4.2.12

Outes: o sábado 11 de febreiro inaugúrase o Muíño Grabiel, de máis de dous séculos e medio

Placa_muio

Outes, 4 de febreiro de 2012. O vindeiror sábado 11 de febreiro, ás 12 da mañá, a asociación Terra de Outes vai levar a cabo a inauguración do Muíño Grabiel, cuxa restauración levou a cabo coa axuda da Deputación da Coruña.


No acto, que terá lugar no Río de Outes, onde está ubicado o muíño, intervirán Manuel Ruíz, deputado provincial, Carlos L. Crespo, alcalde de Outes e Xoán X. Mariño, presidente da sobredita asociación.

Na imaxe que acompaña esta información vese o remate dos traballos de rehabilitación e aparecen nela membros da asociación Terra de Outes: Xesús Mato, Xoán Mariño (ambos á esquerda da foto) e Xosé Manuel Vázquez (dereita), xunto con Rafael Fontenlos (2º pola dereita), responsable dos traballos de rehabilitación do muíño e Manuel Vidal (abaixo), veciño de quen partíu a iniciativa de recuperación deste elemento patrimonial con máis de 250 anos de antiguidade.

Empanadas feitas coa fariña moída no mesmo Grabiel

Para celebrar o acontecemento, a ACC Terra de Outes convida aos asistentes a saborear as empanadas elaboradas coa fariña deste muíño, cuxa degustación estará animada por un grupo de cantareiras de Outes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: sabotearon por sexto ano consecutivo a caza do raposo en Lousame, Noia, Ames, Padrón, Brión e Rois

Barbanza-Noia, 4 de febreiro de 2012. Activistas da Fundación Equanimal sabotearon esta mañá por sexto año consecutivo o Campionato de España de Caza de Rapososque tivo lugar desta volta nos montes da contorna de Rois, Lousame, Brión, Padrón, Ames e Noia.
Todos os anos os cazadores, explican dende esta fundación, "amosan a súa hostilidadesobre quen defendemos aos animais e incluso a cámaras de TV. Durante a xornada de  hoxe houbo novamente tensión nos montes galegos: os cazadores intentaron obstaculizar o traballo dos activistas de Equanimal e mesmo pincharon as rodas dos coches a variosdeles. Solicitaron, asemade, a membros da Garda Civil que realizaran identificacións e rexistros  indiscriminados, que nos pararan os vehículos e mesmo nos intimidasen". Os cazadores, explican, "esforzáronse especialmente en ocultar toda a información relativa ao campionato: indicaron unha data falsa na súa web e tampouco especificaron  en que lugar se concentrarían antes e despois da cacería". Malia todo, activistas chegadosde todos os puntos do estado salvaron a algúns raposos das balas dos cazadores. O obxectivode Equanimal é salvar o maior número de vidas posibles e reivindicar a abolición da caza, así como o cese de apoios das institucións como a Xunta e do fomento que se pretende na novalei de caza entre os menores. "Para construir un mundo respetuoso e sen violencia temos que rexeitar prácticas como aa caza, pois perpetúan valores de indiferenza e desprezo co padecemento de outros individuos e que provocan a morte e sufrimento de millóns de animais. Debemos educar ás vindeiras xeracións no respeto, con independencia da súaraza, sexo ou especie á que pertenzan", rematan os de Equanimal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Francisco Sánchez Fraga presentou o libro "Santa María del Cabo de Corrubedo"

Ribeira, 4 de febreiro de 2012.- A presentación do libro “Santa María del Cabo de Corrubedo (coto del mismo nombre)” congregou na noite de onte na Casa do Mar da parroquia a máis dun cento de veciños que non se quixeron perder un acto que contou coa presenza do autor da obra, Francisco Sánchez Fraga, co deputado provincial Santiago Freire, co alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e co senador e ex-alcalde José Luis Torres Colomer. 

Editado pola Deputación Provincial de A Coruña, o libro traza a través das súas 210 páxinas ilustradas con máis de 350 fotografías unha completa radiografía do cabo e o pobo de Corrubedo. Segundo manifestou Francisco Sánchez Fraga, esta publicación “es ante todo la expresión máxima de mi cariño por Corrubedo y del respeto por sus gentes, entre las que tengo familiares y amigos”. En especial, salientou a colaboración recibida de Fernando Vilariño, quen lle fixo partícipe das investigacións particulares que el levara a cabo, e do finado Francisco do Ranco, home que con 95 anos lle relatara numerosos detalles do modo de vida das xentes do pobo na época da súa xuventude. 

Santiago Freire quixo felicitar a Francisco Sánchez por este gran traballo, mentres que Manuel Ruiz Rivas puxo de manifesto a grande importancia que teñen publicacións como esta para que non caia no esquecemento a longa historia de Corrubedo e do municipio riveirense en xeral. “É importantísimo recordar o que fixeron por nós os nosos antergos”, dixo. 

Dende o ano 919

O autor, profesional na reserva do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Guardia Civil, relata a historia de Corrubedo dende o primeiro dato coñecido no ano 919, no que aparece como señorío dependente do mosteiro de San Paio de Compostela, e vaise demorando ao longo de 45.000 palabras en distintos aspectos ligados coa localidade, como as súas lendas, a vida e costumes dos habitantes do pobo (incidindo en cuestións diversas como as súas actividades cotiás, os seus alcumes, as súas casas ou as súas marcas de pesca), a beleza das súas paisaxes e os seus naufraxios. 

Naufraxios

A este último respecto, Sánchez Fraga cataloga ata 150 incidentes marítimos graves nas súas costas, que causaron a perda de máis dun centenar de buques e centenares de mortos. Entre eles, o autor destacou onte os tráxicos naufraxios do Captain (afundido en 1870, 472 mortos e 18 sobreviventes), o Dom Pedro (afundido en 1895, 89 mortos e 39 sobreviventes, algúns deles rescatados por dornas de Corrubedo) e o Salier (afundido en 1896, 281 mortos, ningún sobrevivente). 

Valentín Paz Andrade, homenaxeado este ano nas Letras Galegas

A publicación remata plasmando o reflexo de Corrubedo na literatura por medio da pluma de autores como Bouza Brey, Ramón Cabanillas, Castelao, Antón Zapata, Gerardo Diego, José María Castroviejo ou Valentín Paz Andrade. “Todos ellos se acordaron de Corrubedo en sus obras, generalmente con admiración y respetuoso temor por su salvaje naturaleza”, resaltou.

Antes, en Certo:


Ribeira: o festival de murgas e comparsas repartirá 6.000 euros en premios o martes de Entroido. Bases!





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Literatura: convocado o certame "Cartas de amor" de Radio Fene

  • Prazo ata o 14 de febreiro para presentarse
  • Tamén valen cartas de desamor e abandono
Media_httpfarm8static_pdzkj

Barbanza-Noia, 3 de febreiro de 2012. Disque "Veinte poemas de amor y una canción desesperada" de Pablo Neruda é o libro de poesía máis vendido do mundo. Iso fala do éxito literario dunha temática inagotable como o amor. Das variadas e múltiples perspectivas de abordar o asunto poden falar os convocantes do certame de cartas de amor de Radio Fene. A iniciativa cumpre 13 anos e xira dende o dia da Candeloria -2 de febreiro, cando casan os paxariños- e o San Valentín, 14 de febreiro, dia dos namorados.

Tamén cabe o desamor


A persoa que resulte gañadora do certame recibirá como premio unha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón. Poderá gozar do galardón nun cuarto doble ou en dous individuais. Faise esa precisión porque en varios dos certames preséntaronse cartas de desamor, algunha moi desgarrada pero cunha indudable calidade literaria. Varios anos os gañadores non puideron gozar co premio. Un ano porque a persoa gañadora narraba a historia dun abandono, noutra ocasión foi unha rapaza menor de idade e o 2010 un xornalista en paro que non tivo medios para achegarse a Ferrol.


As persoas que desexen participar poden enviar unha carta de amor en lingua galega antes do 11 de febreiro, e baixo plica,  ao enderezo: Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene (A Coruña). Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu

O próximo 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados, saberase o gañador desta cita que conta entre os premiados con autores como Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez,  Pablo Jablonski, Jorge Melero e Oscar Calvo. Polo xurado pasaron entroutos escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López Teijeiro, Xosé Leira, Rosa Aneiros, Dulce López Rivera e a bibliotecaria Sonia Iglesias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical