Frivolité, por needledreams Boiro, 28 de setembro de 2010. A entidade cultural O Faiado 2 organiza e imparte, a partires do martes 5 de outubro, un obradoiro onde se aprenderán os labores de ganchillo chamados "frivolité". O nome de “frivolité” é esencialmente francés e foi adoptado en case todos os países de Europa. Nembargantes, os italianos denominan este labor “occhi” (ollos), e os orientais manteñen o seu antigo nome de “makuk”, por ser ese o nome das lanzadeiras coas que se executa.
Os labores de “frivolité” son traballos de pasamanería máis que labor de encaixe. Compóñense de nós e baguillas que forman aneis ou semicírculos.
Os obxectos que poden ser adornados con “frivolité” son tan variados, coma os materiais para a súa execución, que son tamén do máis diverso, dependendo de se son destinados para adornar roupa branca, vestidos de nenos ou outras pezas.
O lugar onde se imparte o curso é o local social de O Faiado 2, sito na rúa Fernández Mato 14 de Boiro. O horario irá de cinco e cuarto a sete e cuarto da tarde. Para inscribirse, diríxanse ao correo electrónico ofaiadodous@gmail.com ou ao teléfono 981846392.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario