17.6.10

Arte: as obras do premio internacional "Jesús Núñez", no auditorio de Ribeira ata o 8 de xullo

Ribeira, 17 de xuño de 2010. A partir de mañá e ata o próximo 8 de xullo a sala de exposicións do Auditorio Municipal de Riveira acubilla unha exposición na que se recollen 30 obras escollidas de entre as presentadas á terceira edición do Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, que organiza a Deputación Provincial da Coruña. 

Este certame está consolidado como un galardón de referencia para os artistas gráficos xa non só de Galicia senón a nivel nacional e internacional. Isto faise patente no feito de que nesta ocasión se presentaron 219 artistas de 22 países. 

Entre as obras expostas figuran a obra gañadora, “Invisible Darkness” da autora Eva Santín: unha xilografía que xoga co reflexo, a duplicidade e o inverso, coa profundidade do negro e a sutileza do gris. Eva Santín, madrileña, gañou este premio en 2008, con tan só 24 anos.

Ademais, houbo dous accesits que se foron para terras arxentinas: por unha banda, para “Continentes”, de Alicia Candiani, artista de longa traxectoria que na actualidade dirixe o Proxecto´ace en Bos Aires, e por otra “Retrospectiva”, de Alberto César Lavera, a máis apegada á figuración das tres creacións mencionadas, xa que nela hai unha clara mensaxe reivindicativa en relación ao conflito das Malvinas. 

Na mostra poden contemplarse outros gravados seleccionados para a mostra, dos artistas Ernesto Alva Franco, Javier Aranguren, Cristina Brea Lodeiro, Josefina Canal Rodríguez, Pablo Casado, Anas Castro Feijoo, Pablo Delfini Ana, Luis Filipe Folgado, Alberto Fojo Ferrer, Anne Heyvaert, Sonia Higuera, Gonzalo Sebastián Jorge, Ariel Kofman, Erramun Landa Mendibe, George Lebzelter, David Maes, Julia Matute, Juan Carlos Mestre, Beatriz Moreiro, Cristina Moroño, Susana Murias, Xosé Poldras, Eva Poyato, Pepa Satué, Israel Tamayo e Mauro Vallejo de Lucio. Deles, Cristina Brea, Alberto Fojo, Anne Heyvaert e Xosé Poldras son galegos, mentres que os restantes 23 son doutras comunidades autónomas españolas, Arxentina, Austria, Cuba, Estados Unidos, México e Portugal.

Se quere saber máis sobre este premio de gravado, aquí
 

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical