16.3.12

Ribeira: máis dun cento de rapaces e veciños ollaron unha exhibición de breakdance

  •  Tivo lugar na pista multideporte "Irmáns Parada Alvite"

Ribeira, 16 de marzo de 2012.- Máis dun cento de persoas, principalmente alumnos do Colexio Galaxia pero tamén viandantes e curiosos que quixeron disfrutar da actuación, asistiron esta mañá á exhibición de breakdance que, a instancias da Concellería de Xuventude, tivo lugar na Pista Multideporte “Irmáns Parada Alvite”, en Abesadas.

O instrutor Ramón Gey e dous dos seus alumnos pertencentes á asociación Vella Escola deleitaron ao público coas súas acrobacias ao son da música e entre as ovacións dos congregados.

Esta acción tivo por obxecto fomentar, por unha parte, o uso e disfrute entre a xuventude das instalacións públicas municipais e, por outra, achegar a disciplina do breakdance aos máis novos, promovendo os seus moitos beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas das persoas.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical