11.12.09

Fotografía: disque só en Ribeira

Outra foto do bar Plaza!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura galega: o ilustrado Feijóo, a fondo na Biblioteca Virtual Cervantes

http://farm3.static.flickr.com/2675/4176658495_5cb07dc5fd.jpg http://farm5.static.flickr.com/4002/4177413158_c64d51479f.jpg

Xa non hai escura para non informarse sobre este persoeiro! En castelán, polo de agora.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng insta a potenciar e comprometerse co sector comercial local

O BNG de Rianxo pide mollarse co sector comercial rianxeiro para botar a andar iniciativas conxuntas

Pedirá explicacións ao Alcalde polo acontecido coa suspensión da Feira de Oportunidades de Rianxo diante das críticas recibidas desde a patronal do comercio

O BNG de Rianxo quere coñecer de primeira man as razóns do Alcalde para negarse a abandeirar esta iniciativa que en agosto pasado contou con arredor de 7.500 visitantes. Nunha época de crise coa actual, cos problemas que arrastra o comercio polo miúdo no noso Concello, pensamos desde o BNG de difícil explicación virarse de costas ás demandas do empresariado local cando é preciso bogar todos nunha mesma dirección.

O BNG ven reclamando medidas de apoio ao sector para estimular as vendas, tanto do comercio local como dos vendedores da praza de abastos, encontrándose sempre coas excusas do PSOE botando balóns fóra e que traslucen  unha completa falta de ideas e ilusión para mellorar a situación actual do sector. Se aínda se está en tempo de minimizar as perdas e apoiar esta inicitiva que se rectifique ou se propoñan alternativas.

A propia Asociación de Empresarios de Rianxo  (ARE) expresou o seu malestar co executivo local e sinalou contiosas perdas económicas, e unha falta de aclaración convincente dos motivos polos que se suspendeu esta iniciativa.

O BNG de Rianxo cre necesario convocar en Rianxo un Consello Sectorial de Desenvolvemento Local, a modo de foro de participación de entidades socias e con especial fincapé  nas áreas de comercio e turismo, aberta ao sector comercial local para impulsar un Plan Local de potenciación do comercio polo miúdo e estabalecer liñas conxuntas de actuación e de acceso aos recursos financieiros, formativos e tecnolóxicos das distintas administracións. Os sectores productivos de Rianxo deben ser escoitados.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lousame: cinema de Nadal en Camboño

Este Nadal, a Asociación de Veciños “A Gorgosa” coa colaboración da Comunidade de Montes, e o apoio da Axencia Auidiovisual Galega da Xunta de Galiza, desde o programa Cinemas Dixitais, organizan a proxección dunha serie de curtametraxes durante as vacacións de Nadal, os días 22, 23,  25, 26, 27, 28, 29 e 30 ás 6 da tarde no Local Social  da Parroquia, para todos os públicos, aínda que enfocados especialmente para nenos e nenas.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medios: alguén tiña que dicilo

aconseja a los medios digitales especializarse, contextualizar las noticias con enlaces a otras piezas relacionadas y "dejar de lloriquear".

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: é posible facer cine de calidade nun instituto?

Xulguen vostedes mesmos.

Toda a información en http://certo.es/index.php?page=mar

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: mercarán unha antiga salgadeira para transformala en museo etnográfico do mar


O BNG da Comarca de Muros e Noia quere manifestar a súa satisfacción polo acordo alcanzado no Senado por parte do representante do BNG, Xosé M. Pérez Bouza, e outros partidos políticos polo que se aproban dúas enmendas aos Orzamentos Xerais do Estado que servirán para realizar dúas actuacións na nosa comarca.  

As enmendas foran presentadas polo senador do BNG á iniciativa da comarca de Muros e Noia e refírense a dúas iniciativas, unha no Concello de Porto do Son e outro no de Muros. 

  • A primeira das enmendas consiste nun convenio entre o Ministerio de Cultura e o Concello de Porto do Son para a adquisición dunha antigua fábrica de salazón situado no casco urbano de Porto do Son, para a súa conversión en Museo do Mar e Etnográfico. A partida económica para esta actuación será de 500.000 €.

  • A segunda das enmendas consiste nun convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente e o Concello de Muros para a construción/reparación dun paseo maritimo en Esteiro. Neste caso a partida económica ascende a 1.000.000 €.
 
Con estas actuacións impúlsanse proxectos que poñen en valor o patrimonio cultural e paisaxístico da nosa Comarca e que serven para xerar riqueza e emprego. 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a nova comisaría entrará en funcionamento no primeiro trimestre de 2010

De esquerda a dereita na fotografía, Amancio Losada, José Luis Torres, Francisco Sieira, José Antonio Brandariz e Reinaldo Núñez


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: novo relato de Susana Moo, "A viúva"

Que pensa esta viúva sacada do maxín de Moo ao pé do seu marido de corpo presente?

http://certo.es/index.php?page=a_viuva

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura galega: algo cheira a podre no affaire da casa de Castelao en Rianxo

Canto máis sabemos desta lea menos nos gusta o que se move arredor de certas historias da "cultura galega". É Castelao o intelectual máis manipulado da Historia de Galicia? Coidamos, con tristura, que si.

http://certo.es/index.php?page=casa_de_castelao_bic

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: son as nécoras os máis valentes animais da ría de Arousa?

Antes foi o choco, logo as ameixas, e agora as nécoras. A webserie "Mar por dentro" que realizan os rapaces de Axena en colaboración co bitacoreiro de pro Manuel Gago (o autor da imprescindible Capítulo 0) vai percorrendo eses bechiños que nos levamos á boca, sobre todo nesta época. Pero cando aínda están vivos, claro.
Foi gravada ata agora en boa parte entre Palmeira, Couso, Carreiro en Aguiño e Calduario na Pobra.

Esta é unha mostra máis de que, con poucos medios e orzamento, pero con ideas e moito entusiasmo, se poden facer bos produtos audiovisuais e divulgar o coñecemento do noso.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: calidade non sabemos, pero cantidade debería estar asegurada

Visto en Lisboa.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical