Os operarios comezaron a posta a punto dos principais areais en Barraña
Boiro, 1 de xuño de 2010. O Concello de Boiro iniciou hoxe os traballos de limpeza e adecuación dos principais e máis concorridos areais do municipio, tarefas que se desenvolverán ata o remate da tempada estival. A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado martes acordou, dada a chegada do bo tempo e a afluencia de bañistas ás praias, adiantar a posta a punto dos areais, e adxudicou a unha empresa a realización do servizo de limpeza desde hoxe e ata o día 7 de xullo. Posteriormente, do 8 de xullo ao 15 de setembro, encargarase da tarefa a empresa que resulte adxudicataria doutro expediente de contratación para a limpeza das praias no verán.
O Caribe? Non, Barraña ben limpiña
Ao persoal propio da empresa se sumarán as cuadrillas de limpeza que contratará o Concello de Boiro a través das subvencións que concede a tal fin a Deputación Coruña. Teñen previstas unhas quince persoas por este ente e cinco por parte da Xunta de Galicia.
No día de hoxe, os operarios iniciaron a limpeza na praia de Barraña, na zona da desembocadura do río Coroño, na que continuarán nas vindeiras xornadas, para actuar despois nos principais areais (Barraña, Barraña – Saltiño, Carragueiros, A Retorta, Mañóns, Triñáns, Ribeira Grande, Ribademar, Ladeira do Chazo, Praia do Porto de Escarabote, Peralto e resto das calas, desde Estivada ata Punta Neixón).
Carregueiros, paseo da praia
Por outra banda, sinalar que o Concello procedeu onte a desbrozar e retirar maleza do acceso á praia do Porto, en Ferreiros (Cespón). Aínda que se trata dunha cala pequena, é utilizada frecuentemente polos veciños da zona, polo que tamén se decidiu acondicionar dito acceso, igual que en anos anteriores.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario