1.6.10

Noia: a igrexa de San Martiño nun blog de turismo por Galicia

Iglesia San Martiño, Noia

Ordenada construir por el arzobispo Lope de Mendoza en el solar donde había una ermita a Santa María fue finalizada en el año 1434, en estilo ojival con un cierto aire románico en la ornamentación. Es de una nave y ábside pentagonal, coronado por almenas que le dan un cierto aire de fortaleza.



Segue en http://turismogalicia.blogspot.com/2010/06/iglesia-de-san-martino-de-noia.html

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: Galicia, como a ves? Concurso fotográfico de Turgalicia

Veña, foteiros das bisbarras de Noia e Barbanza! A ver se colgamos unha das fotos de gran formato nunha lona en Santiago durante xullo e agosto para que coñezan os nosos recunchos todos os que por alí pasen!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: a peña madridista "Amancio" de Ribeira organiza unha viaxe a Segovia

Terán que xuntar un mínimo de trinta soci@s

Ribeira, 1 de xuño de 2010. A peña do Real Madrid de Ribeira, chamada Amancio, ten prevista unha viaxe organizada a Segovia para a última fin de semana de xuño (sábado 26 e domingo 27 de xuño). A saída sería dende a estación de buses o sábado ás tres da madrugada (ou sexa, noite de venres a sábado) e regreso o domingo ás once da noite. Para inscribirse, os socios deben abonar a cota correspondente antes do 14 de xuño na entidade habitual (Caixanova). Máis información no 630 44 45 86. Prezo: 50 euros por persoa, se é soci@. Os non socios, 70 euros. Teñen preferencia os socios, por suposto.

Programa:

Sabado (26 de xuño 2010)

·     As 03:00 h. Saída dende a Estación de Autobuses de Ribeira (Noite do venres para o Sábado)

·     As 08:00 h. Desayunar cerca de Segovia (Área de Servicio). Gastos non incluídos

·     De 09:00 h a 14:00 h. Ruta turística por Segovia (Zona Vella, Catedral, Alcázar, Acueduto, La Granja...)

·     As 14:30 h. Comida de confraternidade coa Peña Madridistas de Villacastin

·     As 18:00 h. Partido de Fútbol Sala  (Categoria ALEVIN e INFANTIL)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

·     As 19:00 h. Partido de Fútbol Sala (FEMENINO)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

·     As 20:00 h. Partido de Fútbol (SENIOR)

PARTIDO AMISTOSO

Peña Madridista Amancio– Racing de Villacastín (Segovia)

     As 22:30 h. CENA – BAILE (Hostal-Restaurante Buenos Aires II) coa Peña Madridista de Villacastin

     AMENIZADA POR UN GRUPO MUSICAL

     BARRA LIBRE

ALOXAMENTO NO HOSTAL BUENOS AIRES II

Domingo (27 de xuño 2010)

·     As 09:00 h. Desayunar no Restaurante

·     De 10:00 a 13:00 h. Libre (para visitar Villacastín)

·     As 13:30 Comida no Restaurante

·     As 15:00 h. Saída en dirección ÁVILA, facer unha pequena visita pola Cidade e xa con regreso para Ribeira

·     As 23:00 h (aprox), chegada a Ribeira

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Sanidade: os traballadores do Hospital da Barbanza continuarán aumentando a presión para que se dote de celadores o centro

Ribeira, 1 de xuño de 2010. "Seguimos pedindo os celadores, e non descartamos escribir á Directora Xeral do Sergas. Queremos un pronunciamento sobre o tema, de momento pese ás nosas presións, apoio dos partidos políticos da zona, usuarios, presentación de queixas ó Valedor do Pobo, que por certo nos dá a razón, prensa escrita, prensa en internet, etcétera, non se conseguiu polo de agora nada de nada", cóntannos os traballadores do Hospital da Barbanza que se concentraron o pasado 30 de maio na porta do centro. Seguirán mobilizándose ata que se acabe con esta discriminación e se cree a categoría de celador neste hospital e no de Cee (Virxe da Xunqueira, tamén comarcal). Levan case dous anos sen obter resposta por parte da administración, polo que o Comité de Empresa xunto cos traballadores decidiron continuar coa serie de concentracións. A da imaxe foi a segunda.

Dende o Comité de empresa estudan enviar escritos á Directora de Recursos Humanos do Sergas, que é quen ten a potestade de dotar ó centro de celadores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o domingo 6 de xuño, exhibición de alumnos da Escola Municipal de Ballet

Ribeira, 1 de xuño de 2010. O Auditorio Municipal de Ribeira acubillará este próximo domingo, dende as seis da tarde, a xa tradicional Actuación de Fin de Curso da Escola Municipal de Ballet, na que actuarán un total de tres grupos de bailaríns con idades comprendidas entre 4 e 17 anos. 

O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de Cultura e Festexos de Ribeira, Luciano Fernández, e pola profesora de ballet clásico da Escola Municipal, Cristina Riveiro, quen exercerá de directora artística do festival. Segundo informou esta última, no repertorio figurarán pezas de Gottschalk (un autor moi próximo aos ritmos caribeños), de Helsted, Paulli e Gade, e dos clásicos Strauss e Tchaikovsky. Tamén incluiranse dúas obras de Philip Sousa e de Sting/Cheb Mami, que levan por título “Estrellas” e “Rosa Desértica”, respectivamente. 

Tanto Luciano Fernández como Cristina Riveiro quixeron destacar a dedicación e o esforzo de que fixeron gala os alumnos dende o inicio do curso, cuxos froitos poderán comprobar os asistentes ao espectáculo montado. Asemade, lembraron que as entradas para asistir á actuación son gratuítas e recomendaron retirar as mesmas media hora antes do inicio da función.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o Concello comeza a adecentar as praias de cara á tempada estival

Os operarios comezaron a posta a punto dos principais areais en Barraña

Boiro, 1 de xuño de 2010. O Concello de Boiro iniciou hoxe os traballos de limpeza e adecuación dos principais e máis concorridos areais do municipio, tarefas que se desenvolverán ata o remate da tempada estival. A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado martes acordou, dada a chegada do bo tempo e a afluencia de bañistas ás praias, adiantar a posta a punto dos areais, e adxudicou a unha empresa a realización do servizo de limpeza desde hoxe e ata o día 7 de xullo. Posteriormente, do 8 de xullo ao 15 de setembro, encargarase da tarefa a empresa que resulte adxudicataria doutro expediente de contratación para a limpeza das praias no verán.

O Caribe? Non, Barraña ben limpiña

Ao persoal propio da empresa se sumarán as cuadrillas de limpeza que contratará  o Concello de Boiro a través das subvencións que concede a tal fin a Deputación Coruña. Teñen previstas unhas quince persoas por este ente e cinco por parte da Xunta de Galicia.

No día de hoxe, os operarios iniciaron a limpeza na praia de Barraña, na zona da desembocadura do río Coroño, na que continuarán nas vindeiras xornadas, para actuar despois nos principais areais (Barraña, Barraña – Saltiño, Carragueiros, A Retorta, Mañóns, Triñáns, Ribeira Grande, Ribademar, Ladeira do Chazo, Praia do Porto de Escarabote, Peralto e resto das calas, desde Estivada ata Punta Neixón).

Carregueiros, paseo da praia

Por outra banda, sinalar que o Concello procedeu onte a desbrozar e retirar maleza do acceso á praia do Porto, en Ferreiros (Cespón). Aínda que se trata dunha cala pequena, é utilizada frecuentemente polos veciños da zona, polo que tamén se decidiu acondicionar dito acceso, igual que en anos anteriores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: os socialistas insisten no Parlamento para que se entreguen as vivendas de Xarás e denuncian que se está prexudicando ás familias


Ribeira, 1 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG, José Manuel Lage rexistrou hoxe de forma urxente unha nova proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a entregar as 21 vivendas de protección oficial de Ribeira e denuncia "o incumprimento dos prazos por parte da Xunta de Galicia, o que é un auténtico escándalo que está tendo damnificados que teñen nomes e apelidos, son persoas de carne e óso que ven como o goberno galego incumpre a súa palabra unha vez detrás doutra".

Acusacións a Torres Colomer


Lage Tuñas recorda que "as vivendas tiñan que terse rematado o 16 de maio de 2009 pero non se cumpriu o prazo e una no despois aínda non foron entregadas, causando serios trastornos a moitas das familias adxudicatarias". "O Goberno de Feijóo está tendo unha neglixente xestión no caso das vivendas sociais de Ribeira, e deixa desamparadas ás familias adxudicatarias. Non é normal que a Xunta actúe con tal lentitude porque da moi mala imaxe e amosa unha falta seriedade por parte do Partido Popular", engade o deputado, que bota en falta maior implicación por parte do goberno municipal de Ribeira e afirma que "entendo que a Torres Colomer lle dea vergonza que o que se anunciou no ano 2000 en Ribeira aínda non estea rematado, pero ten o deber de presionar ao goberno galego e defender os intereses de Ribeira e non os do Partido Popular, que polo que se ve, non lle importa moito que haxa moitas familias adxudicatarias con dificultades froito da mala xestión do goberno que preside Alberto Núñez Feijóo".


O deputado do PSdeG agarda "que o goberno galego escoite a nosa proposta e resolva de inmediato a entrega das vivendas aos seus adxudicatarios, xa que estamos a falar dun proxecto que comezou fai dez anos, e supón unha auténtica vergonza ver como aínda non se entregaron as vivendas. É algo que non se pode volver repetir".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: Verdegaia concede o seu premio "Cemento" a Gas Natural-Fenosa

Un ano máis, e co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, Verdegaia outorga os seus premios Semente e Cemento á Mellor e Peor Actuación Ambiental do Ano, composta respectivamente dunha peza alegórica do escultor Acisclo Novo. Tras un proceso aberto a todos os socios e socias de Verdegaia na votación e ao conxunto da cidadanía na proposición de candidaturas determinouse a concesión do

Premio Cemento á Peor Actuación Ambiental para Gas Natural-Fenosa e o  Premio Semente á Mellor Actuación Ambiental á Comisión Veciñal de  Afectados pola Depuradora do Lagares. Festival Naturaliza

Premio Cemento á Peor Actuación Ambiental para Gas Natural-Fenosa

Por ser unha das empresas máis contaminantes de Galiza e que máis gases de efecto invernadoiro botan no noso país, a pesar de que a inmensa maioría das galegas e galegos somos clientes seus, potenciando a produción de enerxía a través de medios non renovables (carbón e o gas natural).

Por acrecentar en exceso a produción de enerxía a través das plantas de ciclo combinado para o que desenvolve unha política de construcións de plantas satélites de Gas a través das súas filiais dando as costas a cidadanía, sen as debidas garantías sociais, ambientais e de seguridade á par que constrúe gasodutos en Galiza dun xeito errático e sen as debidas garantías ambientais. Esta irresponsábel política vese agravada pola presión exercida sobre o goberno xunto con outras transnacionais enerxéticas co fin de eliminar as subvencións ás enerxías renovábeis, substituíndoas por outras que subvencionen o gas e o carbón.

Polo seu espolio dos ríos galegos mediante encoros, para os que se nega sistematicamente a presentar plans de urxencia namentres deslocaliza a empresa Unión Fenosa fora do noso país, deixando de contribuír cos seus impostos e incumprindo os seus compromisos cas persoas que traballan para ela en Galiza.

Pola súa responsabilidade social e ambiental en Latinoamérica: Guatemala, Nicaragua, República Dominicana o Colombia onde se rexistran numerosas denuncias polos seus actos


Premio Semente á Mellor Actuación Ambiental: Comisión de afectados pola depuradora do Lagares

Pola súa exemplar e perseverante loita, a miúdo en solitario, contra a instalación da depuradora instalada na desembocadura do Lagares, na Xunqueira, un espazo natural único no sur galego, loita coa que levan percorrido todas as instancias da administración ate a Comisión Europea e cuxas denuncias e alegacións foron sistematicamente desatendidas ao longo dos anos.  Esta depuradora construíuse de xeito ilegal, sen concesión da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente para a súa construción na zona. Conculca a normativa galega, estatal e europea en materia de protección ambiental e de protección do dominio público marítimo terrestre. Esta zona natural e os veciños e veciñas que nel habitan vense ameazados outra vez  por unha nova macrodepuradora que pretende substituír a anterior construída con financiamento comunitario fai doce anos e cuxo deficiente funcionamento carrexou a vertedura de miles de litros sen tratar á Ría de Vigo, con graves repercusións ambientais. Como consecuencia diso, a praia de Samil presentou altos índices de bacterias coliformes, así como a presenza de metais pesados nas augas da ría. A nova macrodepuradora completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais, ocuparía territorio e propiedades de maneira innecesaria e inútil e seguiría afectando á saúde e a calidade de vida dos veciños, deseñada de costas á cidadanía e sen ter en conta a normativa que garante a participación cidadá en asuntos ambientais.

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio

   Home  Print  @ Contact Top

O da planta regasificadora en Ribeira tampouco axuda a que Verdegaia vexa con bos ollos a Gas Natural-Fenosa, que tamén é moi "querida" por algún paisano noso de Cabo de Cruz polas facturas que lle chegan sen xeito nin traza...

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: terceira parte do vídeo promocional do Sónar

Unha beleza para uns. Unha excentricidade para outros. Mais impactante para todos, supoñemos.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Consello Escolar do colexio Sobrado-Nebra rexeita tamén o decreto do plurilingüismo

O Consello Escolar do CEIP de Sobrado-Nebra rexeitou onte o Decreto do Plurilingüismo aprobado  recentemente pola Consellería de Educación:

O CONSELLO ESCOLAR despois de analizar o borrador do Decreto de plurilingüismo presentado pola Administración educativa ao Consello Escolar de Galicia e de deliberar sobre as razóns defendidas pola comunidade educativa no Pleno dese organismo celebrado o pasado 7 de abril, decide rexeitalo polas mesmas razóns alegadas polo Consello Escolar de Galicia, que, en síntese, son as seguintes:
• Empeórase, a xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego.
• Impídese a tarefa normalizadora do profesorado tratando por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade.
• Desvalorízase a función docente e a súa profesionalidade ao permitir que as familias decidan o que debe ser obxecto de decisión polo
profesorado, o verdadeiro coñecedor da realidade do alumnado e quen ten a formación necesaria.
• A libre elección da lingua por parte do alumnado socava a autoridade do profesorado ao lanzar ao alumnado a idea de que o profesorado fai o que decide a familia, mentres que o alumnado decide ao seu antollo.
• Abre a porta a creación de numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicación desta norma non existían.
• É unha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento
de Galicia no 2004. Toda norma sobre a normalización do galego ten que respectar este Plano.

Por todo o anterior esiximos a retirada do borrador do plurilingüismo, como se aprobou por ampla maioría no Consello Escolar de Galicia, e que a elaboración da calquera norma se basee no consenso acadado co PNL do 2004

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Memoria histórica: o Ministerio de Cultura habilitou un portal para buscar máis de 700.000 vítimas da Guerra Civil e represaliados do Franquismo

O acceso ao buscador simple é http://pares.mcu.es/victimasGCFPortal/buscadorSencillo.form

Ollo cos que busquen nestas bisbarras: os nomes das poboacións adoitan estar castelanizados (así que busquen, se non o fan por apelidos, por Puerto del Son, Noya, Riveira aínda que tamén hai Ribeira, e, sobre todo, Puebla de Caramiñal, que saca 13 resultados fronte aos 8 de Pobra).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: só hai 15 prazas para o grupo de Teatro que convoca o Liceo pueblense

Boiro: o venres 4 e o sábado 5 de xuño, torneo de tenis de mesa local

O torneo de tenis de mesa na Estación Leñaverde será os días 4 e 5 de Xuño. As incricións deben facerse no Centro social de Boiro ou no teléfono 654032381.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 5 de xuño preséntase Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso)

Boiro, 1 de xuño de 2010. Este vindeiro sábado, ás nove da noite terá lugar a presentación no Centro Social de Boiro da ONG Reporteiros Galegos Solidarios xunto coa reportaxe fotográfica "Vacacións en paz", sobre as vivencias de dous nenos saharauis acollidos por familias en Galicia durante o verán.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: científicos explican as súas razóns para falar e divulgar a súa materia en galego

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical