17.6.10

Ribeira: unha mostra das alfombras florais do Corpus en Artes, que voltaron batir o récord con 136 metros

</object>

Ribeira, xuño de 2010. Hai unhas semanas preguntabamos no xornal se continuaría a tradición de facer alfombras florais en Ribeira (referíamonos ao casco urbano). Víctor Santamaría respóstanos dende Artes cunha serie de fotos na que se demostra que esta tradición, no canto de decaer, na parroquia ribeirense vai a máis. Este ano chegaron aos 136 metros de alfombras, co que superaron a súa propia marca.

 
Se non lles chegou este álbum en Flickr, hai máis en http://www.flickr.com/photos/artesadia

Relacionada:

Alfombras florais no Corpus 2010 por xornalcerto.
Alfombras do Corpus na Centenaria


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Servizos Sociais: a Xunta destina cartos a programas de prevención e asistencia de drogodependentes en Ribeira, Noia e Rianxo


Barbanza-Noia, 17 de xuño de 2010
. A Consellería de Sanidade vén de autorizar a sinatura de dous proxectos de acordo en
materia de drogodependencias. O primeiro deles, subscrito entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Consellería de Sanidade; o Servizo Galego de Saúde; e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), por un importe de 4.613.066 euros, vai destinado á realización do programa de prestación de asistencia a drogodependencias (Adiccións), a través dos concellos que dispoñan de unidades asistenciais de drogodependencias. Por medio desta iniciativa, canalízase todo o financiamento a través do Pacto Local para a realización de actividades de asistencia por parte dos concellos. Nestas bisbarras, Noia leva 149.720 euros e Ribeira, 421.612.
Asígnase á Federación Galega de Municipios e Provincias o papel de entidade colaboradora e enlace dos concellos representados nela, e canalízase o financiamento dispoñible simplificando a xestión e concentrando o esforzo de fomento
administrativo nunha mesma dirección. A Xunta di asegurar así continuidade asistencial da poboación acollida a este programa, utilizando as estruturas existentes nos concellos, así como a eficiencia na asignación dos recursos limitados dispoñibles aos obxectivos establecidos.

O segundo proxecto de acordo aprobado autoriza a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Consellería de Sanidade; o Servizo Galego de Saúde, e a FEGAMP, para a realización de programas de prevención de drogodependencias e adiccións sociais e comportamentais, por un importe de 904.400 euros.Igual que nas anteriores axudas, asígnase á Fegamp o papel de enlace cos concellos e canalízase e simplifícase a xestión. Noia levará 16.625 euros, Rianxo, 14.250 e Ribeira, igual que Noia, 16.625.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a segunda fase do saneamento da Ribeiriña achégase aos 700.000 euros de custo, a executar en seis meses


Os veciños da Ribeiriña xa petaron a todas as portas dos políticos para que lles arranxaran varios problemas

A Pobra do Caramiñal, 17 de xuño de 2010. No Consello da Xunta que se celebrou hoxe chegouse a un acordo polo que se aproba a colaboración técnica e financeira da Xunta de Galicia co Concello da Pobra do Caramiñal, para a execución da obra de actuacións de saneamento da Comunidade Autónoma. En concreto é o saneamento na Ribeiriña, na súa fase II, con clave OH.315.955, por un importe de 676.312,93 euros.

A Xunta de Galicia realizará unha achega económica de preto de 700.000 euros distribuídos en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. A Administración hidráulica de Galicia financia o 100% destes traballos. O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.

Traballos que se van realizar
No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros. O convenio abrangue entre os seus cometidos a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas citadas obras de saneamento.

Na primeira fase foi tamén a Xunta de Galicia a que financiou a obra de saneamento na Ribeiriña, que foi adxudicada en maio de 2007 á empresa Proyecón Galicia, por un importe de 588.885 euros. As obras xa están rematadas e pendentes de
ser recibidas pola Administración, asegura a Xunta. Esta primeira fase consistiu na execución de dous pozos de bombeo para recollida de augas residuais e a súa incorporación á rede existente da Pobra. Como a infraestrutura de saneamento á que se incorporaban as augas non era suficiente, na mesma obra aumentouse de capacidade un bombeo existente e o colector de chegada á Pobra, que pasou de ter un diámetro de 400 mm a un de 630 mm.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: o I Torneo de Xadrez é este sábado 19 de xuño

Dodro, 17 de xuño de 2010. O vindeiro sábado, 19 de xuño de 2010 terá lugar a inauguración do I Trofeo de Xadrez «Concello de Dodro» organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración co clube de xadrez de Padrón.

O I Torneo de Xadrez terá lugar a partir das 16:30 h na escola unitaria de Lestrobe.

Relacionado:

Toponimia: Riveira non existe, e Lestrove menos

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Infraestruturas: Verdegaia pide nova exposición pública para o gasoduto do Barbanza ante o ocultismo da empresa e os políticos


Como xa denunciara o Padre Teixugo en Certo, este gasoduto quéreno facer ás agochadas

Barbanza, 17 de xuño de 2010. Verdegaia anuncia hoxe na súa web que solicita un novo proceso de exposición pública para o proxecto de Gasoduto da Barbanza consonte coa convención de Århus. A área de Industria e Enerxía da delegación do goberno de España en Galicia vén de submeter a exposición pública o proxecto para o "Gasoduto de Transporte Básico á comarca da Barbanza". Os tres grosos volumes só estiveron dispoñíbeis en papel e para consulta presencial, permitíndose exclusivamente os apontamentos manuais e limitadas fotocopias en papel, cando a lexislación en vigor dispón a súa publicación por medios dixitais.

Trátase de información técnica complexa e extensa, e asociacións ecoloxistas como Verdegaia non poden trasladar as súas equipas de traballo voluntario durante días ás sedes administrativas do goberno. O expediente é presentado pola empresa Gas Natural - Unión Fenosa para percorrer toda a península do Barbanza desde o concello de Valga até o de Ribeira, recollendo en tres volumes as memorias descriptivas, cálculos, listaxes, planos construtivos, mapas e coordenadas dos seguintes bloques: o Estudo de Impacto Ambiental, a solicitude de autorización administrativa, o proxecto de execución da infraestrutura e a declaración de utilidade pública. 

O Valedor do Pobo recoñece que os nosos gobernantes non cumpren a lei. Moi ben...e? xa é así?

Recoñecemento do Valedor do Pobo

Repítense as mesmas eivas na exposición publica que na tramitación que para este mesmo gasoduto lle correspondera facer á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza, nos aspectos da súa competencia. Xa naquela ocasión, Verdegaia denunciara a falta de adecuación da exposición pública á LEI 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e que incorpora as directivas comunitarias da convención de Århus.

A lei estatal e o convenio internacional recoñecen o dereito de todas as persoas a accederen á información ambiental que obre en poder das autoridades públicas; recoñécese así mesmo o dereito a recibir esa información na forma e formato solicitados, e di que as autoridades públicas procurarán conservar a información ambiental que obre no seu poder, en formas ou formatos de fácil reprodución e acceso mediante telecomunicacións informáticas ou por outros medios electrónicos.

Estes dereitos xa lle foran recoñecidos a Verdegaia polo Valedor do Pobo ante a Consellaría de Industria, a resultas dunha queixa apresentada naquela altura. Porén, nas delegacións do Goberno de A Coruña e Pontevedra afirman verbalmente non coñeceren esta lei, e limitan o acceso "á maneira tradicional" sen dispoñibilizaren a documentación en formato dixital.

Nulidade administrativa e especial atención ao espazo das Brañas de Laíño

Con todo, alén de solicitar a anulación do proceso de exposición pública para se repetir nas condicións en que se poda realmente traballar coa información, Verdegaia incorporou as achegas que xa se fixeran durante a exposición pública do proxecto de gasoduto por parte da  Xunta de Galiza. Nas mesmas, denunciábase o total esquecemento de flora e fauna de importancia mundial e con diversos graos de protección.

Este esquecemento é particularmente grave nas Brañas de Laíño, que fan parte do LIC do sistema fluvial Ulla-Deza, nas que segundo o informe de impacto ambiental non se identificaran áreas de aniñada ou territorios de especies protexidas, cando o trazado incidía directamente nun dos hábitats ornitolóxicos máis importantes de Galiza e especialmente na zona de aniñada de varias especies protexidas, algunhas delas en serio perigo de extinción.

pdf Solicitude de nulidade da exposición do gasoduto da Barbanza

pdf Engádega á solicitude para a exposición do gasoduto da Barbanza

pdf Alegación ao gasoduto da Barbanza de xaneiro de 2009


Relacionado:

Hisopazo polo gasoduto, e II, polo Padre Teixugo


Infraestruturas: a exposición o trazado do gasoduto ata o 20 de xuño

Os socialistas da Pobra animan a alegar polo gasoduto. Alegacións presentadas polo Psoe, aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cursos: Amicos pon en marcha un de viveirista e outro de impresor de serigrafía

Ribeira, 17 de xuño de 2010. A Asociación AMICOS abre o prazo de inscrición de alumnos para os cursos de VIVEIRISMO E IMPRESOR DE SERIGRAFIA destinados á formación de persoas con discapacidade intelectual. Estes cursos contan co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar e do Fondo Social Europeo.

Os requisitos dos alumnos son: 1. Ter discapacidade intelectual. 2.- Ser maior de 16 anos

Os cursos terán unha duración de 590 horas e 540 horas, respectivamente e está prevista a súa data de Inicio o luns 28 de xuño. O número de alumnos de cada curso será de 15. Os alumnos do curso terán dereito a unha beca de asistencia ao curso. Para apuntarse ou recibir máis información poden facelo no teléfono da entidade 981 865 716, vía e-mail: asociacion@amicos.org ou na sede de AMICOS na rúa Gándara 33 – Oleiros – Ribeira.


Download now or preview on posterous
CURSO VIVEIRISMO.xls (1577 KB)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Literatura: a editorial Xerais farase cargo do concurso de novela curta "Cidade de Ribeira"


Entrega do premio o ano pasado a Silva Regueira

Ribeira, 17 de xuño de 2010. O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Ribeira será escenario mañá, á unha da tarde,  da presentación do terceiro Concurso de Novela Curta "Cidade de Ribeira", así como do libro impreso coa obra gañadora da anterior edición, “Vertixes”, de José Ignacio Silva Regueira, publicado pola Editorial Xerais.

O acto servirá tamén para asinar un convenio de colaboración entre Concello e Editorial Xerais para vindeiras edicións do Concurso de Novela Curta. Estarán na mesa o alcalde José Luis Torres Colomer, o autor José Ignacio Silva Regueira, o director de publicacións de Xerais, Manuel Bragado, e o concelleiro de Cultura, Luciano Fernández.

No xurado do ano pasado estaba o que hoxe é alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Contámoslle como foi aquela edición aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: as obras do premio internacional "Jesús Núñez", no auditorio de Ribeira ata o 8 de xullo

Ribeira, 17 de xuño de 2010. A partir de mañá e ata o próximo 8 de xullo a sala de exposicións do Auditorio Municipal de Riveira acubilla unha exposición na que se recollen 30 obras escollidas de entre as presentadas á terceira edición do Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, que organiza a Deputación Provincial da Coruña. 

Este certame está consolidado como un galardón de referencia para os artistas gráficos xa non só de Galicia senón a nivel nacional e internacional. Isto faise patente no feito de que nesta ocasión se presentaron 219 artistas de 22 países. 

Entre as obras expostas figuran a obra gañadora, “Invisible Darkness” da autora Eva Santín: unha xilografía que xoga co reflexo, a duplicidade e o inverso, coa profundidade do negro e a sutileza do gris. Eva Santín, madrileña, gañou este premio en 2008, con tan só 24 anos.

Ademais, houbo dous accesits que se foron para terras arxentinas: por unha banda, para “Continentes”, de Alicia Candiani, artista de longa traxectoria que na actualidade dirixe o Proxecto´ace en Bos Aires, e por otra “Retrospectiva”, de Alberto César Lavera, a máis apegada á figuración das tres creacións mencionadas, xa que nela hai unha clara mensaxe reivindicativa en relación ao conflito das Malvinas. 

Na mostra poden contemplarse outros gravados seleccionados para a mostra, dos artistas Ernesto Alva Franco, Javier Aranguren, Cristina Brea Lodeiro, Josefina Canal Rodríguez, Pablo Casado, Anas Castro Feijoo, Pablo Delfini Ana, Luis Filipe Folgado, Alberto Fojo Ferrer, Anne Heyvaert, Sonia Higuera, Gonzalo Sebastián Jorge, Ariel Kofman, Erramun Landa Mendibe, George Lebzelter, David Maes, Julia Matute, Juan Carlos Mestre, Beatriz Moreiro, Cristina Moroño, Susana Murias, Xosé Poldras, Eva Poyato, Pepa Satué, Israel Tamayo e Mauro Vallejo de Lucio. Deles, Cristina Brea, Alberto Fojo, Anne Heyvaert e Xosé Poldras son galegos, mentres que os restantes 23 son doutras comunidades autónomas españolas, Arxentina, Austria, Cuba, Estados Unidos, México e Portugal.

Se quere saber máis sobre este premio de gravado, aquí
 

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: o 21 e 22 de xuño chega a Ribeira a primeira Mostra Itinerante de Cine Africano en Galicia, en Ribeira


Ribeira, 17 de xuño de 2010
. A Primeira Mostra Itinerante de Cine Africano en Galicia, Cine África, chega a Ribeira a vindeira semana co obxectivo de transmitir unha visión real das sociedades que habitan no veciño continente meridional. Con tal motivo, o Auditorio Municipal converterase nun gran cine dotado dunha pantalla profesional na que serán proxectadas catro longametraxes que afondan pola vías dos feitos e das percepcións en como as persoas que viven neste continente enfrontan as súas vidas, a loita cotiá, e os seus problemas. 

A iniciativa está promovida pola Deputación da Coruña co apoio de Casa África e neste caso coa implicación do Concello a través das súas Concellerías de Igualdade e Acción Social e de Educación. As edís responsables destas áreas municipais, Esther Patiño e Juana Ermitas Crugeiras, foron as encargadas de presentar a programación. 

As obras que forman parte desta mostra están realizadas en Sudáfrica, Serra Leona ou Malí (en coproducións con países europeos como Francia, Gran Bretaña ou España), na que a expresión artística é o soporte para describir a realidade que se vive día a día no continente veciño. 

A entrada ao ciclo é  libre e gratuíta ata completar o aforo de 270 butacas. Esta iniciativa está recomendada para os mozos e mozas de Secundaria dos centros educativos, que poderán achegarse deste xeito á realidade do veciño continente a través da descoñecida produción fílmica africana. De feito, xa hai tres centros educativos locais que confirmaron a súa asistencia: os IES Número 1 e Leliadoura e o colexio Galaxia. 

No segundo día do ciclo haberá unha mesa redonda titulada “África na memoria. A realidade do colectivo inmigrante de Ribeira”. Participarán na mesma Xosé Cuns Traba, director da mostra; Xosé Lois Vilar Rodríguez, profesor do IES Número 1 de Riveira e responsable de Aprendizaxe de Linguas para Persoas Inmigrantes; o mauritano Nourdine Boudadia e a senegalesa Aissatou Ndiongue, ambos membros do Grupo de Voluntariado Social do Departamento de Servizos Sociais de Ribeira. 

PROGRAMACIÓN: 

Luns, 21 de xuño de 2010 

9.30 h

The Wooden Camera / A Cámara de Madeira

Ntshavheni Wa Luruli

Sudáfrica/Francia/Gran Bretaña 

2003 - 90’ – 35 mm – color – VO inglés - Subtitulado castelán  

    SINOPSE: A película desenvólvese en Cidade do Cabo e os seus redores, así coma na veciña vila de Khayelitsha, dez anos despois do fin do apartheid. Un día, Madiba e Sipho atopan un cadáver mentres xogan preto das vías do tren. O home tiña un arma e unha cámara. Sipho escolle o arma e Mandiba, a cámara, que tapa con madeira para disimulala. A sorte está decidida: mentres Sipho crea unha banda, Mandiba dedícase a filmar o mundo que lle rodea, descubrindo a súa beleza. En Cidade do Cabo, Madiba coñece e establece unha amizade especial con Estelle, unha rapaza que pertence a unha familia tradicional branca. 

12.00 h

One goal / Un obxectivo

Sergi Agustí 

Serra Leona / España 2008

26’ – MiniDV – color – VO inglés & krio - Subtitulado castelán  

    SINOPSE “One Goal” é u obxectivo. Pero tamén unha paixón. O documental lévanos polo camiño cara a paz que un grupo de mozos amputados de Serra Leona iniciou fai anos. A traveso da forza do seu xogo conseguiron converterse nun exemplo para a súa sociedade: de íconas da guerra a íconas do futuro e da paz en Serra Leona a traveso dunha paixón compartida: o fútbol. 

12.45 h

Humanitaire! / Humanitario!

Adama Roamba

Francia – 2007

16’ – Beta SP – color - VO francés – Subtitulado castelán  

    SINOPSE: Unha pista. Un camión. Un campo de refuxiados. Cada día, Barou, un traballador humanitario, recorre unha pista de terra para recoller aos refuxiados e levalos a un campo de acollida. Cada día, as persoas do campo esperan o seu regreso cos familiares que perderon durante o éxodo. É o tráxico día a día dun campo de refuxiados africanos. 
     

Martes, 22 de xuño de 2010 

9.30 h.

The Wooden Camera / A Cámara de Madeira

Ntshavheni Wa Luruli

Sudáfrica/Francia/Gran Bretaña 

2003 - 90’ – 35 mm – color – VO inglés - Subtitulado castelán 

12.00 h

Victimes de nos richesses / Víctimas das nosas riquezas

Kal Touré

Malí / Francia – 2006

58’ – Beta DG – color – VO bambara, francés & inglés – Subtitulado castelán.  

    SINOPSE: Un ano despois dos dramáticos acontecementos de setembro de 2005 nas fronteiras de Ceuta e Melilla, mozos africanos e africanas repatriados relatan as súas tentativas de cruzar a fronteira española, dando as súas versións do que aconteceu. 

13.00 h

Mesa redonda: “África na memoria. A realidade do colectivo inmigrante de Ribeira”

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: están a poñer elevadores no club de xubilados e na Oficina de Rehabilitación




Están en estas datas en obras os ascensores do Clube de Xubilados e da Oficiña do Casco Histórico, para mellorar a accesibilidade dos edificios municipais.

E quéixanse dos carteis, que son moi grandes (un lector no blog do alcalde, de onde foi tomada esta información).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: este sábado 19 de xuño inaugúrase o roteiro literario "Pensa Nao", ambientado na novela de Anxo Angueira co mesmo título

Dodro, 17 de xuño de 2010. En terra de grandes das letras como Dodro e como homenaxe á novela de Anxo Angueira ambientada nos anos 30, a Concellaría de Desenvolvemento local inaugura un roteiro literario polos escenarios desta obra.
Partirán de Manselle ás dez da mañá e recollerán velas ás doce e media en Bexo.Para os 50 primeiros que cheguen ao Souto, haberá un agasallo.

Como xa estamos case no verán, e en previsión de que faga quentura, recoméndase levar cantimplora ou botella de auga para a andaina. Para os pés, calzado cómodo e para a cachola, unha gorra ou viseira.



Non coñece vostede a obra de Anxo Angueira? Entón bótelle un ollo a estas reseñas que xuntaron no blog "Lectores galegos en Bos Aires". A novela deste dodrense gañou o premio Xerais en 1999. Na páxina desta editorial tes a súa ficha e o resto de obras publicadas, aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: SonCine ataca agora cunha curta de terror

E xa lanzan un "Así se fixo" que promete ser máis longo que a curta (vala o paradoxo)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia-Muros: os nacionalistas reuníronse con representantes do sector do mar

Noia-Muros, 17 de xuño de 2010. Representantes do BNG de Muros e Noia, encabezado polo responsábel comarcal Manuel González, así como a parlamentaria do BNG Ana Pontón mantiveron onte dúas reunións con representantes do sector do mar desta comarca co obxectivo de coñecer as súas demandas e proxectos de futuro.

A primeira reunión foi con representantes da Asociación de Produtores de Mexillón da Ría de Muros e Noia e tivo lugar en Muros, tamén estivo presente na mesma o alcalde desta localidade, Domingos Dosil. Os mexilloeiros trasladáronlle aos representantes  do BNG a necesidade de mellorar a comercialización do produto galego, e cuestionaron  a actual permisividade da administración ao respecto da etiquetaxe de produto foráneo como se fose galego. Tamén manifestaron a súa preocupación polo ordenamento dos parques de bateas, en actual proceso de revisión, e que crea incertezas no sector.


A segunda das reunións foi con representantes da confraría de Noia entre os que se atopaban o patrón maior, Santiago Cruz. Na mesma, á que tamén asistiu o portavoz do grupo municipal do BNG de Noia, Bieito González, os representantes do sector manifestaron a importancia do saneamento integral da ría e da recuperación dos bancos marisqueiros polo que agradeceron a labor feita polo BNG nas institucións nese sentido. Tamén amosaron unha inquedanza semellante aos produtores de mexillón referida á necesidade de mellorar a comercialización e evitar a venda de produtos foráneos como se foran galegos.

Con estas reunións o BNG da comarca de Muros e Noia xunto con representantes do BNG no parlamento galego inician unha rolda de contactos cos axentes sociais e económicos máis importantes da nosa comarca. Tanto Ana Pontón como Manuel González coincidiron en destacar a importancia económica tanto do marisqueo como do sector mexilloeiro nestes momentos de crise. 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical