Boiro, 28 de setembro de 2010. Este venres, 1 de outubro, terá lugar na Galería Sargadelos de Boiro a presentación do libro "Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no Bng 1971-2009", do ourensán Xosé Ramón Quintana, que gañou con el o premio "Ramón Piñeiro" de ensaio o ano pasado. O acto terá lugar ás oito e media da tarde. O autor estará acompañado por cargos do Bng da comarca e por Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, ente cultural que organiza.
Xosé Ramón Quintana é profesor asociado da área de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. Tamén publicou unha obra sobre Otero Pedrayo, en coautoría co tamén ourensán Marcos Valcárcel (
As uvas na solaina).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario