- As perruqueiras agasalladas foron Divina Paisal Fernández e Carmen López Martínez (ambas pola parroquia de Santa Uxía de Ribeira), Carmen Franco Prego (Corrubedo), Elsa Queiruga Rama (Oleiros), Rosa Barral Gude (Artes), Rosa María Montemuíño Olveira (Olveira), Ángela Arnoso Gude (Aguiño), Valentina Vidal Argibay (Castiñeiras) e Teresa Sampedro Santamaría (Carreira). Tamén se tributou por Palmeira a María Dolores Gómez García, quen non puido acudir ao acto e houbo palabras de cariñoso recordo para a perruqueira falecida Marcela
Ribeira, 8 de marzo de 2012.- O Salón de Plenos da Casa Consistorial ofreceu este mediodía un emotivo acto no que, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, quíxose homenaxear ás perruqueiras do municipio. Con tal motivo, ademais das profesionais congregadas entre o público asistente, rendeuse un tributo moi especial ás perruqueiras cunha traxectoria máis lonxeva de cada parroquia, cada unha das cales recibiu un ramo de flores e un diploma conmemorativo desta ocasión. No acto tomaron parte o alcalde Manuel Ruiz Rivas, a concelleira de Igualdade Aroa Fernández, a presidenta da Asociación Amas de Casa e Filla Adoptiva Magdalena Bringas, e a directora do CIM Dolores Crujeiras. Desigualdades salientadas por Manuel Ruiz RivasO alcalde salientou durante a súa intervención a importancia de acadar a igualdade entre mulleres e homes. A este respecto, ofreceu algúns datos reveladores, como que a muller ten un 17% menos de oportunidades de emprego que o home, un 20% menos de soldo ou un 90% máis de probabilidade de deixar o seu traballo no caso de que o requira atender á familia. Tamén incidiu nos avances acadados, xa que a primeira constitución española aprobada fai 200 anos non recollía o sufraxio feminino e nunha data tan cercana como 1975 a muller non podía dispoñer dos seus bens sen o consentimento do seu marido. “Moito é o percorrido andado, pero o andado non significa nada: o importante é o que nos queda por diante”, resaltou, ao tempo que loou o oficio das perruqueiras, cuxos establecementos eran no pasado frecuente punto de encontro social das mulleres ao ser mal visto que entrasen noutro tipo de locais como as tascas. No transcurso do acto houbo tempo para a poesía a través das verbas do escritor Antonio Piñeiro, quen recitou unha parte do poema titulado “Fuga de mudanzas”, e da propia Magdalena Bringas, quen declamou a peza da súa autoría “Muller labradora”. Tamén soaron os acordes de Luis Abeijón, profesor de guitarra do Conservatorio Profesional de Música.
Manifesto de Ámbar
Co gallo do Día da Muller Traballadora, Ámbar emitiu este manifesto:
https://docs.google.com/open?id=1IqKkeKjMOStWeWK3yiw1LBI-iOia3650IXKS6jUzYwboh0vZaOeC8tacB2oa
Mañá:
Mesa redonda: "A muller no século XXI", o venres 9
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario