Foto tomada de "Berros no roncar das ondas" Rianxo 19 de outubro de 2011. Estas son as seguintes actividades culturais previstas na vila natal de Castelao, Dieste e Manuel Antonio:
Xoves 20, ás 18:00 horas, na Rúa do Medio
Visita guiada á exposición BERROS NO RONCAR DAS ONDAS, instalada nos balcóns da Rúa do Medio, a cargo de Xacobe Meléndrez, autor da mesma. Máis información pinchando aquí.
Venres 28, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo
Organizado pola Asociación Cultural Barbantia, e coa colaboración dun xornal disque galego, a Editorial Galaxia e o propio Concello de Rianxo, terá lugar a presentación dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, do libro de Francisco Castro IN VINO VERITAS, a cargo do autor e dos directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, así como da exposición de Che Tembra ”Castelao: 125 aniversario”. O acto abrirase e pecharase con interpretacións ao piano de Iago Hermo Martínez. Sábado 29, ás 20:30horas, no Auditorio de Rianxo
Concerto da BANDA DE MÚSICA DE TEO, organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia