5.12.12

Boiro: o Centro Arqueolóxico do Barbanza alcanza a categoría de "colección visitable"

  • A Consellería de Cultura e Educación considera que a catalogación deste centro como colección visitable contribuirá á recuperación, investigación e difusión do patrimonio cultural dos Castros de Neixón
  • Inda que a Xunta diga que está todo xenial, ao longo destes anos a xestión deste centro arqueolóxico deixou moito que desexar e a implicación dos políticos, de tódalas cores, tamén

Media_httpfarm4static_gzjwc

Media_httpfarm4static_jgwan


Boiro, 5 de decembro de 2012. O Consello da Xunta acaba de recoñecer, autorizar e cualificar como colección visitable o Centro Arqueolóxico do Barbanza, no concello de Boiro. Este recoñecemento garante, disque, a difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos Castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos.
 


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cataloga este centro como colección visitable para recuperar, estudar, investigar e difundir o patrimonio cultural relacionado cos Castros de Neixón. Este centro posibilita que os restos atopados no xacemento se custodien e se expoñan de xeito ordenado para coñecer e reconstruír amplamente o modo de vida da sociedade castrexa. A través deste espazo móstranse os diversos aspectos relacionados coas xentes que habitaron os asentamentos fortificados próximos e coas súas actividades máis salientables.  

O Centro Arqueolóxico do Barbanza vén demostrando -sempre segundo a Xunta- ao longo da última década a súa capacidade para a organización de actividades de difusión, reunións científicas de carácter internacional, publicacións diversas, investigacións, exposicións temporais etc., propias dun centro museístico. Este centro posúe recursos para o tratamento técnico científico dos fondos, conta con fondos bibliográficos de apoio á catalogación, permite o acceso a diferentes investigadores e dispón dunha colección de fondos arqueolóxicos estimada polo momento en 15.000 pezas.


Os Castros de Neixón (San Vicenzo de Cespón, Boiro), en canto conxunto de
asentamentos fortificados pertencentes ao mundo castrexo, están declarados Ben de Interese Cultural.

Media_httpfarm6static_vdmtb

Este cartel está errado, como se explica aquí

Referente da cultura castrexa
O Centro Arqueolóxico do Barbanza comeza a funcionar a finais de 2002 como un centro de titularidade pública dependente do Departamento de Cultura e Patrimonio do Concello de Boiro que asume a súa xestión e financiamento. No plano arqueolóxico o centro está estreitamente vinculado ao complexo arqueolóxico de Neixón. Nestes asentamentos fortificados da Idade do Ferro desenvolvéronse dende comezos do século XX ata a actualidade importantes campañas arqueolóxicas que o converten nun dos referentes para a investigación arqueolóxica da cultura castrexa. Esta institución introduce o visitante nas diversas manifestacións culturais da prehistoria recente da península do Barbanza, como son o megalitismo, a arte rupestre e a cultura
castrexa. Asemade, este centro contribuirá á difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos. O discurso expositivo deste Centro ofrece, agrupados en oito unidades temáticas, un
achegamento á sociedade que habitou o sitio arqueolóxico entre mediados do primeiro milenio a.C. e os séculos III-IV d.C., salientando aspectos derivados da elaboración artesanal, aproveitamento dos recursos naturais, comercio, organización social, etc. Esta explicación complétase coa exhibición dos obxectos orixinais máis representativos procedentes das escavacións  arqueolóxicas levadas a cabo no xacemento.

Non é ouro todo o que reloce

Para a Xunta de Galicia, segundo a súa nota de prensa, é todo marabilloso. Mais en Certo temos como colaborador a un dos arqueólogos que estivo de director das escavacións de Neixón durante uns cantos anos e a xestión dese centro deixa bastante que desexar.

Só teñen que ler esta serie de artigos:

 


VI Encontros Arqueolóxicos do Barbanza:
Arqueoloxía para darlle de comer á parte: Un círculo de autoenganos

 

Neixón: A nosa torre IV


Neixón: A nosa torre V
(Bienvenido Mr. Marshall)


A todo marrao lle chega o seu San Martiño


Lóxica do bochorno (réplica a unha información sobre escavacións en Neixón)

 

J'Accuse (Eu acuso) (sobre as obras de ampliación do CAB, abril 2010)

 


 Porca miseria (Caciquismo e arqueoloxía)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical