- Forman parte dun grupo de Acción Costeira de Normandía
Ribeira, 19 de novembro de 2012.- Integrantes do grupo de acción costeira denominado Mer et Terroirs du Contentin et du Bessin, localizado no norte de Francia, recalaron esta mañá no municipio coa fin de coñecer os recursos e sistemas de pesca que funcionan na localidade.
A visita ten lugar no marco dun proxecto de cooperación entre a entidade francesa e o GAC nº5 Ría de Arousa. Os dous expedicionarios procedentes do país veciño– Arnaud Trollé e Lucie Paghent, acompañados dun tradutor- foron recibidos polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, a quen lle explicaron a razón da súa estancia aquí. Estaban acompañados da xerente do GAC Rosa Carballo.
A visita ten por obxecto dar a coñecer na súa rexión, e moi particularmente entre a súa xuventude, os sistemas de pesca e de marisqueo da ría de Arousa. Con tal motivo, a comitiva volverá de novo a principios do vindeiro ano, esta vez acompañados dun grupo de mozos, para elaborar un vídeo que rexistre o labor que desenvolven os traballadores e traballadoras do mar desta zona de Galicia.
Promoción
De igual xeito, estes incipientes lazos de colaboración servirán dende o GAC arousano para facer promoción da calidade dos nosos produtos e mellorar a comercialización entre os dous territorios.
Unha vez recibidos polo alcalde, o grupo foi visitar a lonxa municipal e coñecer de boca do seu xerente, José Manuel Orellán, o funcionamento deste servizo. Estaba previsto que a continuación visitasen as instalacións do restaurante Benboa, un dos proxectos que forman parte do GAC nº5.
Pazo de Fefiñáns en Cambados
Xa no día de mañá, a delegación francesa terá oportunidade de visitar Cambados e coñecer outras actividades do sector do mar como o seu marisqueo a pé.
A zona de onde se localiza o grupo Mer et Terroirs du Contentin et du Bessin, está situada en Normandía. Conta con 101.285 habitantes, dos cales 1.070 dedícanse á pesca. A súa extensión é de 1.427 quilómetros cadrados.
@gconfidenciall lembra o papel que xogou La Voz no Prestige. Xornalistas da caverna xogando á política. E seguen... exvoz.canalblog.com/archives/2012/… Cinema: O Apóstolo só se pode ver en 25 das oitenta salas contratadas coa distribuidora culturagalega.org/noticia.php?id… @oapostolo vía @culturagalega modo @certoenfurecido QUE O COLEXIO BALMES DE NOIA RECIBA PREMIO DOS EMPRESARIOS DEMOSTRA O MOITO QUE SE APOSTA POLA EDUCACIÓN PÚBLICA #ELÓ Sociedade: "Stop Desahucios" de Barbanza presenta demandas de suspensión inmediata de desafiuzamentos post.ly/9oLHh
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario