Outes, 17 de outubro de 2011. A pasada semana celebrouse en Outes a V Muiñada, unhas xornadas de exaltación do patrimonio cultural que a Asociación "Terra de Outes" adicou ao escritor Álvaro Cunqueiro no seu centenario (naceu en 1911 en Mondoñedo, Lugo). O mércores 12, Quico Cadaval inagurou estas xornadas na Casa de Cultura de Outes, diante de máis de 50 persoas que asistiron tamén á inauguración dun novo xénero teatral: o conto-conferencia, que o xenial autor de Ribeira titulou "O teatro interior de Álvaro Cunqueiro", aderezado de todo tipo de historias, reais ou non, pero que ben puideron acontecer tal como se contaron, segundo nos explica Xoán X. Mariño, presidente da ACC "Terra de Outes". O sábado 12, no Centro Social da Serra, o noiés Serafín Marcos fixo un performance sobre dous poemas do escritor mindoniense e, a continuación, o catedrático de Lingua e Literatura Galega, Manuel G. Sendón, deu unha charla a unhas 25 persoas sobre a poesía do citado escritor e, por último, Ramón Blanco, secretario da Asociación, presentou o novo número da revista "Terra de Outes", que inclúe un suplemento adicado a Cunqueiro que asinan o propio Ramón Blanco, Manuel G. Sendón, María Liñeira, lectora na Universidade de Oxford e Sara Gil e Laura López, estudantes de secundaria. Pode que tamén lle interese:
Rosalía sempre viva: Exposición itinerante, dende o 17 de outubro en Noia
Rosalía sempre viva: Exposición itinerante, dende o 17 de outubro en Noia
- Muros-Noia: Greenpeace, contra as gaiolas de salmón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario