28.9.10

Ribeira: agardan 1.500 participantes na quinta edición da Xuntanza de Maiores o 24 de outubro

Ribeira, 28 de setembro de 2010. A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, que dirixe María Esther Patiño Rey, pon en marcha un novo curso do Programa de Dinamización e Ocio dos Nosos Maiores, cuxas actividades dirixidas a propiciar unha actitude activa e participativa dos veciños de máis idade na vida do municipio riveirense. 

Dentro dese elenco de actividades, cabe salientar en primeiro lugar a Xuntanza dos Maiores de Ribeira, que cumpre a súa quinta edición e terá lugar o domingo día 24 de outubro no recheo portuario aledaño ao Club Náutico. O programa desta celebración iniciarase ás 12.30 horas cunha Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía. Ás 13.15 horas, terá lugar a recepción dos asistentes na carpa da xuntanza, mentres que a comida dará inicio ás 14 horas. O acontecemento estará amenizado polo grupo  de gaiteiros Gandaina de Palmeira, a orquestra Odisea e o grupo Reflexos. 

Cun importe de dez euros, as entradas xa están á venta na Tesourería do Concello. Poderán adquirilos todos os maiores empadroados en Ribeira. A organización prevé alcanzar os 1.500 participantes. 

Por outra parte, María Esther Patiño informou dos Obradoiros de Terceira Idade do novo curso 2010-2011 que terán lugar a partir de outubro no marco do Programa de Dinamización e Ocio dos Nosos Maiores: trátase do taller de Reestructuración Cognitiva, que será impartido polo profesorado do Departamento de Servizos Sociais; o obradoiro de Reforzo Educativo, impartido polo voluntariado social; de Pandeireta, por membros do grupo de música tradicional Tahúme; As Nosas Historias; polo Departamento de Normalización Lingüística de Riveira; e o taller de Informática, a impartir pola Rede de Dinamización da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: obradoiro de frivolité dende o 5 de outubro en O Faiado 2


Frivolité, por needledreams

Boiro, 28 de setembro de 2010. A entidade cultural O Faiado 2 organiza e imparte, a partires do martes 5 de outubro, un obradoiro onde se aprenderán os labores de ganchillo chamados "frivolité". O nome de “frivolité” é esencialmente francés e foi adoptado en case todos os países de Europa. Nembargantes, os italianos denominan este labor “occhi” (ollos), e os orientais manteñen o seu antigo nome de “makuk”, por ser ese o nome das lanzadeiras coas que se executa. 

     Os labores de “frivolité” son traballos de pasamanería máis que  labor de encaixe. Compóñense de nós e baguillas que forman aneis ou semicírculos. 

     Os obxectos que poden ser adornados con “frivolité” son tan variados, coma os materiais para a súa execución, que son tamén do máis diverso, dependendo de se son destinados para adornar roupa branca, vestidos de nenos ou outras pezas.    
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

O lugar onde se imparte o curso é o local social de O Faiado 2, sito na rúa Fernández Mato 14 de Boiro. O horario irá de cinco e cuarto a sete e cuarto da tarde. Para inscribirse, diríxanse ao correo electrónico  ofaiadodous@gmail.com ou ao teléfono 981846392.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: presentación do libro que gañou o premio "Ramón Piñeiro" de ensaio en 2009, este venres 1 de outubro

Boiro, 28 de setembro de 2010. Este venres, 1 de outubro, terá lugar na Galería Sargadelos de Boiro a presentación do libro "Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no Bng 1971-2009", do ourensán Xosé Ramón Quintana, que gañou con el o premio "Ramón Piñeiro" de ensaio o ano pasado. O acto terá lugar ás oito e media da tarde. O autor estará acompañado por cargos do Bng da comarca e por Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, ente cultural que organiza.

Xosé Ramón Quintana é profesor asociado da área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. Tamén publicou unha obra sobre Otero Pedrayo, en coautoría co tamén ourensán Marcos Valcárcel (As uvas na solaina).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: Camboño tamén celebra o San Miguel este 29 de setembro e o sábado 2 de outubro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical