17.10.11

Outes: a Muiñada de "Terra de Outes" convocou a dramaturgos, performers e catedráticos arredor da figura de Cunqueiro

Outes, 17 de outubro de 2011. A pasada semana celebrouse en Outes a V Muiñada, unhas xornadas de exaltación do patrimonio cultural que a Asociación "Terra de Outes" adicou ao escritor Álvaro Cunqueiro no seu centenario (naceu en 1911 en Mondoñedo, Lugo).

O mércores 12, Quico Cadaval inagurou estas xornadas na Casa de Cultura de Outes, diante de máis de 50 persoas que asistiron tamén á inauguración dun novo xénero teatral: o conto-conferencia, que o xenial autor de Ribeira titulou "O teatro interior de Álvaro Cunqueiro", aderezado de todo tipo de historias, reais ou non, pero que ben puideron acontecer tal como se contaron, segundo nos explica Xoán X. Mariño, presidente da ACC "Terra de Outes".

O sábado 12, no Centro Social da Serra, o noiés Serafín Marcos fixo un performance sobre dous poemas do escritor mindoniense e, a continuación, o catedrático de Lingua e Literatura Galega, Manuel G. Sendón, deu unha charla a unhas 25 persoas sobre a poesía do citado escritor e, por último, Ramón Blanco, secretario da Asociación, presentou o novo número da revista "Terra de Outes", que inclúe un suplemento adicado a Cunqueiro que asinan o propio Ramón Blanco, Manuel G. Sendón, María Liñeira, lectora na Universidade de Oxford e Sara Gil e Laura López, estudantes de secundaria.

Pode que tamén lle interese:

Media_httpfarm5static_utkgw

Rosalía sempre viva: Exposición itinerante, dende o 17 de outubro en Noia






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación veciñal de Carreira crea e estrea con éxitos o equipo de atletismo "Virxe da Guía"

Ribeira, 17 de outubro de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira, que preside Ana Gómez Hermo, vén de crear unha nova sección dentro da mesma: o equipo de atletismo “Virxe da Guía”. O grupo atlético inaugurou as suas andanzas coa participación de 14 atletas de diferentes edades, na carreira pedestre de Lestrobe, celebrada o pasado mércores 12 de outubro.

Aínda que a intención da nova sección sexa fundamentalmente o fomento da práctica deportiva dun xeito lúdico, sen ter como metas o acadar resultados destacados, o feito foi que o grupo carreirense volveu de terras dodrenses con sendos trofeos conseguidos por Xavi Regueiro e Lorena Calviño, ao rematar ambos no 3º posto nas categorías xuveniles masculina e femenina respectivamente.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical