- En Noia, no claustro do Concello, haberá unha mesa informativa entre o luns 3 e o martes 11 de outubro, no que tamén venderán produtos artesanais
- En Ribeira, o venres 7 de outubro, proxectan "Ramón e Xulia", curtametraxe producida por esta asociación e baseada na famosa historia de Romeo e Xulieta de Shakespeare
Barbanza-Noia, 30 de setembro de 2011. O vindeiro 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. Segundo explican dende A Creba, "é unha xornada importante para as persoas con enfermidade mental e os seus familiares, posto que nos permite dar a coñecer mellor a realidade que vivimos durante todo o ano. Así desde A Creba, queremos celebrar unha vez máis este 10 DE OUTUBRO como unha oportunidade para reclamar que este tipo de trastornos poidan considerarse como o que son: unha ENFERMIDADE MÁIS, que precisa de tratamentos e de apoios, si; pero que non debe impedir ás persoas para levar unha vida como calquer outra.A pesar de tódolos avances, desde A Creba, atopámonos con que aínda neste século XXI se manteñen os prexuízos cos que a sociedade moitas veces exclúe ás persoas diagnosticadas de trastorno mental".
A Creba escolleu como lema para este ano: "AFRONTA O RETO: COLABORA NA MELLORA DA SAÚDE MENTAL". Porque tod@s: responsables políticos, empresarios profesionais socio-sanitarios, educadores, ou simplemente os veciños somos necesarios para cumplir este obxectivo.
Entre as actividades para este ano destaca unha mesa informativa e de venda dos productos que artesanalmente se fan na entidade, no Claustro do Concello de Noia. Asimesmo haberá na entrada un collage feito polos usuari@s da entidade donde cada quen poderá deixar por escrito calquer pensamento que se lle ocorra sobre o tema. Desde o luns 3 ata o martes 11 de outubro
Presentación de curtametraxe en Ribeira
Tamén queren convidar a todo o mundo á presentación da curtametraxe realizada por A CREBA PRODUCCIÓNS 2011, "RAMÓN E XULIA" que se celebrará no AUDITORIO DE RIBEIRA o Venres 7 DE OTUBRO de 2011, ás 20:30h. Este proxecto comezou en setembro de 2010 ata xuño de 2011 nun obradoiro de teatro-cine. Nel escribiuse un guión cinematográfico e coa colaboración de varias persoas do mundo profesional do audiovisual galego gravaron unha curtametraxe baseada no clásico "Romeo e Xulieta" con personaxes adaptados ao noso dia a dia.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario