Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. O vindeiro 7 de febreiro, martes, terá lugar no Liceo Marítimo un obradoiro de saúde sobre "Envellecemento activo: aprendendo a xestionar as emocións, o estrés e a ansiedade". Vai ser impartido por persoal facultativo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Inscrición gratuíta chamando ao teléfono 981 972513Entre as metas deste obradoiro está aprender a mellorar a calidade de vida na vellez, ao tempo que se preveñen enfermidades, se manexan as emocións e se xestiona o estrés e a ansiedade. Preténdese que os asistentes adquiran habilidades para adaptarse de xeito óptimo a calquera situación de cambio ou transición vital, a argallar coa xubilación das emocións e co ritmo estresante de vida que tanto se impón hoxe en día.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario