30.9.11

Dodro: actividades deportivas para este curso e "Preescolar na Casa"

Actividades Deportivas 2011.pdf Download this file


Media_httpfarm5static_ulsef

Dodro, 30 de setembro de 2011. A concellería de Deportes, que dirixe José Núñez, avanzou a programación deportiva para 2011-2012.
As actividades comezarán o 3 de outubro baixo o lema " Gasta as túas zapatillas". Haberá unhas específicas para a 3ª idade (A.F.adaptada) e para maiores tamén ximnasia de mantemento, tonificación pilates e bailes de salón.
Para os rapaces de 3 a 16 anos psicomotricidade, predeporte, fútbol 7, voleibol, tenis e como novidades este ano haberá patinaxe e baile.
Tamén van organizar campionatos de tenis, clases e campionatos de pádel e saídas ás termas e senderismo así como actividades no exterior. O custe será de 10 euros ao trimestre para os menores de 16 anos e de 15 euros para os maiores, sendo gratuita a A.F. adaptada.

Preescolar na Casa en Lestrobe e Imo

Por outra banda, a concellería de Servizos Sociais e Igualdade presentou hoxe ás familias o programa "Preescolar na Casa". O obxectivo de este programa é contribuír á formación de pais con nenos entre 0 e 3 anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria. Esta actividade levase a cabo en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Preescolar na Casa.
Manterase a actividade como en anos anteriores sen minorar os días nin as horas. Serán en Lestrobe os luns alternos de 16h a 18h e en Imo os martes alternos de 16,30h a 18,30h.

Un saúdo
Marisol Boga

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical