8.3.12

Turismo: organizan un curso de inmersión lingüistica en castelán nunha conserveira do Barbanza

  • Organizado por Cetur da Universidade de Santiago de Compostela e Creative Tourism Galicia
  • É un cursiño de inmersión lingüística en español que se fará en conserveiras e adegas e está destinado a estranxeiros, voluntarios europeos, estudantes, Erasmus e público interesado neste tipo de experiencias
  • O prazo ampríase ata o 14 de marzo. En breve haberá outra convocatoria, tamén en galego e francés

This is a message from the MailScanner E-Mail Virus Protection Service
----------------------------------------------------------------------
The original e-mail attachment "CURSO DE INMER.jpg"
is on the list of unacceptable attachments for this site and has been
replaced by this warning message.

Due to limitations placed on us by the Regulation of Investigatory Powers
Act 2000, we were unable to keep a copy of the original attachment.

At Thu Mar 8 08:47:48 2012 the virus scanner said:
Very long filenames are good signs of attacks against Microsoft e-mail packages (CURSO DE INMER.jpg)

This is a message from the MailScanner E-Mail Virus Protection Service
----------------------------------------------------------------------
The original e-mail attachment "CURSO .pdf"
is on the list of unacceptable attachments for this site and has been
replaced by this warning message.

Due to limitations placed on us by the Regulation of Investigatory Powers
Act 2000, we were unable to keep a copy of the original attachment.

At Thu Mar 8 08:47:48 2012 the virus scanner said:
Very long filenames are good signs of attacks against Microsoft e-mail packages (CURSO .pdf)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: homenaxearon ás perruqueiras no Día da Muller Traballadora

  • As perruqueiras agasalladas foron Divina Paisal Fernández e Carmen López Martínez (ambas pola parroquia de Santa Uxía de Ribeira), Carmen Franco Prego (Corrubedo), Elsa Queiruga Rama (Oleiros), Rosa Barral Gude (Artes), Rosa María Montemuíño Olveira (Olveira), Ángela Arnoso Gude (Aguiño), Valentina Vidal Argibay (Castiñeiras) e Teresa Sampedro Santamaría (Carreira). Tamén se tributou por Palmeira a María Dolores Gómez García, quen non puido acudir ao acto e houbo palabras de cariñoso recordo para a perruqueira falecida Marcela

Ribeira, 8 de marzo de 2012.- O Salón de Plenos da Casa Consistorial ofreceu este mediodía un emotivo acto no que, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, quíxose homenaxear ás perruqueiras do municipio.

Con tal motivo, ademais das profesionais congregadas entre o público asistente, rendeuse un tributo moi especial ás perruqueiras cunha traxectoria máis lonxeva de cada parroquia, cada unha das cales recibiu un ramo de flores e un diploma conmemorativo desta ocasión. No acto tomaron parte o alcalde Manuel Ruiz Rivas, a concelleira de Igualdade Aroa Fernández, a presidenta da Asociación Amas de Casa e Filla Adoptiva Magdalena Bringas, e a directora do CIM Dolores Crujeiras.

Desigualdades salientadas por Manuel Ruiz Rivas

O alcalde salientou durante a súa intervención a importancia de acadar a igualdade entre mulleres e homes. A este respecto, ofreceu algúns datos reveladores, como que a muller ten un 17% menos de oportunidades de emprego que o home, un 20% menos de soldo ou un 90% máis de probabilidade de deixar o seu traballo no caso de que o requira atender á familia. Tamén incidiu nos avances acadados, xa que a primeira constitución española aprobada fai 200 anos non recollía o sufraxio feminino e nunha data tan cercana como 1975 a muller non podía dispoñer dos seus bens sen o consentimento do seu marido. “Moito é o percorrido andado, pero o andado non significa nada: o importante é o que nos queda por diante”, resaltou, ao tempo que loou o oficio das perruqueiras, cuxos establecementos eran no pasado frecuente punto de encontro social das mulleres ao ser mal visto que entrasen noutro tipo de locais como as tascas.

No transcurso do acto houbo tempo para a poesía a través das verbas do escritor Antonio Piñeiro, quen recitou unha parte do poema titulado “Fuga de mudanzas”, e da propia Magdalena Bringas, quen declamou a peza da súa autoría “Muller labradora”. Tamén soaron os acordes de Luis Abeijón, profesor de guitarra do Conservatorio Profesional de Música.

 

Manifesto de Ámbar


Co gallo do Día da Muller Traballadora, Ámbar emitiu este manifesto:


https://docs.google.com/open?id=1IqKkeKjMOStWeWK3yiw1LBI-iOia3650IXKS6jUzYwboh0vZaOeC8tacB2oa


Mañá:


Mesa redonda: "A muller no século XXI", o venres 9



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o obradoiro de teatro para persoas en risco de exclusión conclúe o martes 13 cunha posta en escea

  • A representación de "Trotamundo y el Rey", de acceso libre, terá lugar no Auditorio Municipal ás 20 horas
  • O xefe de servizo da Unidade de Drogodependencias e o concelleiro de Servizos Sociais, moi satisfeitos cos resultados desta iniciativa novidosa

Ribeira, 8 de marzo de 2012.- O Servizo de Drodependencias, a través do Plan Comunitario Municipal, estivo a desenvolver durante estes cinco meses (dende outubro de 2011 ata marzo de 2012) un Programa de Reforzo Comunitario dirixido ás persoas en situación de exclusión social que estivesen incluídas nalgún programa de tratamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias, co obxectivo xeral de motivar un cambio no seu estilo de vida, reforzando e incentivando a súa conduta e hábitos positivos, reducindo os negativos, mitigando a autoimaxe arraigada de drogodependente, e reforzando o seu contexto social.

Este novidoso programa consistiu na impartición de dous Obradoiros: “Actividades de Vida Diaria” e “Teatro Social”, e como incentivos reforzadores tiveron lugar os talleres de alimentación, vestimenta e perruquería.

O concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social de Ribeira, Vicente Mariño; o xefe de servizo da Unidade Asistencial de Drogodependencias, Jesús Cartelle; e a traballadora social do Servizo de Drogodependencias e coordinadora do proxecto, Eva Fontaíña, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer balance dos resultados desta acción, que cualificaron de totalmente satisfactorios.

“Todos os participantes melloraron en hábitos de hixiene, alimenticios,  respecto á Comunidade, asunción de normas, participación social, redución de condutas de risco, máis control do consumo de sustancias e todos están incluídos en algún proxecto de inclusión social”, salientou  o edil municipal, quen manifestou tamén que o programa teña continuidade con novas accións.

Pola súa parte, Jesús Cartelle manifestou que están “plenamente satisfeitos non só desde o punto de vista profesional senón porque a convivencia diaria con estas persoas nos deu a entender que isto foi moi importante para eles”.

O Obradoiro de Teatro Social, no que participaron unha quincena de persoas, foi impartido polo educador Alejandro Sarmiento González, pertencente á empresa Breogán Xestión. Utilizando unha metodoloxía de dinámica grupal, o teatro foi o vehículo para mellorar as súas habilidades sociais, autoestima e coñecemento persoal e hábitos saudables. Este Obradoiro finalizará o martes, día 23, ás 20 horas, coa representación dun espectáculo no Auditorio Municipal de Ribeira, de 30 minutos aproximadamente de duración, que comprenderá os seguintes contidos: obra teatral “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre Drogas”. O acceso é libre.

Vicente Mariño, Jesús Cartelle e Eva Fontaíña quixeron aproveitar a ocasión para animar a todos os cidadáns a compartir o dun traballo feito a base de dedicación, esforzo e moita ilusión.




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: o Bng rexeita que se nomeen alcaldes franquistas como fillos predilectos do municipio

Img072

  • A proposta parte da alcaldesa socialista Caridad González, que tamén quere facer fillo predilecto ao recentemente falecido Domingos Dosil, alcalde nacionalista na lexislatura pasada

Muros, 8 de marzo de 2012. Ante a proposta do BNG de proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil a alcaldesa do PSOE Caridad González presentou unha proposta alternativa e por urxencia para nomear fillos predilectos a tres alcaldes de Muros da época franquista.

O pasado venres reuniuse a comisión de honras na que tanto o BNG como a alcaldesa explicaron as razóns que os levaron a presentar as súas propostas.
O BNG espuxo como razóns para proclamar fillo predilecto de Muros a Domingos Dosil non só a súa etapa como alcalde senón tamén toda a súa vida adicada á loita polos dereitos do colectivo dos discapacitados, loita que acadou grandes logros que benefician a todo o colectivo, ás súas familias e por extensión á toda a sociedade.
Pola súa banda a alcaldesa xustificou a súa proposta dicindo que, unha vez proclamado Domingos Dosil, estes tres alcaldes son os únicos que quedan sen ser proclamados fillos predilectos.
A proposta do BNG foi votada favorablemente polos tres grupos, mentras que a proposta da alcaldía recibiu o voto en contra do BNG. Os nacionalistas votaron en contra, e xa anuncian que tamén o farán así no pleno que ten que tomar a decisión definitiva,  por considerar que esta proposta da alcaldesa "unicamente pretende diluir e minimizar o papel de Domingos Dosil na nosa sociedade", explican dende a formación frentista.

"A xustificación da alcaldesa non se sostén por haber na historia de Muros máis alcaldes que os tres propostos pola alcaldesa, tanto na dictadura como en periodos anteriores. En calquera caso, se a alcaldesa quere propoñer que todos os alcaldes de Muros sexan proclamados fillos predilectos terá que facer un estudo en detalle dos alcaldes que houbo en Muros e decidir ata onde se vai remontar na historia", conclúen os nacionalistas muradanos.


Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: el Distribunosa Xadrez Rianxo B, campeón de la Liga Gallega de 3ª

Final_fase_liga_campen_distrib

  • El equipo sube a 2ª automáticamente

Rianxo, 8 de marzo de 2012. Finalizó la fase Liga gallega de 3ª  de ajedrez, con el Distribunosa Xadrez Rianxo "B" como campeón.

En la séptima jornada de 3ª (grupo C) el Distribunosa Xadrez Rianxo “B” obtuvo un contundente 4-0 y finaliza primero de la clasificación con 22.5 puntos, consiguiendo el objetivo del ascenso a la 2ª división gallega.

(Primera División Gallega grupo B)
Holgada victoria en primera del Distribunosa que sólo pierde en un tablero. A falta de 4 jornadas el Distribunosa se encuentra en cuarta posición, empatado a puntos con el tercer clasificado y luchará por finalizar la liga en puestos de cabeza.

“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos) VS “BREOGÁN A” (1.5 ptos)
M. Ángel Abuín 1-0 J. Carlos Gil.
Sergio Arevalillo 0.5-0.5 Cristóbal Barral.
Daniel Martínez 0-1 Heladio Outeiro.
Alberto Hevia 1-0 David Otero.

La próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” visita al “Marquiños”.

(Tercera División Gallega grupo C)

Finaliza, como se dijo, la fase liga de Tercera (grupo c) con el Distribunosa Xadrez Rianxo “B” como primer clasificado.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “ Gallaecia Stellae” (0 ptos)
Néstor Martínez 1.5-0 Pedro Figueiras
Rogelio Ferrol 1-0 David Suárez
J. Méndez Rial 0-0 Fermín Caamaño
J. Méndez Somoza 1-0 Marcos Álvarez
“Escola Xadrez Rianxo“ (1 ptos) VS “USC Compostela” (3 ptos)
Carlos Penas 0-1Víctor García
Marco Bravo 0-1 Valentín Defloraine
Javier Moares 0-1 Alfredo Regueiro
Manuel Castaño 1-0 Javier Cancela
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C“ (0.5 ptos) VS “ Cabo Touriñán B” (3.5ptos)
Daniel Fernández 0-1 Ramón Vilela
Carlos Piña 0-1 Santiago Pérez
J.Benito Cores 0-1 Jesús Freire
M. José Romero 0.5-0.5 Cristian Pérez

Resumen:
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos) VS “BREOGÁN A” (1.5 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “ Gallaecia Stellae” (0 ptos)
“Escola Xadrez Rianxo“ (1 ptos) VS “USC Compostela” (3 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C“ (0.5 ptos) VS “ Cabo Touriñán B” (3.5ptos)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical