Entrega do premio o ano pasado a Silva RegueiraRibeira, 17 de xuño de 2010. O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Ribeira será escenario mañá, á unha da tarde, da presentación do terceiro Concurso de Novela Curta "Cidade de Ribeira", así como do libro impreso coa obra gañadora da anterior edición, “Vertixes”, de José Ignacio Silva Regueira, publicado pola Editorial Xerais.
O acto servirá tamén para asinar un convenio de colaboración entre Concello e Editorial Xerais para vindeiras edicións do Concurso de Novela Curta. Estarán na mesa o alcalde José Luis Torres Colomer, o autor José Ignacio Silva Regueira, o director de publicacións de Xerais, Manuel Bragado, e o concelleiro de Cultura, Luciano Fernández.
No xurado do ano pasado estaba o que hoxe é alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Contámoslle como foi aquela edición aquí
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario