Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
16.3.12
Cinema: o boirense Toño Chouza gañou o primeiro premio na categoría de Microfilms do Festival Europeu de Curtmetratges de Cambrils
Porto do Son: a XII edición da Confraternidade de Maiores, con misa e xantar, será o 1 de maio
Pode que tamén lle interese:
- Semana Santa 2012: programación prevista
- San Pedro de Muro: este sábado 17 de marzo convidan ao Revolto de Bosque á Galega
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: máis dun cento de rapaces e veciños ollaron unha exhibición de breakdance
- Tivo lugar na pista multideporte "Irmáns Parada Alvite"
Ribeira, 16 de marzo de 2012.- Máis dun cento de persoas, principalmente alumnos do Colexio Galaxia pero tamén viandantes e curiosos que quixeron disfrutar da actuación, asistiron esta mañá á exhibición de breakdance que, a instancias da Concellería de Xuventude, tivo lugar na Pista Multideporte “Irmáns Parada Alvite”, en Abesadas. O instrutor Ramón Gey e dous dos seus alumnos pertencentes á asociación Vella Escola deleitaron ao público coas súas acrobacias ao son da música e entre as ovacións dos congregados.Esta acción tivo por obxecto fomentar, por unha parte, o uso e disfrute entre a xuventude das instalacións públicas municipais e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.
Added new POI: Centro de Interpretación de los Ecosistemas Litorales de Galicia (CIELGA)- Casa da Costa, Riveira
— Wikitude.me (@wikitude_me) March 15, 2012
Foteiros de Barbanza! Este certame pode interesarvos: omixboiro.blogspot.com/2012/03/certam… Premios "decentes" (non coma outros, onde se rin dos presentados)
— Certo (@Certo) March 15, 2012
"E de que rasa é? Jalleja!". youtu.be/qBZw_RnKbgQ SonCine tráenos outro documento abraiante. Porto do Son, Calvelle
— Certo (@Certo) March 15, 2012
scqstreetart.blogaliza.org/2012/03/14/tam… Tamén hai que mirar tras os muros de Compostela... vía @mediapinta
— Certo (@Certo) March 14, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo: programación cultural deste mes de marzo
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Natureza: ADEGA, FEG e a SGHN piden a suspensión da tempada de pesca pola gran seca actual
- Advirten dos riscos de que a explotación dos ríos dende este domingo cause graves danos na poboación piscícola e nos ecosistemas fluviais
- Acusan á Xunta de pasividade e de "pechar os ollos á realidade"
Barbanza e Noia, 17 de marzo de 2012. Este domingo 18 de marzo está previsto o inicio da tempada de pesca segundo o establecido na orde do 28 de decembro de 2011, pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais de Galicia durante a tempada 2012 (DOG nº 12 do 18/01/2012 e corrección de erros DOG nº 33 do 16/02/2012).
A información subministrada polos distintos organismos con competencias en materia de augas (Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil e Confederación do Cantábrico) coinciden en sinalar que estamos en mínimos históricos para o presente mes con respecto aos caudais da maioría dos ríos galegos. Esta situación é derivada dun período con precipitacións por baixo da media dende a primavera de 2011, o que segundo datos da propia Meteo Galicia sitúanos nunha situación de seca.
En Adega teñen un programa chamado "Custodia fluvial" que vela polos recursos dos ríos
Segundo estas tres entidades, "os efectos desta seca sobre os ecosistemas acuáticos e as especies piscícolas (que se atopan nunha situación de estrés) verase incrementado coa pesca, o que pode comprometer o futuro de moitas poboacións da fauna e flora ligadas aos nosos ríos nun escenario de afluencia masiva de pescadores (comezo de tempada) e reducido espazo para a vida acuática (caudais baixos). A isto temos que engadir que pescar nesta situación de seca pode comprometer o reclutamento (as incorporacións de novos peixes) de moitas das especies piscícolas, especialmente os salmónidos (troita, reo e salmón), pola maior captura de reprodutores e destrucción de zonas de reproducción (frezadoiros)".
As asociacións conservacionistas consideran que ante esta situación "o goberno galego está a facer ouvidos xordos ás distintas voces que recomendan o retraso do comezo da tempada de pesca e negando a realidade meteorolóxica. Por esta deixadez de funcións ADEGA, a FEG (18 organizacións) e a SGHN instamos á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que reconsidere a súa decisión de continuar con normalidade a tempada de pesca e paralice o seu desenvolvemento até que se podan restablecer os caudais medios dos nosos ríos. Todo o contrario suporá poñer en risco os nosos ecosistemas fluviais e hipotecar o futuro da pesca en Galicia".
Asinan: ADEGA, FEG (integrada por ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suido, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, G.N. Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale) e a SGHN.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: este sábado 17, primeiro acto de Boiroverde e V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro"
Boiro, 16 de marzo de 2012. Boiroverde comeza este sábado 17 coa súa xeira de actos de sensibilización da cidadanía de cara ao medio ambiente. Na rúa peonil, dende as 12 do mediodía haberá actividades de reciclaxe.
Este cartel envíarase aos Colexios do Concello de Boiro twitter.com/Boiroverde/sta…
— Boiroverde (@Boiroverde) March 16, 2012
Por outra banda, e xa en Cabo de Cruz, vai ter lugar a V Bandeira de Bateis "Concello de Boiro". Competirán sobre 70 equipos que arrexuntarán a uns 300 regatistas. Non sabemos que pasará, pero de cumprirse os pronósticos, o club anfitrión, o de Remo de Cabo de Cruz, pode que sexa de novo o gañador -logo de levarse as catro anteriores-. As probas comezan ás 16:15 e supoñen a oitava da liguiña previa do Campionato Galego, que se vai celebrar en abril.
Escarabote (Boiro) espera a centos de persoas para a estréa do #PanoramaMagicTour. E además con Philadelphia e Aché!#afestasigue
— Galicia en festas (@galiciaenfestas) March 16, 2012
Boiro: charla sobre "A muller na ciencia" este venres 16 de marzo en Aturuxo post.ly/5xw6R vía @Certo Falarán de Hypatia, mínimo!
— Certo (@Certo) March 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia