- A Escola de Música, á que está adscrita a Banda, organiza unha clase maxistral con Pablo Castaño este domingo 25 de novembro, adicada ás Big Bands
Os de Ponte Ledesma celebrando o seu trunfo
Rianxo, 19 de novembro de 2012. O pasado sábado pola noite celebrouse a segunda xornada do VI Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A Unión Musical Ponte Ledesma resultou gañadora despois de que o xurado lle concedera 352 puntos, cun premio de 2000 €. En segundo lugar quedou a Banda de Música Xuvenil de Xinzo con 306 puntos e un premio de 1400€, e no terceiro posto, con 288 puntos, a Banda da Escola de Música de Rianxo, cun premio de 600€.
Nesa xornada participaron 5 bandas pertencentes á terceira sección, aquelas que teñen entre 50 e 70 membros. Ademais das xa mencionadas, as outras agrupacións participantes foron a a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a Banda de Música Cultural de Teo, que acadou o premio a mellor interpretación dunha obra libre de temática galega. Cada unha delas interpretou un pasodobre, unha obra de elección libre e unha obra obrigada, Camiños da Fin da Terra de Antón Alcalde Rodríguez.
O xurado encargado de elixir os premiados nesta primeira xornada estivo composto por José Iglesias Ramilo, José Luis Represas, Marta Silva Pérez, Xosé Carlos Seráns Olveira e Pilar Jurado.
Lousame: veuse sen premio
Non houbo premio desta volta para a banda de música de Lousame, que preparara este certame con grande ilusión, logo dos excelentes resultados do pasado ano, en que trouxo dous premios para a casa.
Comeza o VI Certame Galego de Bandas de Música Populares. A primeira en saír ó escenario e romper o xeo é a Banda de Música de Lousame. A Banda de Musica de Rianxo, quedou terceira no Certame Galego de Bandas. Noraboa polo traballo e os resultados acadados!@Certo O Auditorio canta a Rianxeira esperando o resultado do xurado. Así dá gusto! As bandas da segunda sección, interpretan todas un pasodobre, a obra obrigada Camiños da Fin da Terra de Antón Alcalde e unha obra libre.
Grande repercusión nas redes sociais
As redes sociais tamén foron protagonistas deste certame. A través do Facebook e do Twitter os seguidores da Federación Galega de Bandas de Música Populares (máis de 5000 o sábado e que subiron ata 7000 esta fin de semana pasada) puideron seguir minuto a minuto o devir do certame.
Fonte e fotos: FGBM
CLASE MAXISTRAL O DOMINGO 25 DE NOVEMBRO
Rianxo: o grupo de teatro amador "Airiños", premio Cultura Galega 2012 post.ly/9oNng Os galegos non lle pedimos peras ao olmo; pedímoslle landras ao castiñeiro ou pan ao vento. (carloscallon.com/2012/08/como-f… de @carloscallon:) Rianxo: "Recital do poeta galego-islandés Elías Portela na biblioteca pública "Castelao" Vimeo vimeo.com/axouxerestream… vía @axouxerestream
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia