Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

7.12.12

Rianxo: o luns 10 de decembro recollen en Madrid un premio á biblioteca do Brea Segade de Taragoña

  • Foi acadado nun certame que premia as boas prácticas para a dinamización e innovación nas bibliotecas escolares, concedido o ano pasado
  • Foron seis as bibliotecas galegas galardonadas
  • Tres profesoras do colexio de Taragoña irán recollelo

Media_httpwwwblogotec_jyddj

Imaxe que abre o blog da biblioteca do Brea Segade

Rianxo, 7 de decembro de 2012. O vindeiro luns, 10 de decembro, ás 12:30 terá lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega dos premios do concurso nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación en bibliotecas escolares 2011. Seis bibliotecas escolares galegas, entre elas a biblioteca do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, resultaron premiadas. A biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade recibirá un terceiro premio co que se valora a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, as actividades de fomento da lectura e as iniciativas de difusión do patrimonio literario propio.

O premio xa fora comunicado aos centros e publicado no BOE en novembro do 2011 pero será o vindeiro luns cando se leve a cabo o acto oficial de entrega do mesmo. Tres profesoras do CEP Brea Segade vanse desprazar a Madrid para recoller un premio que supón "un motivo de orgullo e unha enorme satisfacción para toda a comunidade escolar. Entendemos que o premio supón un recoñecemento ao compromiso do conxunto da comunidade educativa do CEP Xosé Mª Brea Segade cun ensino público de calidade, enraizado no noso medio social e cultural", explican dende o colexio taragoñés.

Blog da Biblioteca Escolar Brea Segade de Taragoña:

www.blogoteca.com/bbs

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

8.11.12

Ribeira: o Concello merca por 430.000 euros a NovaGalicia Banco a biblioteca municipal

  • Vaise redistribuír a biblioteca, que antes só ocupaba 300 metros, reubicar a persoal de cultura e crear dous espazos polivalentes para diferentes actividades
  • O luns que vén, 12 de novembro, xa vai ter a primeira actividade, coa presentación do libro da Deputación sobre o pintor Manuel Ayaso

Media_httpfarm9static_dgamd

O alcalde, en parte da instalación mercada polo Concello

Ribeira, 8 de novembro de 2012.- O Concello amplía a súa oferta de instalacións de carácter cultural despois de ter formalizada esta mesma mañá a compravenda do segundo andar do edificio número 20 da rúa Manuel Lustres Rivas 20: sede da actual Biblioteca Municipal, que estaba a ocupar en precario 300 dos máis de 900 metros cadrados que ten a planta.

O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, visitou hoxe esta infraestrutura e fixo partícipe aos medios de comunicacións acerca dos plans que ten reservado o Executivo para este novo espazo de titularidade pública, que foi adquirido á entidade intervida polo Banco de España Novagalicia Banco.

A compra do recinto vai permitir non só garantir a continuidade da biblioteca nas mesmas instalacións (o cal podía correr risco en función das necesidades que puidese ter a entidade financeira), senón ademais a súa ampliación e redistribución con vistas a solucionar determinadas eivas provocadas pola convivencia nun mesmo espazo da propia biblioteca, da sala estudo, da área de lectura e da sección destinada ao uso de ordenadores.

Máis horarios de exposición

A adquisición tamén redundará  nunha mellor optimización do labor do persoal municipal, xa que os traballadores de Cultura que están no Auditorio serán reubicados neste edificio, o cal, combinado co persoal da Biblioteca, propiciará maiores horarios de atención ao público, especialmente coa visita a exposicións a horas en que o Auditorio estaba habitualmente pechado.

Finalmente, o inmoble acollerá dous novos espazos que veñen a paliar outras tantas carencias que tiña o Concello: un salón de actos para a realización de cursos, presentacións literarias e outros eventos de semellantes características e unha sala de usos múltiples de máis de 200 metros cadrados de superficie, pensada fundamentalmente para a celebración de exposicións, que será adaptable e reconvertible en tres estancias independentes.

Precisamente, a primeira destas instalacións -o salón de actos- serán estreadas xa o próximo luns día 12 coa presentación ás 20 horas dun libro que, nunha coidada edición a cargo da Deputación Provincial de A Coruña, recolle unha antoloxía da obra do artista local Manuel Ayaso.

Pago en tres prazos anuais

A compravenda foi formalizada por 430.000 euros, dos cales 20.000 se fixeron efectivos esta mesma mañá. Haberá dúas novas entregas, de 205.000 euros cada unha, nos anos 2013 e 2014. 

Presentación do libro sobre Ayaso

Media_httpfarm9static_rhqde

As instalacións adquiridas no día de hoxe polo Concello de Ribeira no andar onde está ubicada a Biblioteca Municipal van ser estreadas xa o vindeiro luns, día 12 de novembro, coa presentación do libro que, editado pola Deputación Provincial da Coruña, recolle unha coidada e ampla selección antolóxica do pintor Manuel Ayaso.

O acto, de acceso libre, terá lugar ás 20 horas no salón de actos existente no devandito inmoble e contará  coa participación da vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín, do alcalde de Ribeira e tamén deputado provincial Manuel Ruiz, e do propio artista, nacido en Aguiño no ano 1934.

O libro, que forma parte da colección Grandes Pintores da Deputación, abarca dende os primeiros traballos realizados por un xoven Ayaso (pertencentes a súa etapa de estudante nos Estados Unidos entre 1953 e 1956) ata as obras máis recentes, como as que forman parte da serie Entredous, elaboradas conxuntamente co pintor noiés Alfonso Costa. A relixión, o mar, o antroido ou os seus retratos e autoretratos son algunhas das temáticas características do autor e que están contidas ao longo das máis de 300 páxinas da publicación.

Prologado polo poeta e editor Miguel Anxo Fernández Vello, o volume intercala textos alusivos ao artista de Mercedes Rozas, Eva Veiga, Carlos García Bayón, Ermin R. Biel ou Enrique García Hernáiz. Tamén hai un texto escrito polo propio Manuel Ayaso no que recolle lembranzas da súa nenez.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

7.11.12

Ribeira: o Concello formalizará mañá a adquisición da biblioteca municipal

Antes, en Certo:


Urbanismo: é un pelotazo para NovaGaliciaBanco a venta da biblioteca municipal?

Ribeira, 7 de novembro de 2012.- Está previsto que no día de mañá se formalice a adquisición por parte do Concello do local anexo á Biblioteca Municipal de Ribeira.

A tal efecto, o alcalde Manuel Ruiz Rivas visitará ás 12.30 horas estas instalacións, na rúa Manuel Lustres Rivas número 20, de case 1.000 metros cadrados de superficie, e explicará aos medios informativos cales son os plans que o Executivo ten reservado para este novo espazo municipal.

Poxas das empresas que concorreron á licitación das pistas rurais de A Tasca e Frións

En sesión de hoxe tivo lugar no Consistorio a apertura dos sobres B do proxecto de dinamización e de inclusión social a través do deporte en pistas rurais, o que implica a construción no municipio de dúas novas pistas polideportivas de 40x20 metros, situadas en A Tasca (Aguiño) e Frións (Carreira). Cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), esta actuación ten un prezo de licitación de 116.795,07 euros, IVE incluído.

Unha vez abertos os citados sobres B, as ofertas económicas presentadas resultaron ser:

    Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.:   96.195 €
    Instalaciones Deportivas Gallegas, S.L.: 102.434,07 €
    Sport Equipalia, S.L.     107.622,71 €
    Happy Park, S.L.     87.597,95 €


Acto seguido, os servizos técnicos do Concello procederán a estudar as devanditas ofertas para ver se se cumpre coa normativa,  antes da efectiva adxudicación do proxecto.

Tapiado de baixo comercial por salubridade

Por outra banda, o Concello tamén informou hoxe de que, vistos os preceptivos informes e por motivos de saubridade pública, dende a Concellería de Sanidade se adoptou a decisión de tapiar a parte da cristaleira do baixo comercial de Miguel Rodríguez Bautista, esquina Mariño de Rivera, que aparecera descuberta hai uns días. A tal efecto, operarios municipais realizaron esta mesma mañá os labores oportunos. Esta medida ten lugar con independencia de que segue o seu curso o expediente administrativo aberto polo Concello.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

30.5.12

Ribeira: charla sobre compostaxe en Palmeira este xoves 31 e apertura da biblioteca os sábados

Media_httpfarm7static_iuaga

Aparello para tronzar restos de podas de árbores e facer compostaxe

Ribeira, 30 de maio de 2012.- Mañá xoves 31 de maio, ás 18 horas, terá lugar unha nova charla informativa sobre compostaxe, reciclaxe e separación de residuos. Será ás 18 horas no Local Parroquial de Palmeira e estará impartida unha vez máis por membros de Protección Civil, os cales previamente recibiron un curso específico de formación a fin de contar cos coñecementos necesarios.

O acto é público e gratuíto para quen queira asistir. Os veciños que acudan ao citado centro cultural recibirán, en sintonía co contido da actividade, bolsas de 20 litros de capacidade coas que facer máis cómoda a segregación de refugallos en orixe (hainas amarelas para depositar os envases de plástico, latas e briks; azuis, para o papel e cartón; e verdes para o vidro).

Composteiros

Ademais, os que así o desexen poderán aspirar a recibir un dos 50 composteiros de 360 litros de capacidade, fabricados a partir de material reciclado, que Sogama entregou ao Concello nesta primeira fase do programa, co fin de seren distribuídos entre vivendas rurais e outorgarlles así a posibilidade aos seus ocupantes de transformar a materia orgánica xerada nun abono con excelentes propiedades para o solo.

Dende o Concello se tomará nota de todos os veciños interesados en percibir un destes composteiros, tanto na charla de mañá como no resto de charlas que se sucederán proximamente. No caso de que a demanda excedese á oferta, estes recipientes serían entregados priorizando a aqueles peticionarios que cumprisen unha serie de requisitos (como criar animais nas súas casas, etc...).

Biblioteca aberta os sábados de xuño para familiarizar aos nenos

Media_httpfarm3static_mcswf

Tamén informou hoxe o Concello de que "visto éxito obtido pola nova iniciativa “Sábados de Libro na Biblioteca” que se desenvolveu no marco do Maio Cultural 2012 (unha acción que congregou a centos de nenos e nenas procedentes das nove parroquias), o Concello adoptou a decisión de abrir esta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas de Santa Uxía os sábados pola mañá do mes de xuño, co obxectivo fundamental de que os máis pequenos se familiaricen con esta dependencia municipal e coñezan de primeira man os servizos que presta".

A tal efecto, os sábados 2, 9, 16, 23 e 30 de xuño, a biblioteca estará aberta de 11 a 13 horas e, con independencia do obxectivo descrito no anterior parágrafo, tamén poderá ser utilizada por calquera usuario que queira facer uso desta instalación.

Tamén lle pode interesar:


"Son's de Aguiño": o sabado 2 de xuño, Festival Tradicional

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

16.12.08

Actividades da biblioteca de Rianxo


Biblioteca de libros fantásticos por Biblioteca Municipal de Rianxo.


Toda a galería en Flickr, aquí: http://www.flickr.com/photos/32138188@N04/

21.2.08

Boiro con biblioteca marítima

Inaugurada unha biblioteca sobre temas marítimos en Boiro

Enviado por O mestre o Dom, 10/02/2008 - 23:06.
Noticias

Por iniciativa da Agrupación de Mexilloeiros “A Boirense” acaba de ser inaugurada unha biblioteca dirixida aos asociados, familias e empregados da Agrupación co obxectivo de mellorar a súa formación en temas pesqueiros.A biblioteca contou coa axuda económica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF

Blogged with Flock

Dporjais: moito por ler

dporjais - Biblioteca Virtual BBS

  Paay Gômez Charinho   Obra completa   Biografía

  Martín Torrado Mariño e Figueira   Décimas ao Apóstolo Santiago    Biografía

 

 

Taragoña e o Araño máxico.

     Alfonso Daniel Rodríguez Castelao   Álbumes de GuerraBVG   Biografía

                                                                                   Cousas da VidaBVG

                                                                                   Album NósLogo

                                                                                   Selección literariaLogo

  Rafael Dieste Gonçalves   O teatro galego i-o teatro portuguésBVG   Biografía

                                                            


 Logo Museo Castelao

BVG Biblioteca Virtual Galega


Non lles queda nada que ler!

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical