4.5.10

Rianxo: o Correlingua para todo Barbanza será o vindeiro luns, 10 de maio, na terra natal de Castelao

A praza Rafael Dieste é a da biblioteca Castelao

Rianxo, 4 de maio de 2010. O vindeiro luns, día 10 de maio, celébrase a convocatoria do Correlingua do Barbanza na vila de Dieste e Castelao. Nela, os asistentes percorrerán aproximadamente dous quilómetros e lerán, na praza Rafael Dieste, un manifesto en defensa da Lingua galega. Esta edición contará coa actuación do grupo Machina e os regueifeiros Pinto e Caruncho, que xa estiveran no IES 'Félix Muriel" nun obradoiro de regueifas. Agardan que a climatoloxía faga posible este acto multitudinario, ao que están anotados 2.500 alumnos/as de todas os Concellos da bisbarra.

Itinerario de INFANTIL

Itinerario de PRIMARIA

Itinerario de SECUNDARIA

Segundo Cantalingua.org, o programa é o que segue:

CORRELINGUA Data: Luns 10 de maio, 2010

Lema: “Galego: a forza do noso amor”

Horarios 10:00-10:15 Hora de ir chegando. Os autobuses aparcan na explanada do peirao. Os da ESO van colgar as pancartas á praza de Castealo e despois diríxense á praza de Rafael Dieste.(Praza da igrexa)

10:15 Os de Primaria e Infantil van para a PRAZA DE CASTELAO e a esta hora empeza a actuación de Pinto e Caruncho para EP e EI no palco da praza Castelao.

11:00 ESO sae para a carreira desde a PRAZA DE RAFAEL DIESTE

11:10 E. Infantil sae para a carreira desde a PRAZA DE CASTELAO

11:15 E. Primaria sae para a carreira desde a PRAZA DE CASTELAO E.I. e E.P. colocan as pancartas cando cheguen da carreira á praza Castelao. (Tamén temos a posibilidade de que colguen as pancartas antes de saír para a carreira). 11:45 Lectura do manifesto na praza Castelao (todos)

12:00 Actuación de Pinto e Caruncho para a ESO na praza de Rafael Dieste

12:00 Actuación de Fantoche Baj para Infantil e Primaria na praza Castelao

13:00 Actuación do Cantalingua para ESO na praza R.Dieste Colocación das pancartas: ESO : Cando cheguen, colocarían a pancarta na praza Castelao e despois irían para a praza de Rafael Dieste para prepararse para a saída da carreira. EI e EP: cando cheguen da carreira á praza Castelao. Colócanse nunha rede, utilizando pinzas, no muro que divide o campo de abaixo do campo de arriba.

Percorridos: ESO : Saen da praza de Rafael Dieste (Praza da Igrexa) hacia Tanxil – xogo dos bolos – Fincheira - Arcos Moldes – Rosalía de Castro – Praza de Castelao. E.Primaria: Saen da Praza de Castelao - Rúa de abaixo - Praza de R.Dieste - Consistorio Vello – Praciña - A fonte - Río de Sima – Lavadoiro - O Adro - Rúa de Arriba - Rúa do Medio - Rúa de Abaixo e Praza de Castelao.

E. Infantil: Saen da Praza de Castelao - Rúa de abaixo - Rúa do Medio - Rúa de arriba - Rúa do medio outra vez – Praza de Castelao. En Rianxo, a 26 de abril do 2010

Grupo Machina: gañou o Cantalingua e podes descargar a súa música aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: o Via Stellae trae concertos "xacobeos" a Barbanza

Barbanza, 4 de maio de 2010. Xacobeo 2010 presentou esta mañá en Santiago de Compostela a quinta edición do Festival Via Stellae (Festival de Música de Compostela e dos seus camiños), que inclúe a celebración durante o mes de xullo de concertos en máis de cincuenta vilas e cidades galegas situadas nas diferentes rutas xacobeas que teñen como meta Santiago de Compostela. En total, no marco deste certame ofreceranse 125 actuacións, moitas das cales son únicas en España ou preparadas de forma exclusiva para formar parte de Via Stellae.

Na presentación, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, estivo presente o conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña; o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e o director de Via Stellae, José Víctor Carou. Na quinta edición de Via Stellae, o centro do festival segue sendo Santiago de Compostela, como meta do Camiño, pero neste ano 2010 o certame aumenta as súas actividades programadas. Nos últimos anos, Via Stellae revelouse como un festival de referencia nacional e mesmo europeo debido á riqueza e á variedade da programación que ofrece.

De novo, como xa lles contamos:

Noia non está considerada "porto xacobeo"

Programa de actuacións en Barbanza en xullo



Igrexa de Santiago do Deán, á entrada da Pobra

GLI INCOGNITI
AMANDINE BEYER
Vola, vola in altri petti: o barroco instrumental romano
POBRA DO CARAMIÑAL (Igrexa de Santiago do Deán)
venres, 9 de xullo de 2010. 21:00 h.


Casa Museo de Valle

JUAN ENRIQUE MIGUÉNS
De Roncesvalles a Compostela
POBRA DO CARAMIÑAL (Casa Museo Ramón Mª del Valle Inclán)
venres, 16 de xullo de 2010. 21:00 h.

PENTAFONÍA
A través do Atlántico: Arxentina e Galicia
RIBEIRA (Auditorio Municipal)
sábado, 17 de xullo de 2010. 22:00 h.


Esqueiras de entrada á casa da cultura de Boiro

CAMERATA QUIODI
PLAMEN VELEV
Serenata para cordas: Tchaikovski e Elgar
BOIRO (Casa da Cultura)
venres, 23 de xullo de 2010. 22:00 h.


Auditorio de Rianxo

LOS 4 ELEMENTOS
O século XX: a música popular
RIANXO (Auditorio Municipal)
sábado, 24 de xullo de 2010. 21:30 h.

Toda a información en
http://viastellae.es

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: las chicas del Ojea Boiro Voleibol se juegan el ascenso a Primera este fin de semana

(Nota de María Cortés Ayaso)


¿Subirá el Ojea Boiro Voleibol a Primera División?

Este fin de semana (7,8 y 9 de Mayo) se disputará la Fase de Ascenso a 1ª División, en la cual está clasificado el equipo femenino boirense, OJEA BOIRO VOLEIBOL.
Se disputará este fin de semana en Ourense, en el Pazo dos Deportes Paco Paz. Será una liguilla entre los 6 equipos clasificados, uniendo todos los partidos en esos 3 días.
 

Calendarios de la fase:
 
VIERNES 07/05/2010
1ª Jornada
09:00 Universidad Oviedo Campus - Grupo Gesvasport
11:00 CV Palencia Caja España - Universidad de Burgos
13:00 OJEA BOIRO VOLEIBOL - C.V. Ourense
 
2ª Jornada
16:30 Universidad Oviedo Campus - C.V. Palencia Caja España
18:30 Grupo Gesvasport - C.V. Ourense
20:30 Universidad de Burgos - Ojea Boiro Voleibol
 
SÁBADO 08/05/2010
3ª Jornada
09:00 C.V. Palencia Caja España - Grupo Gesvasport
11:00 OJEA BOIRO VOLEIBOL - Universidad Oviedo Campus
13:00 C.V. Ourense - Universidad de Burgos
 
4ª Jornada
16:30 C.V Palencia Caja España - OJEA BOIRO VOLEIBOL
18:30 Grupo Gesvasport - Universidad de Burgos
20:30 Universidad Oviedo Campus Gijón - C.V. Ourense
 
DOMINGO 09/05/2010
5ª Jornada
09:00 OJEA BOIRO VOLEIBOL - Grupo Gesvasport
11:00 Universidad de Burgos - Universidad Oviedo Campus Gijón
13:00 C.V. Ourense - C.V. Palencia Caja España

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Motor: Rally Ria de Noia 2010, eso e morder e o resto son historias...

Non nos queda claro a razón de que aplauda o policía...
O susto dalgún tivo que ser bo!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: comezan as II Xornadas Saudables, cunha charla sobre os coidados da vista

Ribeira, 4 de maio de 2010.- Logo da boa resposta recibida polas Xornadas Saudables levadas a cabo por primeira vez o ano pasado, a Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia organiza este mes de maio unha segunda edición da iniciativa, que contará cun total de catro conferencias. Aínda que adscrita ao Programa de Animación e Promoción Social dos Maiores, esta iniciativa está aberta ao público en xeral con independencia da súa idade. Todas as charlas terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar de Riveira, en horario de 17 a 18.30 horas.

Segundo explicou a concelleira municipal competente, Esther Patiño, a primeira da charlas celebrarase no día de mañá (5 de maio) e versará sobre “o coidado da vista”. Correrá a cargo do óptico Segundo Petisco Freire. A segunda xornada terá lugar o día 12 de maio e, co título “Seguridade Vial”, será impartida polo intendente da Policía Local de Ribeira, José Antonio Brandariz Castelo.

A terceira, programada para o 19 de maio, tratará  a “Saúde Bucodental” e estará desenvolvida polo doutor Iván Vázquez Navas, médico odontólogo. Por último, o sarxento xefe do Parque de Bombeiros, Óscar Casais Montemuíño, falará da “Prevención de Perigos domésticos”.

Tanto Esther Patiño como a xefa de servizo dos Servizos Sociais, Francisca Vidal, quixeron animar á xente a que acudan a estas xornadas ante a importancia dos temas que se van tratar.

Para máis información e inscrición, contactar co Departamento de Servizos Sociais, sito na rúa de Correos nº5 de Santa Uxía (números de teléfono 981 874 131 e 981 873 409).

Imaxe da presentación do ano pasado

 


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: 6 euros para poder ver o SuperCross "Cidade de Riveira" este sábado 8 de maio en San Alberte

Din que é o circuíto número un de España de supercross e que van estar "motocrosseiros" de alto nivel

Ribeira, 4 de maio de 2010.- Algúns dos pilotos de elite do mapa peninsular acudirán ao concello para disputar este sábado, día 8 de maio, a undécima edición do Campionato Galego de Supercross "Cidade de Riveira" que organiza a Motoclub Riveira School. Para poder asistir á proba estableceuse unha contribución mínima de 6 euros. Para falar desta cita, que puntúa para o Campionato de España, acudiu á casa consistorial o presidente da devandita entidade, Manuel Santos Rego, quen salientou que o circuíto onde se celebrará o evento, de 700 metros de lonxitude e que está localizado en San Alberte, é segundo os expertos o número un de España en supercross: “é un circuíto moi técnico e tremendamente espectacular que foi construído para pilotos de alto nivel”, afirmou.

Máis de 75 participantes

Asemade, anunciou que os adestramentos terán lugar pola mañá a partir das 11 horas e as carreiras ás 17 horas. Competirán entre 75 e 80 pilotos (unha cifra inferior a de anteriores edicións por mor da crise, pero na que figuran os deportistas de máis alto nivel) que estarán repartidos en 7 categorías: alevín, xuvenil, cadete, promoción, junior, veterano e senior.

Adrián Garrido, imaxe da súa web, aquí

Entre os pilotos que participarán na proba, Santos Rego destacou ao campión galego Adrián Garrido; a Ángel Suárez, quen foi subcampión de España xuvenil e corre actualmente na categoría cadete; así como a un espectacular piloto de doce anos de idade que está chamado a ser, na opinión de Manuel Santos, futuro campión nacional. Tamén advertiu que é case segura a presenza no certame de Román Pérez, campión de Portugal de elite.

Pola súa parte, o edil de Turismo de Ribeira, Vicente García Rivas, animou á xente a que acuda ao monte de San Alberte para presenciar este acontecemento e brindou a disposición do Concello para colaborar neste tipo de iniciativas. O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal Tomé, que pechou o acto, declarou que máis que un deporte, este campionato “é un espectáculo que vai enganchar a todo o mundo”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Banda deseñada: os boirenses Martín Romero e Brais Rodríguez, no Salón do Cómic de Barcelona do 6 ao 9 de maio

Cultura e Turismo presentará “Un camiño de viñetas” no Salón do Cómic de Barcelona, que recolle a particular visión dos principais artistas da banda deseñada galega sobre a Ruta Xacobea. Entre eles, Martín Romero (Boiro) e Brais Rodríguez, tamén moi relacionado co colectivo Leña Verde.
 
Boiro, 4 de maio de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, apoiará a presenza dos autores e as editoriais da banda deseñada galega no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (FICOMIC), mediante a instalación de dous stands promocionais coas súas últimas creacións. Nesta XVIII edición, entre o 6 e o 9 de maio, a participación galega terá un marcado acento Xacobeo a través da exposición Un Camiño de Viñetas, promovida pola Xunta de Galicia, na que destacados autores da banda deseñada da Comunidade achegan a súa particular visión do Camiño de Santiago. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, viaxará a Barcelona para participar na xornada inaugural o xoves día 6.

As ilustracións que forman parte desta mostra son obra de Carlos Arrojo, Diego Blanco/Kike Benloch, Cosme, Manel Cráneo, José Domingo, Jacobo Fernández Serrano, Alberto Guitián, Jano/Rodrigo Costa, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Martín Romero, David Rubín, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Asemade, o sector da banda deseñada agradecerá a valiosa e desinteresada axuda do comisario desta mostra, Benito Losada, que fixo posible a realización de Un Camiño de Viñetas.

No Salón do Cómic de Barcelona tamén se exporá o cartel ilustrativo creado por Emma Ríos para a mostra Un Camiño de Viñetas. Esta guionista e debuxante pontevedresa colaborou, entre outros, cos fanzines El Bolchevique vespentino, Esto es la guerra, Mensajes en unha botella y Comikaze. Entre os seus galardóns destaca o primeiro premio no concurso de Arteixo en 1999 co cómic Como el cielo en invierno, o terceiro premio do Certame da Banda Deseñada da Xunta de Galicia (2004) formando equipo con David Rubín, e o premio ao mellor autor revelación en Expocomic Madrid 2008, por Los Reyes Elfos: Historias de Faerie 2 e Barsowia.

Programa de actividades
Durante os catro días da feira, a actividade nos stands galegos permitirá dar a coñecer as últimas novidades da banda deseñada da nosa Comunidade. Na xornada do venres 7 de maio, os stands de Galicia acollerán dúas sesións de firmas a cargo de Diego Blanco e Mariano Casas. Xa pola tarde, terán lugar as presentacións das revistas BD Banda e Retranca, de Kiko da Silva e do álbum De Sangre e ron mi Cuba, de Fran JAraba, así como as sinaturas de Rodrigo Cota/Jano e Kiko da Silva. O sábado 8, Brais Rodríguez, Victor Rivas, José Domingo e Kiko da Silva tamén participarán nunha sesión de sinatura de exemplares e o domingo 9, ao mediodía, o fará David Rubín.


Autorretrato de David Rubín, que xa é un habitual deste Saló do Cómic

As publicacións galegas que se exporán neste Salón do Cómic de Barcelona van da man das editoras Difusora, Factoría K, Lea/Embora, o Patito Editorial, Retranca Editora, Toxosoutos, Xerais, Do Cumio, Urco Editora e Demo Editorial, e dos colelctivos autoeditores e afeccionados BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, Fuck Cómics, Mariano Casas, Polaqia e Sinónimos de Lucro. Na actualidade hai mais de medio centenar de autores de banda deseñada galegos, que publican en galego, castelán, inglés, francés, italiano e checo.


Autorretrato de Martín Romero, que foi entrevistado en Certo, aquí


Autorretrato de Brais Rodríguez

Tamén foi entrevistado en Certo, aquí


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cambio climático: profesores de Barbanza e Noia participan o 7 e 8 de maio no I Congreso Climántica


O congreso está dirixido, principalmente, ao persoal docente de ensino non universitario, co obxectivo de compartir as súas experiencias no campo educativo sobre o cambio climático


O proxecto Climántica comezou a súa andadura fai catro anos e converteuse en referencia a nivel nacional e internacional


Barbanza-Noia, 4 de maio de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, organiza o I Congreso Climántica, que versará sobre as respostas educativas ao fenómeno do cambio climático. O Congreso terá lugar no Centro Social Caixanova en Pontevedra os vindeiros venres e sábado, 7 e 8 de maio. Nel participan varios docentes destas bisbarras de Noia e Barbanza, que levan implicados neste proxecto case desde o seu inicio.

Este foro educativo está dirixido principalmente dirixido aos profesores do ensino non universitario, tanto de Galicia como de fóra da comunidade, que queiran dar a coñecer as súas experiencias no ámbito educativo sobre o cambio climático. O número de inscritos neste encontro educativo ambiental ascende a case 800 docentes.

A programación do Congreso contará con importantes intervencións de destacados expertos no campo do Cambio Climático, así como expertos en materia de comunicación que abordará as fórmulas para romper as barreiras da comunicación en relación co cambio climático. O venres 7 de maio, ás 17:00 horas, terá lugar o acto de inauguración e, posteriormente, o xornalista e presidente da Real Academia das Ciencias e as Artes da Televisión, Manuel Campo Vidal ofrecerá a conferencia Estratexias técnicas para superar barreiras de comunicación do cambio climático.


Mesas redondas do I Congreso Climántica
A primeira mesa redonda que se organiza baixo este foro Climántica leva por título Impactos e riscos do cambio climático e intervirá: o catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz- Fierros; o doutor en Química na especialidade de Oceanografía e investigador no Plymouth Marine Laboratory do Reino Unido, Xosé Antón Álvarez; o profesor de Introdución a Xeoloxía e Xeoloxía Planetaria da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Anguita; e o profesor de Educación Ambiental da USC e presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental, Pablo Meira.

A xornada do 8 de maio tamén se iniciará cunha mesa redonda que se centrará investigación para a mitigación e adaptación ao cambio climático. Os conferenciantes serán: o director de Meteogalicia –organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- Vicente Pérez; o profesor da Unidade Xenética do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da USC, Antonio Salas; o director da Axencia de Enerxía de Vigo, Bernardo Parajó; e o director da Cátedra Iberdrola de Investigación sobre Economía do Cambio Climático, Xavier Labandeira.

O peche matinal da segunda xornada deste foro porase cun encontro sobre as experiencias en centros educativos modelos, onde os profesores poderán contar as súas experiencias docentes no ámbito do cambio climático, e pola tarde celebrarase a derradeira mesa redonda, cuxo título é Respostas educativas ao cambio climático. Os participantes serán: o catedrático de Pedagoxía social da USC, José Antonio Caride; o catedrático de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid, Ignacio Pozo; o licenciado en Ciencias Biolóxicas e doutor en Ciencias da Educación, Fernando Ojeda; e o experto en Tecnoloxías da Información e da Comunicación, José Manuel Bouzán.



‘Premios Climántica’

Baixo o lema ‘ Xa somos máis recuperando o planeta’ convócanse os Premios Climántica, dirixidos aos estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade. As categorías polas cales se pode optar ao premio son: literatura, multimedia e artes plásticas, coa temática central do Cambio Climático.

Os premios serán colectivos e dependerán do nivel educativo do participante premiado; os estudantes de 5º e 6º de Primaria optarán a unha estancia formativa nun campamento ambiental, os de ESO gañarán unha travesía de 5 días nun veleiro visitando puntos do litoral galego e os de Bacharelato e universitarios tamén disfrutarán dunha estancia formativa nun campamento ambiental.

Os traballos deberán enviarse antes do 10 de maio ao correo concursos@climantica.org ou por correo ordinario á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, que depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Proxecto Climántica
O proxecto Climántica é un programa de educación ambiental organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este proxecto, que se iniciou en 2006, é froito dun traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos.

A actual Xunta considera prioritario afrontar nesta lexislatura unha estratexia rigorosa, eficaz e realista en materia de loita contra o cambio climático. Esta estratexia materializouse co Programa Marco de Acción contra o Cambio Climático 2010-2020.
Na súa primeira parte, traballarase nun horizonte temporal inmediato, cara o 2012, e comprende unha serie de medidas concretas a desenvolver no marco do cumprimento dos compromisos derivados do Protocolo de Kioto. Nunha segunda etapa, abordaranse varios proxectos estratéxicos para o período 2013-2020, planificados polo Cumio de Copenhage celebrado o pasado mes de decembro. Así, incluiranse proxectos estratéxicos que colaborarán con España e coa Unión Europea na redución de gases de efecto invernadoiro para acadar os obxectivos globais que se establezan para o ano 2020.

Toda a documentación das unidades xunto coa información xeral, está accesible no espazo web www.climantica.org, onde tamén se deseñou unha plataforma de traballo para os docentes. De feito, dende a posta en marcha do proxecto obtivo unha notable repercusión internacional polas características e a accesibilidade ao material didáctico.

<embed src="http://tv.climantica.org/flash/player.swf" flashvars="file= " width="460" height="345" />

Algunhas referencias de Barbanza e Noia:

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: o Sónar fai a segunda entrega da súa promoción xacobea

Ribeira: Manuel Rivas responde a cuestiones importantes sobre la energía solar

Como rápidamente entenderán, Manuel Rivas no es el escritor gallego, sino un especialista en energía solar de Galisol, empresa que colabora en la jornada de divulgación de esta energía el próximo 15 de mayo en Ribeira.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical