapaces teñen que ir de pé, co perigo que iso supón para súa seguridade. Cumpre isto as normas de tráfico, especialmente as referidas a transporte escolar?

Seguro que vostedes, igual ca nós, queren ter o mellor servizo de transporte posible, polo que lles reclamamos que tomen en consideración as seguintes propostas:
  • Retrasar a hora de chegada ao IES Leliadoura dos autobuses das liñas citadas ata as 8:50.
  • Mirar de alternar os servizos que vostedes prestan para que non sempre teñan que ser os nosos fillos os que collan os buses ás 8:00 da mañá.
  • Non levar rapaces de pé en vehículos que non están preparados para elo.

Esperando que teñan en conta as nosas peticións para a satisfacción de todos, atentamente


Asdo.: ....................................................................................

iesleliadoura.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o martes 7 de febreiro, obradoiro sobre envellecemento activo no Liceo Marítimo

Media_httpfarm5static_fqdap

Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. O vindeiro 7 de febreiro, martes, terá lugar no Liceo Marítimo un obradoiro de saúde sobre "Envellecemento activo: aprendendo a xestionar as emocións, o estrés e a ansiedade".

Vai ser impartido por persoal facultativo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Inscrición gratuíta chamando ao teléfono 981 972513

Entre as metas deste obradoiro está aprender a mellorar a calidade de vida na vellez, ao tempo que se preveñen enfermidades, se manexan as emocións e se xestiona o estrés e a ansiedade. Preténdese que os asistentes adquiran habilidades para adaptarse de xeito óptimo a calquera situación de cambio ou transición vital, a argallar coa xubilación das emocións e co ritmo estresante de vida que tanto se impón hoxe en día.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: "Móllate polos humedais" terá lugar o xoves 2 de febreiro

Cartaz-mllate-polos-humidais-2

Media_httpfarm6static_gfeai

Unha das exóticas invasoras a eliminar é a chamada "herba da Pampa" ou "plumeiros", que curiosamente escollen algunhas empresas de xardinería para chantar nas medianas das autopistas e noutros lugares públicos como este de Porto do Son

Porto do Son, 24 de xaneiro de 2012. O vindeiro xoves, 2 de febreiro, terá lugar o segundo campo de voluntariado ambiental: Móllate polos humidais, que organiza Adega en Porto do Son.

PROGRAMA provisional

09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso

As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro -xoves- poden apuntarse no seguinte enderezo:

Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA)

Correo-e: ramses@adega.info

Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 23 80 50

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical