En Ribeira, a actuación consistirá no acondicionamento do contorno do porto de Aguiño e suporá un investimento de 297.060,85 euros e un prazo de execución de seis meses. As obras acometeranse no vial de acceso principal ao porto, onde se acondicionarán as zonas verdes, substituiranse os distintos tipos de pavimento existentes actualmente por outros máis acordes co contorno, restaurarase o paseo de madeira e impedirase mediante bolardos a invasión de vehículos sobre as beirarrúas. Tamén se dotará a toda a zona do correspondente mobiliario urbano como bancos e papeleiras. Estas actuacións contribuirán a unha mellor integración entre os espazos urbanos e portuarios facilitando que os cidadáns poidan disfrutar da fronte marítima das súas vilas.Portos de Galicia licita por 850.000 euros diversas obras de mellora nos portos de Porcillán, en Ribadeo, e Aguiño, en Ribeira | Novas da Xunta de Galicia
Blogged with the Flock Browser