1.8.12

Ribeira: quince alumnos nun curso de atención sociosanitaria xusto cando case eliminan a Lei de Dependencia

  • O curso é para atender a persoas no domicilio

 


 

Ribeira.- 1 de agosto de 2012.- O Concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño tomou parte hoxe en Ribeira na clase inicial do curso de asistencia sociosanitaria no domicilio, no que están a asistir un total de 15 alumnos.

 

O edil salientou a importancia que ten a formación para o futuro dos alumnos e da nosa comunidade, xa que “hai moitas empresas que precisan persoal para cubrir a demanda de xente dependente que require coidados a domicilio”. Xusto nestes meses de goberno de Mariano Rajoy, a posibilidade de atopar traballo neste sector reduciuse drasticamente, ao eliminar o goberno central a maioría das axudas para os dependentes e ao suprimir a Xunta de Galicia, tamén do PP, as contías para os concellos da axuda a domicilio.





 

O curso ten unha duración de catro meses e está dirixido a persoas desempregadas. Os alumnos acuden de luns a venres e de 8 a 15 horas ás aulas situadas nas galerías de Cristobal Colón.

 

As materias nas que se terán que formar os futuros coidadores son:

 

      Hixiene e atención sanitaria domiciliaria (características e necesidades de atención hixiénico -sanitaria das persoas dependentes, administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio, mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio)

 

      Atención e apoio psicosocial domiciliario (mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes en domicilio, apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes; interrelación, comunicación e observación ca persoa dependente e o seu entorno)

 

       Apoio domiciliario e alimentación familiar (xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes; mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes).

 

Formación teórico-práctica

Ademais da asistencia ás aulas teóricas, que son un total de 498 horas, os estudantes realizarán 120 horas de prácticas en empresas.

 

Ao remate, aqueles que superen a formación poderán solicitar á Consellería de Traballo o certificado de profesionalidade da especialidade.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este sábado, 4 de agosto, nova edición da Festa Hortera

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical