30.9.11

Noia: moción de urxencia pola desfeita do xacemento de Taramancos

  • Reclámanlle á Xunta información sobre o atopado e o que se está a facer
  • Piden unha liña de subvencións para poder facer estudos arqueolóxicos, etnográficos e históricos nos concellos con patrimonio antigo
  • Tamén lle piden á Xunta que se manteña informados a todos os Concellos galegos onde se realizan escavacións


Chegarase a salvar este xacemento? Ou veremos de novo política de feitos consumados como pasou en Punta Langosteira?

Noia, 30 de setembro de 2011. Hoxe levouse ao pleno de Noia unha moción para intentar parar a desfeita do castro de Taramancos Vello. Como é habitual en Certo, e logo das informacións que ofrecemos estas semanas pasadas, reproducimos a moción íntegra:

URXENCIA

Ante o coñecemento pola prensa nestes dias que durante a escavación en Taramancos se procedeu a retirar parte dos elementos edificatorios sen ter coñecemento oficial desta actuación, faise preciso presentar unha moción urxente para reclamar información antes de que se retiren todos os restos.

MOCIÓN

Nas últimas datas  a prensa local recolle a polémica suscitada pola actuación da Xunta no relativo ao xacemento arqueolóxico aparecido en Taramancos. Da inspección visual do lugar, así como das declaracións feitas por representantes da Xunta de Galicia aos medios de comunicación dedúcese que se retiraron parte dos elementos construtivos, en concreto a cimentación dunha edificacion circular na
parte inferior do xacemento e un muro na parte superior.

O Concello de Noia só ten coñecemento oficial de que se vai facer unha escavación neste lugar e que posteriormente se comunicou a ampliación temporal do prazo de escavación, sen que se nos aporte máis información oficial ningunha ao respecto. Ante a interese público creado polas novas difundidas na prensa  de que se trata de asentamentos de restos de distintos periodos que abarcan desde a Idade
de Bronce ata o século IV, o Concello de Noia de xeito oficial diríxese á Xunta para solicitar a posible conservación dos restos  aparecidos, e mostrámonos parte no expediente.

A única contestación obtida é por parte da Consellería de Medio Ambiente. O conselleiro de Medio Ambiente durante a súa visita á obra indica que é un procedemento habitual, que en Galicia pasa porque hai moitos (castros), e logo por carta indícasenos que o tema está en Patrimonio, e que se está seguindo o trámite.

A pesar de que a Xunta dispón de informes previos desde Maio, en ningún momento se lle informa ao concello de Noia de ningún resultado, nin de ningún informe dunha escavación importante que se está
realizando dentro do termo municipal noiés. Ademais, o Concello de Noia non ten coñecemento de que en ningún momento se analizara a posible conservación dos restos.

Esta actuación, carente de transparencia e da máis mínima e necesaria colaboración interadministrativa é unha mostra máis da falla de sensibilidade do goberno autonómico presidido por Feijóo cara ao noso
Patrimonio, a nosa Historia e a nosa Cultura.

O Concello de Noia, dentro dos limitados recursos económicos, está a facer un enorme esforzo para a conservación do Patrimonio, tentando, na medida das nosas escasas posibilidades, facer estudios previos de investigación, etnográfica e histórica antes de realizar o proxecto e a obra, destinando para iso importantes recursos económicos ou ben conseguíndoos de outras administracións máis preocupadas polo patrimonio que o goberno Popular de Feijóo na Xunta de Galicia. Como exemplos de actuación son a intervención de rehabilitación nos Muiños da Pedrachan, onde a Conselleria de Vivenda dirixida naquel intre por Teresa Táboas, non só financiou o proxecto e a obra senón que tamén asumiu o custe da investigacion arqueolóxica, etnográfica e histórica do lugar e das súas xentes. E de igual xeito na intervención no lugar da Chainza, onde o Ministerio de Cultura tamen custeou os mesmos estudos para o proxecto: "Fabricas da Chaynça" e que non só vai permitir conservar unha fábrica de curtidos do século XVII e a recuperación dunha ponte medieval senón que vai posibilitar ter un mellor coñecemento da nosa historia e das nosas xentes.

Dada a enorme importancia que este xacemento ten para o coñecemento da nosa historia, o noso patrimonio cultural e a importancia económica que ten un xacemento sobre todo de cara ao turismo, o grupo de goberno propón que o pleno da corporación de Noia

ACORDE

1. Solicitar que desde a administración autonómica se informe periodicamente aos concellos onde se realizan intervencións arqueolóxicas por parte da Xunta de Galicia da marcha dos traballos.

2. Solicitar que de xeito inmediato a Xunta de Galicia comunique ao concello de Noia a información e o expediente íntegro relativos á escavación de Taramancos.

3. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia dos estudos feitos para a conservación dos restos aparecidos no xacemento de Taramancos.

4. Solicitar que a Xunta de Galicia informe ao Concello de Noia se durante a execución das obras se derrubou parte dos restos arqueoloxicos antes de comezar a escavación, en concreto se se afectou
aos posibles elementos defensivos da zona inferior da escavación, onde apareceron as cimentacións das edificacións circulares.

5. Solicitar que a Xunta de Galicia cre unha liña de subvencións para concellos e particulares para financiar estudos e proxectos arqueolóxicos e para estudos etnográficos e históricos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: adxudicada a obra do campo de fútbol de herba artificial en San Lázaro

Media_httpfarm7static_swapx

O novo campo estará nas inmediacións do que xa hai en San Lázaro

Noia, 30 de setembro de 2011. A empresa “CONSTRUCIONES Y OBRAS JOSE ANTONIO SLU.” resultou adxudicataria do concurso para a construción do campo de herba artificial en San Lázaro.

O concello de Noia sacou á licitación o concurso para a construción do campo de herba en San Lázaro con orzamento de 348.706,99€. Este orzamento está financiado o 70% pola Deputación provincial de A Coruña e o 30% polo concello de Noia.

O concello de Noia quedou fóra das dúas convocatorias que fixo a Deputación provincial de A Coruña para a construción de campos de herba artificial na provincia. O motivo para non acudir a estas convocatorias por parte do concello noiés era a falla de disponibilidade de terreos. Agora, grazas as xestións realizadas coa “Dirección general de la sostenibilidad de la costa y el mar” dependente do “Ministerio de medioambiente rural y marino” ampliouse a concesión existente do actual campo de fútbol de san lázaro en 6000 metros cadrados na actual zona do aparcamento do campo de futbol existente.

A concelleira de Deportes Mary Domínguez considera "moi importante esta actuación, xa que Noia é dos poucos concellos que non dispoñen de campo de herba artificial que resulta imprescindible dado o gran número de rapaces que practican este deporte con numerosos equipos de fútbol en competición nas distintas categorías".

A situación onde se vai construir este campo de herba artificial é o único sitio viable a día de hoxe: a ampliación da concesión de aparcamento é a única solución posible para dispor de terreos axeitados para a construcción de tan ansiado campo de herba artificial. Calquera outra localización ou alternativa ten problemas administrativos que farían que Noia volvera  quedar sen esta instalación.

Roo con campo homologado

O concello de Noia tamén está a realizar melloras no campo de fútbol parroquial de Roo, o  Campo da Xea, para que esta instalación vecinal teña as dimensión precisas que o habiliten para poder realizar partidos oficiais.

Pode que tamén lle interese:


I Encontro de Artistas Novos: o noiés Ismael Teira estivo alí 


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos


Estradas: cartos para seguridade viaria entre Noia e Cabo de Cruz


Urbanismo: ouro, así, non. Retirada de carteis ilegais

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: A Plataforma pola Sanidade Pública de Barbanza gaña o Premio Altofalante 2011

Barbanza e Noia: a Deputación osixena os Grumir con 45.000 euros para cada municipio que teña un

  • Destina 720.000 euros a 16 concellos coruñeses. Nestas bisbarras vense beneficiados Ribeira, Boiro e Noia

Coruña, 30 de setembro de 2011. O pleno da Deputación de A Coruña aprobou por unanimidade na sesión ordinaria desta mañá un convenio que formaliza unha inversión de 720.000 euros aos Grupos Municipais de Intervención Rápida de 16 concellos da provincia (Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ordes, Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo).
 Destínanse 45.000 euros para cada un dos municipios incluídos no convenio. Servirán para pago de gastos de persoal e material funxible correspondente ao funcionamiento do grupo e que, desde o concello, deberá ser xustificado mediante certificación de gastos realizados.
 
Media_httpfarm5static_hjbdg

Os GRUMIR teñen como obxecto ofrecer unha resposta inmediata en situacións de emerxencia como poden ser incendios forestais e urbanos, accidentes de tráfico, inundacións, primeiros auxilios, asistencias domiciliarias, apoio en materia de seguridade vial, actividades medioambientais, cooperación en axudas humanitarias e outras urxencias.
 

 

.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: ata o 30 de outubro, óleos de Pepe Agra no Centro de Interpretación do Castro de Baroña

As fotos son da Inauguración que tivo lugar hoxe día 30 de setembro de 2011 no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

DÍPTICO Pepe Agra.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe fai público o patrimonio dos seus deputados galegos

71421 carta presidenta.PDF Download this file

  • Autorizan á presidenta do Parlamento a abrir os sobres coas declaracións
  • Abel Losada insta aos demais grupos a apoiar no próximo Pleno a iniciativa socialista para regular a obriga legal de darlle publicidade aos bens e actividades dos altos cargos da Xunta de Galicia e dos parlamentarios autonómicos
  • O portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage, recórdalle a Feijóo que será o Parlamento o que aprobe a Lei que regula a publicidade de bens e actividades de tódolos altos cargos , “non só dos conselleiros/as e do Presidente”.

Media_httpfarm5static_ewrfp

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011. O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou hoxe que este Grupo Parlamentario vén de facer público o patrimonio dos seus deputados e deputadas. O portavoz do Grupo, o portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage, e a viceportavoz María José Caride, presentaron hoxe unha carta no Rexistro da Cámara na que autorizan á presidenta a abrir as declaracións de bens.

Os socialistas galegos, explicou Losada, toman esta decisión facendo “un exercicio de transparencia e responsabilidade” e instou aos demais grupos parlamentarios a seguir o mesmo exemplo e apoiar a iniciativa socialista para regular legalmente a publicidade dos bens e actividades dos altos cargos da Xunta de Galicia.

Losada sinalou que a medida é o “corolario” da acción política deste grupo e dos socialistas a nivel de España, no goberno do Estado, así como noutras comunidades autónomas para facilitar a apertura ao público dos bens e actividades dos deputados e deputadas, así como dos membros dos executivos.

Explicou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha iniciativa socialista para regular a publicidade dos bens e actividades dos altos cargos da Xunta de Galicia, así como dos parlamentarios e parlamentarias.

Patrimonios públicos

O portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage explicou que “hoxe facemos pública a declaración de bens de tódolos deputados e deputadas do grupo socialista” e engadiu que con esta iniciativa “en media hora a presidenta do Parlamento pode dar a coñecer a tódolos cidadáns e cidadás a nosa declaración de patrimonio”.

Lage Tuñas explicou que “o PSdeG non fará ningún acordo entre bambalinas, será o pleno do Parlamento o escenario onde se poida producir un amplo acordo, non supeditado ao executivo”.

Recordoulle a Núñez Feijóo que “será o parlamento o que aprobe unha lei que regule a publicidade dos bens e actividades dos altos cargos da Xunta de Galicia” e precisou que “é ao poder lexislativo ao que lle corresponde lexislar sobre a administracción autonómica e sobre os seus altos cargos e instou a PP e BNG a “chegar a un acordo na próxima sesión plenaria”.

Lage Tuñas valora “positivamente” que o presidente da Xunta “rectifique as reiteradas negativas do Partido Popular nesta materia” e expuso que “veu arrastrado porque sabe que no vindeiro pleno se vai tramitar a nosa proposta”. Engadiu en alusión ao PP que “os mesmos que consideraban hai pouco que xa había controis abondo sobre os patrimonios, agora xa non ven tan mal a nosa proposta”.

Recordou que Pedro Puy –portavoz do Grupo Popular- ten afirmado tanto en xaneiro como en setembro deste mesmo ano que ” non era necesaria mais publicidade nin transparencia, que as declaracións están perfectamente controladas polo Parlamento e a Xunta”.

Predicar co exemplo

José Manuel Lage instou ao presidente da Xunta a votar a favor da iniciativa socialista no vindeiro pleno “como deputado que é” e así poder regular por lei a obriga de facer pública anualmente a declaración de actividades e bens patrimoniais. Explicou que “transparentar as rendas, as actividades, os bens dos altos cargos da Xunta de Galicia así como dos deputados e deputadas é unha decisión que mellora a calidade democrática do noso País”.

Lage Tuñas pediulle tamén á presidenta da Cámara “que consiga que os outros grupos fagan o mesmo e que se abran os sobres dos bens e patrimonios que tódolos deputados e deputadas temos que presentar cando entramos no Parlamento e cando hai algunha modificación no noso patrimonio” e engadiu que “non creo que ninguén teña nada que ocultar”.

Sinalou que “os socialistas predicamos co exemplo, como fixen eu fai agora oito meses” –en alusión á publicación do seu patrimonio- e considerou “saudable que o PP rectifique” e amosouse “moi contento de que a iniciativa do Grupo Socialista se abra camiño e faga posible mais transparencia na vida pública galega”.

Altos cargos da Xunta

Lembrou que, de acordo co decreto do Goberno de Fraga aprobado en 1995, e coa Lei de Transparencia aprobada no Parlamento na pasada lexislatura, a declaración nos rexistros é obrigatoria para os directores xerais, os secretarios xerais, os altos cargos da administración periférica da Xunta e para os directivos e presidentes das entidades que conforman o sector público autonómico así como para os conselleiros e conselleiras e para o presidente.

Explicou así que “será o Parlamento quen determine cómo hai que facelo, igual que se fixo en Castela A Mancha, Andalucía e Estremadura, e non é Feijóo quen determina cómo hai que facer as declaracións de patrimonio senón que terá que ser regulado por lei”.

Dixo que esta medida “non se resolve vía decreto”, senón que a Cámara “decide qué tipo de declaración hai que facer, quén ten que facela e cantos anos ten que estar un alto cargo dando conta das actualizacións do seu patrimonio logo de pasar pola Xunta”.

Parque Móbil

O portavoz da Área Institucional amosou a súa comprensión de que o presidente da Xunta “estea preocupado e non lle guste aparecer como a persoa que se opón á redución do parque móbil da Xunta”, pero lembrou que “en todo caso foron os votos do PP, incluido o seu, os que propiciaron que na Xunta continúen os mesmos privilexios” ao rexeitar no pasado Pleno do Parlamento a iniciativa socialista de reducción do 80% dos vehículos oficiais da Xunta.


Antes, en Certo:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: realizan prospeccións para o estudo xeotécnico do edificio onde irá o futuro mercado

  • Os operarios farán novas catas onde vai o aparcadoiro subterráneo do Malecón
Ribeira, 30 de setembro de 2011.- O Concello informa de que no transcurso desta semana está tendo lugar o estudo xeotécnico do terreo no que se asentará o futuro mercado municipal: un requisito ineludible que servirá de base para a elaboración do proxecto técnico desta obra.  

Con esta actuación, dáse outro paso máis na consecución dun novo mercado municipal para o municipio. Tal e como lembrou o alcalde Manuel Ruiz Rivas no pleno ordinario do pasado luns, a execución do inmoble adscríbese ao plan Riveira Atlántica 2015 e para a súa construción aprobouse unha partida orzamentaria de 2,77 millóns de euros, ademais doutra de 93.000 euros para a redacción do proxecto. 

Resistencia do terreo

O estudo xeotécnico citado está a consistir na realización dunha serie de calicatas (unha técnica de prospección para escavacións de pequena profundidade) co fin de comprobar a resistencia do terreo. Os operarios iniciaron estes traballos o pasado luns e proseguirán a vindeira semana.  

Ademais de actuar no entorno da actual praza de abastos tamén estiveron facendo prospeccións no lugar onde este servizo se vai instalar temporalmente: un solar moi próximo situado na praza de España que acollerá unha carpa pneumática de 400 metros cadrados de superficie  e que acollerá os labores de compravenda mentres teñan lugar as tarefas de derrubo da praza actual e a construción do vindeiro mercado. 
 

200 prazas subterráneas para vehículos

A continuación, os operarios proseguirán o seu traballo con novas prospeccións no lugar onde se prevé situar o parking subterráneo do Malecón: un proxecto que está ligado ao do mercado municipal e que contará con 200 prazas de aparcamento, segundo informou Ruiz Rivas no pleno do luns.  

Volvendo ao novo mercado, a intención do Executivo é que o expediente de demolición e o traslado de preceiros e praceiras poida cristalizar xa no presente ano. Ademais dos postos dos praceiros e praceiras, o edificio dará cabida a un centro comercial para produtos non perecedoiros e a unha cafetería/restaurante con miradoiro.

Pode que tamén lle interese:


Cursos: "Flor de Toxo" abre escola de música tradicional. Anótate!


Fungos: voltan os Luns Micolóxicos dende o 3 de outubro


Rúa Lepanto: van meter o gas. Dez días máis de obras



Fin de semana multiaventura: aberta a inscrición. De 18 a 35 anos


Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro


Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: denuncian que deitan raticida na praia do Areal e que aparecen cans e gaivotas mortas nos areais

Media_httpfarm7static_gqwrd

A Pobra do Caramiñal, 30 de setembro de 2011. A asociación protectora de animais "Moura" informa de que na praia do Areal na Pobra véñense atopando bolsas con veleno, en concreto para ratas. Fai 12 días que un dos colaboradores desta asociación atopou unha bolsa con raticida medio comida e outra bolsa co mesmo tóxico baleira, en distintos lugares da praia. Aínda que era sospeitoso, pensou que podía ser algo casual. Nembargantes, este mércores 27 de setembro, atopáronse dúas bolsas máis con veleno, parcialmente abertas e en lugares ben visibles do areal, postas sen dúbida co propósito de causar algún tipo de dano aos animais que adoitan pasear por ela, xa que estaban en sitios perfectamente accesibles, separados entre se e onde non podía chegar a auga do mar.
Media_httpfarm3static_hjzza

Postos en contacto con xente que pasea os seus cans por esta praia, averiguouse que alomenos en dúas ocasións cans que paseaban por Os Areeiros inxeriron este tipo de veleno. Os dous casos tiveron lugar no último mes. Nunha delas conseguiron sacarlle a bolsa de veleno da boca e o can estivo moi grave, aínda que conseguiu salvarse.

Tamén queren denunciar dende "Moura" que un can que estaba abandonado e que pasaba a maior parte do tempo nos arredores desta praia urbana apareceu a semana pasada morto e sen sinais aparentes de violencia. O mesmo aconteceu con outro can na praia da Illa, en Cabío. "E iso sen mencionar as numerosas gaivotas que ultimamente aparecen mortas en praias pobrenses", rematan os de "Moura", que sinalan que xa se presentou denuncia por estes feitos na Policía Local e na Garda Civil da Pobra.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia e Ribeira: "A Creba" celebra o Día Mundial da Saúde Mental con varios actos

  • En Noia, no claustro do Concello, haberá unha mesa informativa entre o luns 3 e o martes 11 de outubro, no que tamén venderán produtos artesanais
  • En Ribeira, o venres 7 de outubro, proxectan "Ramón e Xulia", curtametraxe producida por esta asociación e baseada na famosa historia de Romeo e Xulieta de Shakespeare
 
Barbanza-Noia, 30 de setembro de 2011. O vindeiro 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. Segundo explican dende A Creba, "é unha xornada importante para as persoas con enfermidade mental e os seus familiares, posto que nos permite dar a coñecer mellor a realidade que vivimos durante todo o ano. Así desde A Creba, queremos celebrar unha vez máis este 10 DE OUTUBRO como unha oportunidade para reclamar que este tipo de trastornos poidan considerarse como o que son: unha ENFERMIDADE MÁIS, que precisa de tratamentos e de apoios, si; pero que non debe impedir ás persoas para levar unha vida como calquer outra.A pesar de tódolos avances, desde A Creba, atopámonos con que aínda neste século XXI se manteñen os prexuízos cos que a sociedade moitas veces exclúe ás persoas diagnosticadas de trastorno mental".
 
A Creba escolleu como lema para este ano: "AFRONTA O RETO: COLABORA NA MELLORA DA SAÚDE MENTAL". Porque tod@s: responsables políticos, empresarios profesionais socio-sanitarios, educadores, ou simplemente os veciños somos necesarios para cumplir este obxectivo.
 
Entre as actividades para este ano destaca unha mesa informativa e de venda dos productos que artesanalmente se fan na entidade, no Claustro do Concello de Noia. Asimesmo haberá na entrada un collage feito polos usuari@s da entidade donde cada quen poderá deixar por  escrito calquer pensamento que se lle ocorra sobre o tema. Desde o luns 3 ata o martes 11 de outubro
 
Presentación de curtametraxe en Ribeira
Tamén queren convidar a todo o mundo á presentación da curtametraxe realizada por A CREBA PRODUCCIÓNS 2011, "RAMÓN E XULIA" que se celebrará no AUDITORIO DE RIBEIRA o Venres 7 DE OTUBRO de 2011, ás 20:30h. Este proxecto comezou en setembro de 2010 ata xuño de 2011 nun obradoiro de teatro-cine. Nel escribiuse un guión cinematográfico e coa colaboración de varias persoas do mundo profesional do audiovisual galego gravaron unha curtametraxe baseada no clásico "Romeo e Xulieta" con personaxes adaptados ao noso dia a dia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades deportivas para este curso e "Preescolar na Casa"

Actividades Deportivas 2011.pdf Download this file


Media_httpfarm5static_ulsef

Dodro, 30 de setembro de 2011. A concellería de Deportes, que dirixe José Núñez, avanzou a programación deportiva para 2011-2012.
As actividades comezarán o 3 de outubro baixo o lema " Gasta as túas zapatillas". Haberá unhas específicas para a 3ª idade (A.F.adaptada) e para maiores tamén ximnasia de mantemento, tonificación pilates e bailes de salón.
Para os rapaces de 3 a 16 anos psicomotricidade, predeporte, fútbol 7, voleibol, tenis e como novidades este ano haberá patinaxe e baile.
Tamén van organizar campionatos de tenis, clases e campionatos de pádel e saídas ás termas e senderismo así como actividades no exterior. O custe será de 10 euros ao trimestre para os menores de 16 anos e de 15 euros para os maiores, sendo gratuita a A.F. adaptada.

Preescolar na Casa en Lestrobe e Imo

Por outra banda, a concellería de Servizos Sociais e Igualdade presentou hoxe ás familias o programa "Preescolar na Casa". O obxectivo de este programa é contribuír á formación de pais con nenos entre 0 e 3 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria. Esta actividade levase a cabo en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Preescolar na Casa.
Manterase a actividade como en anos anteriores sen minorar os días nin as horas. Serán en Lestrobe os luns alternos de 16h a 18h e en Imo os martes alternos de 16,30h a 18,30h.

Un saúdo
Marisol Boga

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: "Airiños" representa "Ata que a morte nos separe" o 7 e o 9 de outubro no auditorio

Media_httpfarm7static_hbiaa

Airiños está en plena xira con esta obra. O cartel é da estrea en Ribeira

Rianxo, 30 de setembro de 2011. O cadro artístico "AIRIÑOS" do Centro Cultural "Simón Varela" abre a programación do Outono Cultural 2011 e estrea a súa nova tempada coa representación da obra "Ata que a morte nos separe", baseada na farsa "4 corazones con freno y marcha atrás", de Enrique Jardiel Poncela . Versión e direción de Esther F. Carrodeguas .
As representacións terán lugar no Auditorio de Rianxo os vindeiros días:
- Venres 7 outubro - 21.00 h
- Domingo 9 de outubro - 20.00 h
Retirada de invitacións: 1 hora antes das representacións

Pode que tamén lle interese:


Rosalía sempre viva: do 1 ao 15 de outubro


Oferta pública de emprego: preselecionan un orientador laboral


Cursos: para emprendedores e cooperativistas, en outubro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Fernando Ónega, Los Chiky´s e Frinsa, homenaxeados o 26 de novembro

O acto terá lugar o sábado 26 de novembro no transcurso da Primeira Gala Anual do Club Exxpopress, na que se entregarán tamén os Premios Exxpopress-2011 nos ámbitos comarcal, rexional e nacional e internacional.

Barbanza, 30 de setembro de 2011.  O Club Exxpopress (colectivo cultural sen ánimo de lucro e de ámbito rexional, creado e promovido por xornalistas, pero aberto a toda a sociedade), celebrará a súa Primeira Gala Anual o sábado día 26 de novembro de 2011 a partir das 21.00 horas no Restaurante Chicolino de Boiro (A Coruña). No transcurso de dita gala, á que asistirán representantes de diversas administracións e colectivos empresariais e socioculturais, rendirase homenaxe a:

  1. Fernando Ónega López, xornalista, no cincuentenario da súa traxectoria profesional
  2. Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa (Ribeira), no cincuentenario da creación da empresa
  3. Integrantes do grupo musical Los Chiky´s, de A Estrada, no cincuentenario da creación da formación.

Asimesmo, procederase á entrega dos Premios Exxpopress-2011, cos que o Club quere recoñecer o traballo daquelas persoas, empresas, colectivos ou institucións que máis se teñan destacado no ano en curso na promoción e o traballo por Galicia nos aspectos turístico, sociocultural ou empresarial, dende os ámbitos comarcal, autonómico e nacional/internacional. O fallo do xurado nomeado a tal efecto coñecerase a mediados de novembro.

Galardoados e homenaxeados recibirán unha escultura diseñada en exclusiva polo artista Jontxu Argibay. Os homenaxeados con motivo do seu cincuentenario profesional recibirán ademáis a Insignia de Prata que acompaña ó seu nomeamento como Socios de Honra do Club e  que este ano recibirá tamén a Asociación de Empresarios Turísticos Arousa-Norte, que preside Manuel Domingo Rodríguez Fernández.

O Club Club Exxpopres, apadriñado polo presentador de televisión José María Íñigo, está formado por xornalistas de prensa, radio, televisión e medios dixitais, pero tamén por persoas alleas a esta profesión. Creouse coa intención de implicar a empresarios, xornalistas e sociedade en xeral nun proxecto común: a promoción turística, cultural e empresarial de Galicia.

Pode que tamén lle interese:








Obradoiro de escultura, por Jontxu Argibay: comeza en outubro. Vaite anotando!


  Cursos de fotografía: en outubro e novembro, por Olláparo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o luns, 3 de outubro, charla sobre servizos mancomunados no Liceo Marítimo

Cartel

Ribeira, 30 de setembro de 2011. O vindeiro luns, día 3 de outubro, ás 20:30 horas terá lugar nos locais do Liceo Marítimo de Ribeira unha charla informativa sobre "A Reordenación do territorio: os servizos mancomunados". Está organizada por parte do comité local do PSG-PSOE de Ribeira e será impartida pola conocida experta en Economía da Unión Europea, María Cadaval Sampedro. A conferencia está aberta ao público en xeral. Segundo explica o Psoe ribeirense, ao longo do ano vai haber varias conferencias nas que se pretende dar información á cidadanía sobre problemas que lles afectan.

Máis actividades no Liceo

A Sociedade do Liceo Marítimo acubillará, ao longo de outubro dous obradoiros de saúde. A Escola Galega de Saúde para Cidadás dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia impartirá, de balde e previa inscrición, os talleres de "Dolores Neuropáticas en relación con la Fibromialgia" e "Prevención y cuidados en la nutrición de las personas diabéticas". O límite de prazas é de trinta persoas.

Pode que tamén lle interese:


Fin de semana multiaventura: aberta a inscrición. De 18 a 35 anos


Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro


Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 8 de outubro actúa o Roberto Somoza Trío, nunha nova "Noite de Jazz"

Rianxo masterclass.pdf Download this file

  • Presenta "STANDARS & BALLADS"


Roberto Somoza, hai uns anos, fronte á catedral de San Martiño de Mondoñedo, en Foz

Rianxo, 30 de setembro de 2011. Volven as noites de Jazz ao Auditorio de Rianxo, no marco da programación do Outono Cultural. Desta volta o compositor e músico rianxeiro ROBERTO SOMOZA, presenta o vindeiro sábado 8 de outubro ás 20.00 h. o seu último traballo discográfico STANDARS & BALLADS, para o que conta coa colaboración especial do músico americano STEVE BROWN, e do contrabaixo RISTO VOULANNE.

O recoñecido mastro do jazz e da improvisación STEVE BROWN, impartirá ao longo da tarde do sábado unha MASTER CLASS sobre
“IMPROVISACIÓN E INICIACIÓN Á MÚSICA MODERNA”, organizada pola Escola de Música de Rianxo. Os interesados deben contactar coa Escola.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical