13.9.11

Outes: polémica pola celebración das festas parroquiais de Entíns, que son este sábado 17 e domingo 18

  • A asociación de veciños de Entíns e Tarás denuncia que persoas "totalmente alleas á comisión de Festas, aproveitándose da boa vontade e xenerosidade dos veciños de Outes, recadaron cartos enganando aos veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio"


O sábado haberá inchables para os máis pequenos

Outes, 13 de setembro de 2011. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T., con domicilio en  Outes, "lamenta profundamente a situación xerada arredor das festas na parroquia de Santa María de Entíns e rexeita publicamente o modo de proceder de persoas totalmente alleas á nosa asociación e á Comisión de Festas de Entíns que, aproveitándose da boa vontade e da xenerosidade dos veciños do concello de Outes, recadaron cartos enganando ós veciños, co fin de facer unha festa para o seu propio beneficio, que nada ten que ver coas festas da parroquia".

Segundo explican en nota de prensa, "ao parecer, estas persoas, non estaban de acordo co lugar elixido pola comisión de festas para a celebración da verbena do sábado día 17 de setembro, pois o lugar elixido era na zona do Conchido. Unha destas persoas quería levar o palco da orquestra para diante do seu local de copas situado na rúa Agro das Mozas, a escasos 50 metros do lugar previsto pola comisión, decisión que desatou o seu malestar e razón pola cal comezou a recadar diñeiro entre veciños e locais comerciais de Outes, Noia e Esteiro para organizar a súa propia festa no mesmo día".

A polémica xurdiu cando a comisión de festas de Entíns se decata, por medio de numerosos afectados que colaboraron con estes individuos, que o argumentado para recadar estes cartos é que serán empregados para celebrar as festas de Entíns, cousa totalmente falsa, pois as festas de Entíns son organizadas pola comisión de festas vinculada á asociación veciñal da parroquia.

"Estes feitos foron negados polo responsable desta idea quen, finalmente, non conseguiu os permisos pertinentes para cortar a rúa e instalar o palco, motivo polo cal se viu obrigado a cambiar o lugar de celebración da súa festa, a cal foi traslada ó Karting Ayrton Senna. Dende a nosa asociación consideramos que os donos do Karting non eran sabedores de toda esta maraña de mentiras cando lle aceptaron ó señor D.L.V. a cesión do lugar para celebrar esta festa polo que consideramos que non son responsables destes feitos e foron utilizados igual que as persoas que deron os cartos", explican dende a asociación veciñal.

Moitos locais comerciais e profesionais que aportaron sumas de diñeiro a esta xente "estase a atopar coa sorpresa de que a súa publicidade non sae no cartel das festas, e ó preguntar a membros da nosa asociación polos motivos, estanse a dar conta do engano. A directiva da Asociación de Veciños de Entíns e Tarás A.V.E.T. pide desculpas a todos os afectados pola manipulación indebida que se fixo ó utilizar o nome da nosa parroquia para beneficio dun particular. Entendemos que é especialmente lamentable que alguén se aprobeite así dos veciños en tempos de crise, nos que todos valoramos máis o pouco que se poida contribuír para organizar un acto festivo destas características. Asemade, queremos agradecer a todos os veciños que colaboraron con nós para organizar estas festas a súa xenerosidade e ós membros da comisión de festas de Entíns a súa labor", láianse.

"Aproveitamos para convidar a todos os veciños de Outes e dos concellos de arredor, que se acheguen a celebrar, con nós as festas en honor á Virxe das Dolores e a San Roque. A festa organizarase diante do Campo Municipal do Conchido co seguinte programa:

SÁBADO 17:

Teremos un parque infantil e inchables para os máis cativos.

Tamén haberá, durante a tarde, xogos populares e degustación de tortillas....

Non faltedes ó  partido de fútbol 7 de solteiras contra casadas.

Pola noite agárdanos unha gran verbena amenizada por: 
TRIO ECLIPSE

GRUPO DE ROCK CAMPIN HUSH

Teremos rosca e queimada para todos, así aguantaremos mellor a noite. 

DOMINGO 18:

A partir das 10.00 h. dianas a cargo do grupo de gaitas Rumbia e 
á 13.00 h. misa solemne cantada polo Coro de Entíns na honra da Virxe das Dolores.

Arrechégate a Entís!"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o vindeiro luns, 19 de setembro, organizan un obradoiro sobre hábitos de vida saudable

  • No Liceo Marítimo, durante catro horas (16:30 a 20:30)
  • Impárteno unha médica nutricionista e un licenciado de Inef


Ribeira, 13 de setembro de 2011. O vindeiro luns, 19 de setembro, nos locais do Liceo Marítimo, terá lugar un obradoiro sobre hábitos de vida saudable dende a infancia ata a idade adulta. Son catro horas (de 16:30 a 20:30, é de balde e está aberto a todo o mundo.

Ficha do obradoiro (en castelán)

ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS 

1.- TÍTULO DA ACTIVIDADE DOCENTE

Título de la actividad docente 

HÁBITOS DE VIDA SALUDABLES DESDE LA INFANCIA A LA EDAD ADULTA 
 

2. OBXECTIVOS:

Objetivos 

    • Concienciar a la población de la importancia de practicar hábitos saludables y mejorar la calidad de vida contribuyendo a la prevención de enfermedades.
    • Adquirir habilidades para el autocuidado de la salud.

3.- CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO (a quen vai dirixida a oferta)

Características del alumnado (a quién va dirigida la oferta) 

  • PACIENTES, FAMILIARES, CIUDADANIA EN  GENERAL
  •   FAMILIAS DEL CONCELLO DE RIBEIRA

4 - PROGRAMA DOCENTE (contidos e axenda)

Programa docente (contenidos y agenda)  

16.30 horas-18.30 horas 

  • Dña. Ana Martinez Lorente-

Papel de los hábitos alimentarios en el crecimiento y desarrollo; en la salud y en la prevención de la enfermedad.

Recomendaciones para una alimentación saludable en la infancia y en la adolescencia.

18.30 horas-20.30 horas 

  • Orlando Blanco Iglesias

Papel de la Actividad Física en el desarrollo corporal y en la Salud.

Recomendaciones actuales de actividad física en la infancia y la adolescencia.
 

5.- LISTAXE DE PROFESORADO

  • Dña. Ana Martinez Lorente- Técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

    Licenciada en Medicina

    Diplomada en Nutrición Aplicada

    Experto Universitario en Nutrición Pediátrica.  

  • D. Orlando Blanco Iglesias. Técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade.

    Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

    Maestro Especialista en Educación Física

    Diplomado en Fisioterapia 
     

6- PROGRAMADOR 

  • Dña Ana Maria Martinez Lorente- Médico Especialista en Nutrición del departamento de Estilos de vida de la Conselleria de Sanidad

 

8- Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES (máximo 30 persoas)

Nº  de horas da actividade formativa (máximo 4 horas)


10.- PROPOSTA DE DATAS E LUGARES DE CELEBRACIÓN DE DIVERSAS EDICIÓNS

Propuesta de fechas y lugares de celebración de diversas ediciones 

    Lugar de celebración 

    • LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA 

11.- PROPOSTA DE HORARIO DE CLASES

Propuesta de horario de clases 

    • 19 de SEPTIEMBRE  de 16.30-20.30 HORAS

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: e ti, como pensas que será esta bisbarra no 2061?

  • Convocan un concurso escolar de carácter comarcal destinado a escolares de Infantil, Primaria e Secundaria de Rianxo, A Pobra, Boiro e Ribeira. O prazo para presentarse remata o 24 de outubro
  • Os premios son dúas viaxes de grupo -a Valencia e a Madrid- e unha macro-festa nun cámping
  • Convoca o recén constituído Club Exxpopress, colectivo de xornalistas apadriñado este verán pasado por José María Íñigo. Integrantes deste club soterrarán unha "cápsula do tempo" o 11 do 11 de 2011 ás 11:11 horas na praza de España de Ribeira cos traballos premiados. Contan con que alguén a abra -eles mesmos dubidámolo- en 2061.

Barbanza, martes 13 de setembro de 2011. O Club Exxpopress acaba de convocar o CONCURSO ESCOLAR COMARCAL “BARBANZA-2061”, destinado a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da comarca de Barbanza (Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo). É a primeira vez que se celebra nesta comarca un certamen de carácter comarcal e para todas as categorías. O certamen está patrocinado por un grupo empresarial e conta coa colaboración dos Concellos de Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo, así como dun cámping rural e unha axencia de viaxes. Os traballos gañadores do certamen serán introducidos (sempre que as súas características e tamaño o permitan) na CÁPSULA DO TEMPO que o Club Exxpopress soterrará o día 11 de Novembro de 2011 ás 11.11 horas na Praza de España de Ribeira e que será aberta en 2061.

BASES

Os alumnos de Educación Infantil deberán realizar conxuntamente (por aulas) un mural baixo a temática: “Como imaxinas o mundo en 2061?”. Na parte posterior deben figurar os nomes e apelidos dos autores, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. O tamaño e as características dos murais quedan a libre criterio dos participantes.

Os alumnos de Educación Primaria deberán realizar por grupos (como máximo de catro alumnos) a portada dun xornal no que reflictan as noticias que, segundo imaxinan, poderían selo dentro de 50 anos. Na parte posterior deben figurar os nomes e apelidos dos autores, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. O tamaño e as características dos traballos quedan a libre criterio dos participantes.

Os alumnos de Educación Secundaria deberán realizar, por grupos (como máximo de cinco alumnos) un traballo audiovisual (por exemplo, un corto, unha coreografía, un anuncio, unha representación teatral, unha performance, etc.). Os traballos deberán ser inéditos e estar protagonizados e realizados polos alumnos. Deberán presentarse en formato MPG e non poderán exceder os 3 minutos de duración. A temática será “Como imaxinas o mundo en 2061?”. Os traballos deberán acompañarse dunha ficha técnica na que se informe do tipo de participación de cada alumno nos mesmos, facendo constar os seus nomes e apelidos, así como o curso, a aula e o centro educativo ó que pertencen. Os traballos presentados nesta categoría serán incluidos na programación do festival audiovisual Acción do Concello de Boiro.

PRAZOS E FALLOS

Os alumnos das tres categorías disporán ata o día 24 de outubro de 2011 ás 15.00 horas para entregar os traballos nos seguintes centros, nos que serán expostos os das categorías de Infantil e Primaria para a súa valoración polos respectivos xurados:

En Ribeira: Auditorio.

Na Pobra: Casa da Cultura

En Boiro: Casa da Cultura

En Rianxo: Auditorio.

Os traballos da categoría de Secundaria deberán entregarse tamén en ditos centros, dentro dun sobre no que se incluirán os datos dos autores. A partir dese momento, os membros dos xurados das categorías de Infantil e Primaria disporán do 26 ó 31 de outubro para valorar os traballos.

O xurado das categorías de Infantil e Primaria está formado por tres representantes de cada un dos catro concellos participantes (Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo). Os 12 membros do xurado visitarán os traballos expostos nos seus respectivos concellos os días que acorden e seleccionarán tres obras na categoría de Educación Infantil e outras tres obras na categoría de Educación Primaria, retirando da exposición as obras seleccionadas.

Posteriormente, os 12 membros do xurado reuniranse en data a fixar entre os días 2 e 5 de novembro (presentando todos os traballos seleccionados) para votar e emitir o fallo conxuntamente.

Os traballos que se presenten ó concurso na categoría de Educación Secundaria serán incluidos na programación do festival audiovisual Acción, organizado polo Concello de Boiro, exercendo como xurado as persoas que sexan designadas no seu momento a tal efecto por parte da organización de dito festival e por parte do Club Exxpopress. Este xurado emitirá o seu fallo o día 5 de novembro, data na que se entregará o premio nesta categoría.

A decisión dos xurados das categorías de Infantil e Primaria farase pública mediante comunicado de prensa o día 7 de novembro.

A entrega dos premios de Infantil e Primaria terá lugar o día 8 de novembro nos centros correspondentes. Os traballos gañadores serán introducidos (sempre que o seu tamaño e características o permitan) na Cápsula do Tempo que o Club Exxpopress soterrará o día 11 de novembro de 2011 ás 11.11 horas na Praza de España, en Ribeira.

PREMIOS

Categoría de Educación Infantil: unha MACRO FESTA INFANTIL para os alumnos da aula gañadora no Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), con comida e merenda; Castelo Inchable, Tren Infantil, Festa da Escuma, Tiro con Arco, Piscina Infantil e Cuadriciclos.

Categoría de Educación Primaria: unha VIAXE Ó PARQUE WARNER (MADRID) para o equipo gañador máis un titor. Inclúe: viaxes en avión ida e volta no mesmo día, seguro de viaxe, comidas, billetes de metro e cercanías e entradas ó parque Warner.

Categoría de Educación Secundaria: unha VIAXE DUNHA FIN DE SEMANA A VALENCIA PARA VISITAR A CIDADE DAS ARTES E DAS CIENCIAS para o equipo gañador máis un titor. Inclúe: viaxes en avión ida e volta, seguro de viaxe, aloxamento con almorzo e entradas á Cidade das Artes e das Ciencias.

O Club Exxpopress condiciona a entrega das viaxes ó compromiso por escrito dos directores dos centros educativos de que os alumnos irán acompañados dun titor, xa sexa do corpo docente, da ANPA ou calquer outra persoa que conte co beneplácito do centro.

O Club Exxpopress é unha entidade sociocultural, de ámbito autonómico (Galicia) e sen ánimo de lucro, creada e promovida por xornalistas de prensa, radio, televisión e medios dixitais, pero aberta a toda a sociedade. A súa sede está no municipio de A Pobra do Caramiñal (A Coruña). Está apadriñada polo xornalista e presentador José María Iñigo e presidida polo xornalista Jesús Souto Rodríguez. Os obxectivos fundamentais do Club son a organización de actividades de interese cultural, turístico e empresarial, así como daquelas relacionadas co xornalismo.

Concurso Escolar Barbanza-2061.odt Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: amañarán a rúa Cervantes e pavimentarana con pedra para harmonizar un dos barrios orixinais de Santa Uxía

Ra_cervantes_en_google_street_

  • A actuación terá un custe de 176.000 euros, informou hoxe o Concello, que vén de sacala a licitación


 
Ribeira.- 13 de setembro de 2011.- O Concello  acaba de sacar a licitación unha obra que, cun presuposto de 176.042,05 euros, servirá para renovar os servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais no entorno da rúa Cervantes, situada no casco urbano de Santa Uxía, concretamente no barrio de Bandourrío.

O prazo de execución da actuación é de 3 meses, de acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais.

No que atinxe ao abastecemento de auga, vanse suplantar as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.

En canto ao saneamento de pluviais, vaise dispor dun colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando así un acabado de pedra acorde cunha zona que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira. 
 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical