1.6.10

Ribeira: os socialistas insisten no Parlamento para que se entreguen as vivendas de Xarás e denuncian que se está prexudicando ás familias


Ribeira, 1 de xuño de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG, José Manuel Lage rexistrou hoxe de forma urxente unha nova proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a entregar as 21 vivendas de protección oficial de Ribeira e denuncia "o incumprimento dos prazos por parte da Xunta de Galicia, o que é un auténtico escándalo que está tendo damnificados que teñen nomes e apelidos, son persoas de carne e óso que ven como o goberno galego incumpre a súa palabra unha vez detrás doutra".

Acusacións a Torres Colomer


Lage Tuñas recorda que "as vivendas tiñan que terse rematado o 16 de maio de 2009 pero non se cumpriu o prazo e una no despois aínda non foron entregadas, causando serios trastornos a moitas das familias adxudicatarias". "O Goberno de Feijóo está tendo unha neglixente xestión no caso das vivendas sociais de Ribeira, e deixa desamparadas ás familias adxudicatarias. Non é normal que a Xunta actúe con tal lentitude porque da moi mala imaxe e amosa unha falta seriedade por parte do Partido Popular", engade o deputado, que bota en falta maior implicación por parte do goberno municipal de Ribeira e afirma que "entendo que a Torres Colomer lle dea vergonza que o que se anunciou no ano 2000 en Ribeira aínda non estea rematado, pero ten o deber de presionar ao goberno galego e defender os intereses de Ribeira e non os do Partido Popular, que polo que se ve, non lle importa moito que haxa moitas familias adxudicatarias con dificultades froito da mala xestión do goberno que preside Alberto Núñez Feijóo".


O deputado do PSdeG agarda "que o goberno galego escoite a nosa proposta e resolva de inmediato a entrega das vivendas aos seus adxudicatarios, xa que estamos a falar dun proxecto que comezou fai dez anos, e supón unha auténtica vergonza ver como aínda non se entregaron as vivendas. É algo que non se pode volver repetir".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical