via manuelgago.org
Antes foi o choco, logo as ameixas, e agora as nécoras. A webserie "Mar por dentro" que realizan os rapaces de Axena en colaboración co bitacoreiro de pro Manuel Gago (o autor da imprescindible Capítulo 0) vai percorrendo eses bechiños que nos levamos á boca, sobre todo nesta época. Pero cando aínda están vivos, claro.
Foi gravada ata agora en boa parte entre Palmeira, Couso, Carreiro en Aguiño e Calduario na Pobra.
Esta é unha mostra máis de que, con poucos medios e orzamento, pero con ideas e moito entusiasmo, se poden facer bos produtos audiovisuais e divulgar o coñecemento do noso.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario