Ribeira: este xoves, 6 de decembro, equipos de toda a comarca no I Torneo Cáritas Parroquial en Aguiño post.ly/9va2o
— Certo (@Certo) December 5, 2012
- En Aguiño porán outro este venres 7, á unha da tarde
- O sábado 8 de decembro acenderanse as luces de Nadal na cidade
Ribeira, 5 de decembro de 2012.- O tradicional belén característico desta época navideña xa loce en Santa Uxía. Como é usual nestes últimos anos, está situado na praza de Outeiro Goyanes, fronte á igrexa parroquial, e consta de máis de 600 pezas, ocupando unha extensión aproximada de 30 metros cadrados. Usuarios da UAD e xardineiros municipais foron os encargados de artellar o nacemento, que permanecerá ata a conclusión das festas.
Nacemento en Aguiño e árbore en Palmeira
Cabe informar tamén de que o vindeiro venres, ás 13 horas, descubrirase un segundo belén na parroquia de Aguiño; e que o sábado pola tarde é a data escollida para acender a árbore e as luces de Nadal da cidade.
Como novidade, hai que salientar igualmente que ese mesmo día se prenderán as luces e outra árbore navideña na parroquia de Palmeira.
Dispositivo de vixilancia
Por último, cómpre dicir que no transcurso das festas Policía Local e Policía Nacional establecerán un dispositivo conxunto de vixilancia que velará pola seguridade dos veciños na cidade, especialmente en rúas peonís e outras zonas comerciais que nestas datas teñen unha grande afluencia.
Banco de tiempo escolar en Riveira, gestionado por AID Hoxe as 6 da tarde inauguración del Belén de la Plaza de Galicia de Boiro, con alguna que otra novedad que ya se puede ver....
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario