19.10.11

Ribeira: promoven catálogo de boas prácticas dirixido a axentes envoltos na promoción do deporte

Presentación Decálogo de Deportes e Entrega Becas Deportistas.doc Download this file

  • Contan con presentalo este venres, 21 de outubro, no auditorio
  • Tamén servirá o acto para facer entrega de becas a trece deportistas salientables de Ribeira

Ribeira, 19 de outubro de 2011.- Ao longo destas últimas semanas, o Concello estivo a traballar na elaboración dun Decálogo de Boas Prácticas para o Deporte en Ribeira que será presentado este venres, 21 de outubro, nun acto aberto ao público que terá lugar a partir das 20 horas no Auditorio Municipal. 

O Executivo local pretende que este documento sirva de ferramenta de traballo para que adestradores, clubs, pais e nais, corpo arbitral, deportistas e o resto de axentes involucrados no deporte base do municipio asuman un código de conduta que mire polas boas prácticas e o xogo limpo dos nenos e nenas do municipio, ao tempo que avogue pola promoción dos mellores valores inherentes á práctica deportiva, tales como o respecto, a tolerancia, o esforzo ou a responsabilidade. 

O documento está  dividido nun decálogo xeral e seis decálogos específicos para deportistas, corpo técnico, directivos, árbitros, pais e nais e espectadores. 

A presentación do venres servirá tamén para a entrega das correspondentes becas a trece deportistas destacados do concello, acto  que correrá a cargo do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do edil municipal de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga. 

Convenio cos clubs

Doutra banda, media hora antes do evento (19.30 horas) no propio salón de actos do Auditorio Municipal escinificarase a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e nove clubs deportivos de diversas disciplinas do municipio. Esta firma estará aberta á presenza dos medios de comunicación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical