24.1.12

Ribeira: a ANPA do IES Leliadorua presiona á empresa de transporte Ferrín para que mellore o seu servizo

Media_httpfarm4static_pcnwo

As liñas problemáticas son as de Aguiño (na imaxe) e Carreira

Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. No instituto Leliadoura, unha semana despois da entrada en vigor das novas medidas de apertura e peche de portas do centro que afectan especialmente á hora de chegada dos autobuses de transporte escolar das liñas de Aguiño e Carreira (con máis de 100 alumnos/as), e tras comprobar que estes autobuses seguen chegando á mesma hora de sempre (8:35) e deixan ao alumnado fora do recinto aínda que a porta estea pechada, a ANPA do IES Leliadoura comezou a distribución entre as familias do alumnado da seguinte carta, dirixida á empresa de transporte Ferrín, que transcribimos a continuación:


En Ribeira a 20 de xaneiro de 2012

Á ATENCIÓN DA EMPRESA DE TRANSPORTE DO GRUPO FERRÍN:

Moi Sres. meus:
Como pai/nai dun alumno/a do IES Leliadoura quero trasladarlles o meu malestar para co servizo de transporte escolar que a súa empresa presta no centro educativo no que estuda o meu/miña fillo/a, sobre todo desde o pasado día 16 de xaneiro.
Os motivos deste descontento son que os rapaces usuarios das liñas de Aguiño e Aguiño-Carreira teñen que esperar fóra do recinto educativo, xa que os autobuses déixanos alí ás 8:35, cando o horario de apertura do centro para o alumnado da ESO é ás 8:50, tal e como se nos comunicou pola dirección do centro o pasado mes de decembro (notificación na que tamén nos dicían que dito horario lles fora comunicado á súa empresa e á Consellería de Educación). Ademais o alumnado destas liñas ten que coller o autobús ás 8:00 da mañá, unha hora antes do inicio das clases, cando residen en moitos casos a tan só 15 minutos de distancia do instituto.
Esta situación vense repetindo desde fai tempo porque eses autobuses fan logo outros servizos escolares. Non poderían alternar estes servizos para que non fosen sempre os nosos fillos os prexudicados?  
A maiores, moitas veces os rapaces teñen que ir de pé, co perigo que iso supón para súa seguridade. Cumpre isto as normas de tráfico, especialmente as referidas a transporte escolar?

Seguro que vostedes, igual ca nós, queren ter o mellor servizo de transporte posible, polo que lles reclamamos que tomen en consideración as seguintes propostas:
  • Retrasar a hora de chegada ao IES Leliadoura dos autobuses das liñas citadas ata as 8:50.
  • Mirar de alternar os servizos que vostedes prestan para que non sempre teñan que ser os nosos fillos os que collan os buses ás 8:00 da mañá.
  • Non levar rapaces de pé en vehículos que non están preparados para elo.

Esperando que teñan en conta as nosas peticións para a satisfacción de todos, atentamente


Asdo.: ....................................................................................

iesleliadoura.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical