- Foi acadado nun certame que premia as boas prácticas para a dinamización e innovación nas bibliotecas escolares, concedido o ano pasado
- Foron seis as bibliotecas galegas galardonadas
- Tres profesoras do colexio de Taragoña irán recollelo
Imaxe que abre o blog da biblioteca do Brea Segade
Rianxo, 7 de decembro de 2012. O vindeiro luns, 10 de decembro, ás 12:30 terá lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega dos premios do concurso nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación en bibliotecas escolares 2011. Seis bibliotecas escolares galegas, entre elas a biblioteca do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, resultaron premiadas. A biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade recibirá un terceiro premio co que se valora a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, as actividades de fomento da lectura e as iniciativas de difusión do patrimonio literario propio.
O premio xa fora comunicado aos centros e publicado no BOE en novembro do 2011 pero será o vindeiro luns cando se leve a cabo o acto oficial de entrega do mesmo. Tres profesoras do CEP Brea Segade vanse desprazar a Madrid para recoller un premio que supón "un motivo de orgullo e unha enorme satisfacción para toda a comunidade escolar. Entendemos que o premio supón un recoñecemento ao compromiso do conxunto da comunidade educativa do CEP Xosé Mª Brea Segade cun ensino público de calidade, enraizado no noso medio social e cultural", explican dende o colexio taragoñés.
Blog da Biblioteca Escolar Brea Segade de Taragoña:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario